Este artígo expresa a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, en canto ao matrimonio, pero ata que punto é ese un dereito real?
A declaración de dereitos humanos non menciona o dereito ao matrimonio igualitario e deixa liberdade a cada país para decidir sobre o matrimonio homosexual e a idade mínima para casarse, coñecida como idade núbil. A maioría dos países occidentais determinan que esta idade son os dezaoito anos ou os dezaseis anos con consentimento dos proxenitores. A pesar diso, hai moitos países que permiten o matrimonio infantil, xeralmente o dunha nena cun home adulto.

UNICEF realizou en 2010 un estudo sobre este tipo de matrimonio, concluindo que arredor dunha terceira parte das mulleres de vinte a vintecatro anos de idade que viven nos países en vías de desenvolvemento casaron sendo nenas.Isto é algo moi común nos países de Asia meridional ou África subsahariana, aínda que pode variar. En xeral, a idade media do matrimonio aumenta gradualmente, especialmente nas familias con maior capacidade económica. O 48% das mulleres de 45 a 49 anos casaron antes de cumprir os dezaoito anos, este número baixou a 35% na actualidade.
Estas mulleres normalmente abandonan os estudos se nalgún momento tiveron acceso a eles) e, na maioría dos casos, son as familias as que deciden con quen casará a nena, así que o consentimento non é por parte de ambos cónxuxes, polo que non debería ser legal.

Por outra parte, os dereitos das parellas do mesmo sexo non sempre están recoñecidos. Negar a estas parellas o recoñecemento e a igualdade impide a moitas persoas o gozo de todos e cada un dos dereitos humanos. Esteban Beltrán, o director de Amnistía Internacional en España, opina: ?Con estas posturas, tales relacións estigmatízanse e alimenta a discriminación e outros abusos na comunidade, nas escolas e nos fogares en contra dos dereitos humanos das minorías sexuais.?
Que estamos a facer para cambiar estas discriminacións?
Na actualidade, o matrimonio homosexual é legal en Bélxica, Canadá, España, Holanda, Sudáfrica, Noruega, Suecia, Portugal, Islandia, Arxentina, Dinamarca, Nova Zelanda, Uruguay, Francia, Luxemburgo, Brasil, Irlanda e Estados Unidos. Este último país foi o que aceptou estes dereitos máis recentemente. Concretamente, o 26 de xuño de este ano, o Tribunal Supremo de EEUU decidiu legalizar o matrimonio igualitario en todo o país, o que anula a capacidade dos estados para prohibir este tipo de unións.
Diferentes organismos das Nacións Unidas insisten na prohibición da discriminación por orientación sexual ou identidade de xénero. En 2012 presentouse o primeiro informe onde se destacaba o seguinte: ?Recoñecer a igualdade de dereitos de todas as persoas non ten por que ser controvertido, nin implica a creación de novos dereitos. Trátase de insistir en que todas as persoas teñen dereito a gozar dos xa existentes?.
Nós, coma cidadáns, debemos loitar pola xustiza e a posibilidade de que estes dereitos cúmpranse en todo o mundo.