Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A HORA DO PLANETA |
|
Con este traballo de Carmen, Cintia e Daniel,
sumámonos á iniciativa de WWF
e recordámosvos a todos que o
27 de marzo de 20:30 a 21:30 temos unha cita co .....
PLANETA TERRA.
(Fai clik ao comezo da presentación e deixa que as diapositivas pasen soas)
Foi en 2007 en Sydney cando por primeira vez aconteceu a Hora do Planeta, e pouco a pouco foi tomando a cita unha dimensión mundial. O ano pasado 6000 cidades e ao redor de mil millóns de persoas sumáronse a ese xesto de protesta contra o cambio climático.
Apaga a televisión, a consola,
o ordenador e a radio porque
a loita contra o cambio climático é posible !!
|
|
|
|
Está determinado o noso comportamento ? |
|

Escolle
alomenos un dos conceptos que aparecen no mapa anterior
e explica o seu significado
|
|
|
|
Falemos de mozas e mozos. |
|
As relacións entre mozos e mozas, nas épocas pasadas eran moi diferentes ás de hoxe, estaban moi condicionadas pola sociedade do momento.
No caso de Galicia un dos factores máis valorados nunha muller era a súa virxinidade, isto era debido a que a herdanza sería para os seus descendentes, mentres que no caso dos homes non era esixible nin a virxinidade nin a fidelidade. Estas esixencias facíanse máis rigurosas canto máis desfavorecidas eran as familias.
Sucedía tamén que as familias pobres casaban por amor cousa que nas familias adiñeiradas non acontecía pois os matrimonios eran pactados polos pais.
Unha das cousas máis curiosas entre os nosos antepasados eran os ritos que usaban pra atopar e reter á parella. En Verín, por exemplo, botaban sal na porta para que o amor non fuxira. . En San Andrés de Teixido os mozos collían un caravel de mar para a romaría xa que esta é a flor dos namorados; por outra banda as mozas facían un nó nunha xesta para afianzalo amor. Noutros lugares pedíanlle a Santo Antón o casar pronto e se non se cumpría o desexo colgaban o santo boca abaixo nun pozo. Outros contan que ata que unha moza non podía cortar as uñas da man dereita non estaba preparada para o casamento. Un comportamento curioso é aquel no que a moza deixaba caer unha prenda íntima, un pano, por exemplo para que o rapaz soubera que estaba interesada nel
Que vos parece?.
Moito cambiaron os tempos!!
Hoxe cando imos de mozos ou de mozas dicimos que imos "ligar".
Que estratexias pos en práctica cando vas "ligar"?
(Artigo de Iris Zamora)
|
|
|
|
|
|