O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

#Búscanse valentes


A canción e letra Búscanse valentes do Langui foi lanzada de xeito oficial o 20 de Xaneiro do 2017, este tema foi creado para a campaña "12 meses" promovida por Mediaset.

O Langui pretende con esta canción conseguir que as testemuñas de situacións de acoso cambien, que sexan moitos os valentes que a partir da campaña deixen de mirar para outro lado. Que ninguén volva a cara ante o acoso, que o buying termine e que xa non existan mais conflitos entre os nenos, que vivan en harmonía e paz.

O rap é un tipo de música moi directa e combativa, e transmite á perfección a mensaxe positiva: ¡Todos podemos ser valentes!

Esperamos goces a canción



(Atigo de O clube das ideas)

Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-02-2017 21:49
# Ligazón permanente a este artigo
Orfos de Sofía
O fracaso escolar como definición é o feito de non lograr o título académico mínimo obrigatorio dun sistema educativo. Pero, cando falamos realmente de fracaso? Falamos de fracaso escolar cando un rapaz non é capaz de alcanzar o nivel de rendemento esperado para a súa idade. A única forma de evaluar ás persoas son as notas dos exames polo que o fracaso tradúcese por suspensos (no caso de ter dous o máis e non superar o curso).
Podemos atribuir moitas causas ao fracaso escolar, cada persoa vese afectada por situacións diferentes que provocan o seu escaso rendemento escolar, entre elas podemos nomear:
Fracaso-escolar-ninos_ECDIMA20150129_000
  • Dificultades propias dos estudantes: Un elevado porcentaxe de casos de fracaso escolar débese a dificultades como a dislexia ou o déficit de atención

  • Dificultades socioeconómicas: Cómpre destacar que existen estudos que revelan unha relación directa entre o nivel económico das familias e o fracaso dalguns rapaces/as.

  • Problemas causados nos núcleos familiares.

  • A inestabilidade do Sistema educativo, non podemos vivir nunha reforma permanente dos plans de estudo.

  • Causas pedagóxicas: Descoñecemento de técnicas de estudio, etc.

  • etc.

  • Como causas máis destacables entre as citadas cómpre destacar e profondizar nas dificultades propias dos estudantes ou nos problemas emocionáis. No caso das dificultades propias un dos problemas e a dislexia que é a alteración da capacidade de ler pola que se confunden ou se altera a orde de letras, sílabas ou palabras. Tamén cómpre falar do deficit de atención que trátase dun trastorno que se diagnostica cando un rapaz/a non ten a capacidade de concentrarse nunha única acción. E finalmene, os problemas emocionais propios da etapa adolescente.

    España a nivel Europeo lidera o primeiro posto en fracaso escolar, ben e certo que reduciu case un 1,9% na súa taxa pero segue case duplicando a media comunitaria de 11% cun 19,97%, tendo así o maior porcentaxe de xoves entre 18 e 24 que teñen como moito Educación Secundaria e logo non continuaron formándose.
    No caso das mulleres, a cifra de abandono dos estudos trás a Educación Secundaria é menor respecto a dos homes. A cifra das mulleres é dun 15% fronte o 24% no caso dos homes.
    grafico-facilitado-por-eurostat.jpg
    Neste gráfico podemos observar o lugar que ocupa España (19,97%), é segida de Malta, Romania, Italia, Portugal... e con menos taxa está Croacia (2,8%) seguido por Eslovenia, Polonia e Chipre.
    Pódese observar que a media Europea (en azul) está moi por debaixo coa de España. O noso goberno ten marcado lograr no 2020 un porcentaxe de tan só un 15% o cal non está asegurado se poderase lograr.

    Este ano 2016 nos Informes Pisa (2015) encontramos mellorías nalgunhas comunidades autónomas como é no caso de Galicia. O rendemento dos estudantes galegos de 15 anos mellorou en Matemáticas con cinco puntos máis respecto vez anterior (2012), sobe dez puntos en lectura e mantense en ciencias.

    Entre elas Galicia ( tamén Castela e León, Navarra e Madrid) obtivo resultados próximos ós dos países mellor clasificados no informe PISA 2015.
    En concreto, na mellor nota, a de ciencias (512), Galicia situaríase no decimocuarto lugar mundial, como cuarta de Europa, só por detrás de Estonia, Finlandia e Eslovenia. En canto á comprensión lectora, con 509 puntos, estarían decimoterceiros á escala mundial (no continente quedarían por detrás de Finlandia, Irlanda, Estonia, Noruega e Alemaña). Incluso no peor dos rexistros, o de matemáticas, a nota resulta satisfactoria, xa que sitúanse vixésimo quintos a nivel mundial (decimoquintos na lista continental).
    España tamén sobe dous puntos en matemáticas (486), aínda que continúa por debaixo do promedio da OCDE (490) e da Unión Europea (493). En ciencias (493) baixa tres puntos, quedándose ó mesmo nivel que a media da OCDE e lixeiramente por debaixo da UE (495).
    O promedio dos países da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico) nesta edición caeron en todas as áreas : oito puntos en ciencias, dous en lectura e catro en matemáticas.
    Todos estes datos son sorprendentes xa que aínda que lográrase unha melloría notable nos Informes Pisa a situación de fracaso escolar en España segue sendo un motivo de preocupación e é necesario corrixilo para lograr un maior avance nese aspecto.

    O fracaso escolar non é un tema que débase tomar a lixeira e todas as persoas deben concienciarse porque hoxe en día é importante lograr títulos académicos para nun futuro ter un traballo e poder sobrevivir. Facendo alusión o título, ser un orfo de sabedoría é algo desolador e realmente é necesario que esas cifras diminúan para poder ver un cambio positivo.

    (Artigo de Pablo Cuní Balayo)


    Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Ensinanza - Publicado o 08-02-2017 16:19
    # Ligazón permanente a este artigo
    O crime organizado na gran pantalla. A orixe das mafias
    O concepto “mafia” que coñecemos actualmente refírese a calquera organización de crime organizado ou outras actividades sospeitosas que están espalladas por todo o mundo. Pero o concepto de mafia ven de moito antes, do século XIX, en Italia.

    Cansada dos abusos e da explotación por parte da aristocracia da época, certa parte do pobo (o campesiñado) decide rebelarse e formar organizacións con pistoleiros profesionais para combater ditos abusos. Estas serán as futuras mafias. En 1874, as mafias están no seu punto álxido en Sicilia. Nin sequera o goberno pode controlalas.
    PikiWiki_Israel_20841_The_Palmach.jpgDebido á situación de crise do país, moitos habitantes de toda Italia (Sicilia incluída) víronse obrigados a emigrar ao outro lado do Atlántico e moitos deles foron a parar a Estados Unidos, e algúns levaron con eles esas técnicas, esquemas e prácticas da típica mafia siciliana.

    No século XX xa tiñan, sen dúbida, un gran poder dentro da sociedade. Empezaron a desenvolver actividades como a prostitución, as concesións de préstamos (con altos intereses)… e a facerse con negocios lexítimos como a construción, cadeas de restaurantes, industria téxtil… ás veces con aspiracións económicas e outras para utilizalos como tapadeira ou para branquear capital. Destacan nesta época personaxes como Al Capone, Lucky Luciano, Frank Costello, Carlo Gambino

    As mafias italoamericanas viron o seu auxe na época da Lei Seca, cando empezaron a introducir nas cidades o alcohol, vendéndoo ilegalmente, chegando a converterse en verdadeiros expertos do contrabando, chantaxe, branqueo de diñeiro, etc. Por suposto, eran organizacións xerarquizadas, onde as máximas autoridades eran o "xefe" e o "subxefe" (este último de menor rango) e estaban aconsellados polo "consiglieri", logo virían os "capos" e os seus respectivos "soldatos", dos que era responsable. Todos estes estaban apoiados (na maioría dos casos) polos seus asociados, que podían ser empresarios, políticos, gobernantes, policías… que os axudaban económicamente ou con favores, a cambio de outro tipo de favores que normalmente estaban fora da legalidade.
    Sen dúbida algunha, a corrupción foi unha constante (e seguramente siga sendo) na vida das mafias, aparte dun importante apoio.


    A mafia no cine

    Sen dúbida, esta cultura mafiosa non podía pasar desapercibida polas cámaras de Hollywood e converteuse nun fenómeno que impulsou unha nova temática de grande éxito propia de Estados Unidos
    A sociedade italoamericana relacionada coa mafia aparece reflectida en grandes películas con importantes actores e directores que gozan dun prestixio internacional e unha ampla carreira no mundo cinematográfico.
    A película por excelencia desta temática é The Godfather (O padrino), obra de Francis Ford Coppola, baseado no libro de Mario Puzo, que pertence a unha triloxía onde a segunda e a terceira entrega de mesmo título, na miña opinión, non gozan das mesmas características nin da mesma esencia que ten esta primeira entrega. Ademáis cabe destacar outras películas como Goodfellas (Un dos nosos), dirixida por Martin Scorsese, froito do libro Wiseguy de Nicholas Pileggi e Once Upon a Time in America, de Sergio Leone, adaptación da novela The Hoods de Harry Grey. que gozan dun prestixio internacional e unha ampla carreira no mundo cinematográfico.
    E sen dúbida non podemos esquecer a grande importancia dos actores, os encargados de encarnar na súa propia pel aos personaxes míticos do crime organizado:

    --Marlon Brando: Encarnou a Vito Corleone, o xefe da mafia máis popular do cine na película The Godfather. Un papel que sen dúbida marcou un antes na súa carreira e no mundo dos cinéfilos.

    --Robert De Niro: Él mesmo se denomina fan das películas desta temática, e aceptou varios papeis como membro de organizacións mafiosas como en The Godfather II facendo de Vito cando era novo, en Goodfellas como Jimmy Conway,
    Once Upon a Time in America, como David Aaronson, en Casino, como Sam Rothstein ou A Bronx Tale, facendo de Lorenzo Anello, onde non interpretaba a un mafioso senón a un italoamericano de a pé.

    --Joe Pesci: Tamén un actor que peca de mafioso participando con grandes interpretacións en Goodfellas, Once Upon a Time in America e Casino.

    --Al Pacino: Un actor de gran renome que destaca sobre todo pola súa participación como Michael, fillo de Vito Corleone en The Godfather e como protagonista nas seguintes dúas entregas.Tamén cabe destacar deste actor a súa interpretación como Tony Montana en Scarface, un filme de temática mafiosa pero en mans dunha personaxe cubana.

    Todas estas películas son clásicos do cine dos anos 70, 80 e 90, moi recomendables e de grande interese, pois nos permite analizar as características dos actores e valorar os seus traballos e interpretacións. Apréndennos os xestos, miradas, expresións destes actores que expresan a súa madurez e experiencia neste tipo de películas, así como as preferencias, peculiaridades e manías de algúns dos grandes directores de Hollywood.

    Así que....
    se vos gusta a temática mafiosa xa sabedes,
    atrevervos con estes títulos que non teñen desperdicio ningún
    .


    (Artigo de Alejandro Recouso)




    Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Cine - Publicado o 02-02-2017 22:42
    # Ligazón permanente a este artigo
    © by Abertal
    Licencia Creative Commons