O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A Hora do Planeta.
Con este traballo de Irene Gándara e Adrián Trigo sumámonos á iniciativa de WWF e recordámosvos a todos que o próximo 28 de marzo ás 20:30 horas temos unha cita co...

.....PLANETA TERRA

Apaga a televisión, a consola,
o ordenador e a radio porque
a loita contra o cambio climático é posible


Escribe o teu comentario (1) - Categoría: Creacións nosas - Publicado o 27-03-2009 10:42
# Ligazón permanente a este artigo
Ideoloxías políticas (2)
ANARQUISMO

O anarquismo é unha doutrina e movemento radical que se opón a calquera forma de autoridade (acracia), promove a autonomía de cada individuo, pois o maior logro da humanidade é a liberdade para expresarse e actuar sen obstáculos, é unha filosofía política que abrangue teorías e posturas que defenden a supresión de todo poder coercitivo (estado).

Entre os principais ideólogos desta doutrina mencionaremos a PROUDHON. Este concibe o anarquismo como un movemento de masas polo que nos seus libros expón a maneira de construír unha verdadeira sociedade anarquista, detallando o seu funcionamento. As súas obras principais son: “ Qué é a propiedade” , onde estuda o sistema de contradiccións económicas e a capacidade política da clase obreira.

BAKUNIN, foi un dos maiores expoñentes do anarquismo activista contemporáneo.

Naceu en Rusia e foi exiliado da súa patria. Fixo énfase no colectivismo, na insurrección das masas e a revolta espontánea para lograr unha sociedade libre e sen clases sociais. Recalcou o carácter gregario do ser humano e á vez a súa individualidade.
As súas ideas influíron profundamente no movemento obreiro do século XX principalmente durante a guerra Civil Española en 1939 onde as ideas anarquistas xogaron un papel importante.
Podemos mencionar entre as súas obras principais; “Dios y el Estado”, “The Paris Comune”,e The Idea of the State”


KROPOTKIN foi sen dúbida o máis suxestivo dos autores anarquistas, naceu en Rusia en 1890, foi Oficial do exército, científico de formación converteuse no sucesor de Bakunin. Ó igual que Bakunin foi exiliado e estivo moitos anos en prisión. Viviu o suficiente e pudo regresar a Rusia en 1919 onde se opón ó réxime leninista.

As súas obras máis importantes son; El apoyo mutuo, La conquista del pan, La moral anaquista, Memorias de un revolucionario, Act for Yourself, The State: Its Historic Role.

Entre os principios fundamentais do anarquismo sinalamos os seguintes :

- Defensa da soberanía do individuo pois o poder radica nun mesmo.
- A non coacción, oponse ó estado e a calquera tipo de institución coactiva.
- Defenden a asociación voluntaria das persoas.
- O autogoberno e a autoxestión




Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 21-03-2009 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Ideoloxías políticas (1)
COMUNISMO

O comunismo como tradición política e ideolóxica xorde durante o goberno do Directorio (1795-1799) na Francia revolucionaria. Aquí xorde a primeira acción revolucionaria comunista que propón a eliminación da propiedade privada para conseguir a igualdade. O movemento foi reprimido aínda que o seu pensamento resistirá o paso do tempo e dará lugar a maioría dos comunismos posteriores.

Esta ideoloxía política aspira á consecución dunha sociedade sen clases na que os principais recursos e medios de producción pertenzan á comunidade e non ós individuos.

Os antecedentes do concepto "comunista" atopámolos en Platón e nas primeiras comunidades cristiás. Pero a idea dunha sociedade comunista xorde a comenzos do século XIX, como resposta ó nacemento e desenvolvemento do capitalismo moderno. Mais adiante o termo pasou a describir o socialismo científico defendido por K. Marx e F. Engels.

O comunismo desenvolveuse a través de movementos como a formación das Internacionais. Estas eran organizacións de carácter sindical que pretendían a mellora das condicións de vida do proletariado. A primeira revolución que seguía os postulados marxistas produciuse en Rusia, en 1917 no medio dunha guerra civil que durou catro anos.

Este sistema foi implantado por Lenin (Rusia), Mao Tse-tung (Republica Popular China), Fidel Castro (Cuba), entre outros.

O movemento comunista internacional atravesou grandes crises no século XX. A primeira delas relacionada co alonxamento de Trotsky da Unión Soviética. A segunda gran crise provocouna o enfrontamento da Unión Soviética e China en política internacional. Logo da Segunda Guerra Mundial, dous partidos comunistas europeos, o francés e o italiano, creceron ata dominar o movemento sindical e ter unha importante representación parlamentaria.

En abril de 1920 fúndase o Partido Comunista Español (PCE), integrado por mozos traballadores e estudantes; obreiros, campesiños e intelectuais de vangarda, incluía nas súas filas mulleres como Dolores Ibarruri.

Entre os principios ideolóxicos que propón esta doutrina están:

- Abolición da propiedade privada, xa que ésta é o orixe da desigualdade.

- Supresión do mercado e socialización dos medios de producción.

- Destrucción revolucionaria do Estado capitalista burgués.

- Creación dunha sociedade sen clases.



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 11-03-2009 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Pensamentos.
Aceituneras. Pintura de Zabaleta

"Hai mulleres que loitan un día e son boas; hai outras que loitan un ano e son mellores. Hainas que loitan moitos anos e son moito mellores. Pero hainas que loitan toda a vida..... e estas son imprescindibles"


(Bertold Brecht)




¿A que MULLER recordas hoxe?





Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Muller - Publicado o 03-03-2009 22:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons