O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A Hora do Planeta

celébrase tódolos anos o último sábado de Marzo.
Convidámosvos o día 31 entre as 20:30 e as 21:30 horas
a participar neste evento que contribuirá á reduccción das emisións de CO2.



(fai clik ó comenzo e deixa que as diapositivas pasen soas)


Hoxe en día unha das cousas máis preocupantes é a contaminación que se produce no planeta Terra. As enerxías non limpas como pode ser a nuclear, queimas de combustibles fósiles (carbón e petróleo) ou gas natural tamén son fontes de contaminación. Parece, pois que na era tecnolóxica na que vivimos, a contaminación é algo inevitable. Calquera cousa que posuamos ben sexa un bolígrafo, un móbil... no seu proceso de fabricación inevitablemente algo se contaminou afectando á natureza e ao entorno.

En solidariedade co noso planeta proponse un apagón voluntario de luces e a desconexión eléctrica doutros aparellos durante unha hora. Medida de todo insuficiente, quizáis se debería facer algo máis como por exemplo ir todos ao traballo ou saír da casa en transporte público. Falta sensibilidade cara estes asuntos, non estamos concienciados, pois cada un mira polo seu, sen importar as terribles consecuencias que poidan acontecer. Pode que na túa xeración os problemas ambientais non che afecten para case nada ou simplemente en nada, pero nun futuro?. PENSEMOS NO FUTURO! e non sexamos egoístas.

Precisamos todos un cambio inmediato de mentalidade. Ese cambio tense que producir xa, se non comezamos, despois será tarde para arrepentimentos, comecemos a facelo, a coidar a terra, as árbores, os animais, a natureza, non fagamos que todo quede no esquecemento, tentemos manter o que temos da mellor maneira posible.


Idea de: Sara da Silva e Lucía Cameselle
Música: Carly Comando. Everyday


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 27-03-2012 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
Budismo, un estilo de vida.
A historia do budismo comeza no século VI a.C. co nacemento de Buda e chega ata os nosos días. Isto fai do Budismo unha das relixións mais antigas da humanidade. Ademais durante o proceso extendeuse xeográficamente tanto como para ser considerada unha das mais grandes relixións do mundo.
O termo budismo é ás veces mal interpretado pola maioría da xente. Para algúns é unha relixión ó igual ca católica, non se equivocan, pero o budismo é unha relixión cunha tendencia filosófica na que a noción de deus é moi difusa. Con isto quero significar que Buda non é un deus, é un representante desta ‘guía’ a cal serve de solución ó sufrimento humano. Esta relixión non se compón dun dogma nin parte dunha fe, ó meu modo de ver e coloquialmente falando, o budismo é unha relixión baseada nas ensinanzas de Buda que aplicadas en un mesmo axudaranche a alcanzar a paz interior, ó meu parecer, pode falarse dunha relixión intimista, que nos propón: a meditación como forma de superar os nosos problemas morais e persoais mediante as ensinanzas de Buda, tanto espirituais como físicas e mentais.
A diferenza doutras, esta relixión non pretende un seguimento completo de tódalas súas ensinanzas senón que ó ser ‘egoísta’ ti es libre de facer o que queiras e empregala como ti queiras pois o que pretende esta relixión é alcanzar a felicidade persoal.
Técnicamente son un vasto e completo sistema de ensinanzas ético-filosóficas e psicolóxicas baseadas nun método altamente analítico, o cal se dirixe ós aspectos profundos da vida humana.
Xente como: Orlando Bloom, Angelina Jolie, Brad Pitt, Penélope Cruz e David Bustamante entre outros, practican o arte da meditación e a relaxación como forma básica de vida.











Artigo de: Antón Gómez

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 21-03-2012 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Sen mulleres non hai historia
O Día Internacional da muller orixinalmente chamado Día Internacional da Muller Traballadora, celébrase o día 8 de marzo e está reconocido pola ONU. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación en pe de igualdade co home na sociedade e no seu desenvolvemento integro como persoa. É festa nacional nalgúns países.








Escollemos unha ilustración
de Luís Seoane para este artigo:
As mariscadoras (1969)








A idea dun día internacional da muller xurdiu ao final do século XIX, en plena revolución industrial e durante o auxe do movemento obreiro.
O día 27 de setembro de 1909 as empregadas e empregados do sector textil protagonizaron unha folga no East Side de Nueva York, participaron máis de 20.000 obreiros, na maior parte mulleres. Durante esas 13 semanas padeceron fame, ataque de esquirois, detencións (máis de 600), despidos... pero conseguiron as peticións reclamadas. Con anterioridade o 8 de marzo convocouse unha manifestación esixindo melloras das condicións de traballo para as mulleres emigradas e a abolición da explotación infantil así como o dereito ao voto feminino. Estes feitos fan que en 1910, Clara Zetkin propoña no seo dunha Conferencia en Copenhague institucionalizar esa data como día internacional reivindicativo.

A Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá é un texto redactado en 1791 por Olympe de Gouges parafraseando a Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán. É un dos primeiros documentos históricos que propón a emancipación feminina no sentido da igualdade de dereitos ou a equiparación xurídica e legal das mulleres na relación cos varones.

Algúns dos Artigos da Declaración:
I - A muller nace libre e permanece igual ao home en dereitos. As distincións sociais só poden estar fundadas na utilidade común.
VI - A lei debe ser a expresión da vontade xeral; todas as Cidadás e Cidadáns deben participar na súa formación personalmente ou polo medio dos seus representantes. Debe ser a mesma para todos; todas as cidadá e todos os cidadáns, por seren iguais ós seus ollos, deben ser igualmente admisibles a todas as dignidades, postos e empregos públicos, segundo as súas capacidades e sen máis distinción ca das súas virtudes e os seus talentos.
VII - Ningunha muller se atopa eximida de ser acusada, detida e encarcelada nos casos determinados pola Lei. As mulleres obedecen como os homes a esta Lei rigurosa.
IX - Sobre toda muller que fora declarada culpable caerá todo o rigor da Lei.
X - Ninguén debe ser molestado polas súas opinións incluído as fundamentais; se a muller ten o dereito de subir ó cadalso, debe ter tamén igualmente o de subir á Tribuna con tal que as súas manifestacións non alteren a orde pública establecida pola Lei.
XV - A masa das mulleres, agrupada coa dos homes para a contribución, ten o dereito de pedir contas da súa administración a todo axente público.

Esta declaración reclamaba un trato igualitario: dereito ao voto, propiedade privada, educación, o exército, Iglesia, a familia e poder exercer cargos públicos.

Símbolos desta loita reivindicativo son as cores. Sylvia Pankrust cóntanos como a cor morada clara foi adoptada polas sufraxistas inglesas en 1908, xunto con outras, coma símbolo da súa loita. Estas loitadoras polo dereito ao voto escolleron o morado, o verde e o blanco. O primeiro inspirabase na cor da nobleza inglesa, o blanco simbolizaba a pureza da loita feminina e o verde a esperanza da vitoria. Varias feministas adoptaron a cor lila coma unha nova síntesis entre as cores azul e rosa.

Máis información: Recursos didácticos / Artigos de opinión.

(Artigo de Yanira López Lorenzo)


Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Muller - Publicado o 06-03-2012 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons