O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O desemprego tecnolóxico.
A Primeira Revolución Industrial iniciouse en Inglaterra entre os anos 1760 e 1860. O país dispoñía da materia prima precisa, dun réxime político distinto a toda Europa continental e dunha forte tradición mercantil. Caracterizouse pola mecanización da industria e da agricultura así como polo notable aumento do dominio capitalista en toda a actividade económica.

Debido a unha serie de innovacións técnicas que se deron durante a revolución industrial e á incorporación de máquinas na producción, substituíuse o traballo manual dos talleres artesanais con un escaso número de traballadores pola produción industrial en fábricas onde máquinas e obreiros eran explotados polo capital.

A burguesía era a clase social dominante e controlaba as fábricas onde o proletariado traballaba de 15 a 17 horas diarias por un soldo mísero.

Debido á incoporación nas fábricas de máquinas que podían facer o traballo de varias persoas á vez, o desempleo aumentó consideralemente. En novembro de 1811 naceu e adquiriu un importante recoñecemento o movemento obreiro coñecido como Ludismo como resposta violenta ao crecimiento do paro. As condicións laborais e os baixos salarios levaron aos obreiros a unha revolta espontánea. Ían contra os instrumentos de producción, xa que os consideraban os causantes do problema.

O sistema capitalista de libre mercado vixente, na lóxica de reducir os costos de producción (incluíndo os costos de traballo) para aumentar as ganancias, substituirá o traballo humano, sempre que sexa posible, por maquinaria automatizada.

Botando unha ollada atrás, en 1949, no sector agrícola de Estados Unidos as máquinas facían o 6% da colleita de algodón. En 1972 o 100% da colleita era feita de forma automatizada. Cando esta automatización golpeou o sector manufacturero dos Estados Unidos, 1'6 millóns de traballos manuais perdéronse en 9 anos.

Este sistema deixa polo camiño postos de traballo costosos para o empresario. Unha simple máquina despacha o ticket do bus, tren ou metro. O coste de dito artefacto pode supoñer o soldo dun ano dun traballador, pero a medio e longo prazo para a empresa a comodidade da máquina supón un gran aforro en soldos e de paso un recorte sindical importante. Carrefour, Citroën, Alcampo ou Audasa son algunhas das moitas empresas que xa contan cunha plantilla de máquinas de cobro, robots de montaxe e caixas automáticas.

Mentras os políticos, líderes empresariais e líderes sindicais discuten sobre temas que, según alegan, son os responsables do crecente desemprego no mundo, tales como a subcontratación de compañías estranxeiras ou o traballo de inmigrantes, a verdadera causa non está sendo tratada no debate público:
o desemprego tecnolóxico
.
Wassily Leontief, Premio Nobel de Economía 1973


Despois de todo, unha máquina non precisa tomar descansos, ter seguro médico, prestacións ou pertencer a un sindicato.



Onde está o novo sector emerxente para dar emprego a todos os novos traballadores desprazados?

(Artigo de Marina Gómez Marchante)

Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 28-02-2015 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Antígona e a obediencia á lei
Ás traxedias gregas constituen un importante espazo de reflexión sobre os conflitos éticos. Estas obras recollen situacións nas que hai que escoller entre alternativas irreconciliables. Os escritores, como Sófocles neste caso, pretendían chamar a atención do cidadán grego respecto da complexidade destes conflictos e contribuir así á formación do bo xuizo e da prudencia (phronesis) entre os membros da polis.

Sófocles foi un escritor ateniense, viviu ao redor do ano 450 a.C. Nas súas obras encontramos unha gran dose de realismo, para describir a vida humana, alternando sufrimento con alegrías.

Unha das súas obras máis coñecidas é Antígona, una traxedia que comeza no amañecer do día seguinte no que dous irmáns enfrontados (Eteocles e Polinices) perderon a vida na loita polo trono de Tebas. Hai un novo gobernante, Creonte, o cal prohibe enterrar a Polinices "o irmán traidor" e decide render homenaxe a Eteocles como heroe defensor da cidade. Antígona pide a súa irmá Ismene que a axude a enterrar a Polinices, contravindo o mandato de Creonte.
Máis tarde os gardas traen detida a Antígona. Creonte preguntoulle se era ela quen cubrira o corpo de Polinices e ela afirmou, pero que ninguén a axudara. Creonte non a creu e pensou que Ismene tiña algo que ver neste asunto . Tras mandar ambas as dúas a unha cela, aparece Hemón, fillo de Creonte e prometido de Antígona.


CREONTE -e, a pesar diso, atrevícheste a transgredir estes decretos?

ANTÍGONA - Non foi Zeus o que os mandou publicar, nin a Xustiza que vive cos deuses de abaixo a que fixou tales leis para os homes. Non pensaba que as túas proclamas tivesen tanto poder como para que un mortal puidese transgredir as leis non escritas e inquebrantables dos deuses. Estas non son de hoxe, nin de onte, senón de sempre, e ninguén sabe de onde xurdiron"

O gobernante decide deixar en liberdade a Ismere mentres que deixa a Antígona abandonada nunha cova cun pouco de comida para que morra alí e que así "a súa morte non salpicase á cidade". A chegada do ancián Tiresias anunciando negros presaxios fai que Creonte se arrepinta e intente evitar que se cumpra a condena de Antígona, pero cando chegou onde se encontraba esta, viu como estaba aforcada e como agarrado á súa cintura estaba o seu fillo Hemón, que cargara a súa espada contra el, lla cravara no peito, e en consecuencia morrera. Volvendo ao seu pazo, co seu fillo nos brazos, encontra que a súa esposa, Eurídice, non pode soportar a morte de Hemón e tamén ela decidiu quitarse a vida.
Este é o papel que lle queda a Creonte. Por castigar a súa sobriña, pois esta dera sepultura a Polinices, despois de que este morrese en combate. Tiveron que morrer moitas persoas para que ao final da obra e sen remedio, Creonte se decatase do seu grande erro, de que unha persoa, por moito poder político que teña, sempre está por debaixo dos deuses e das leis "escritas" por eles. Ao final, a moderación e a conciliación quedan como un ensino duramente aprendido.

Os personaxes máis importantes nesta obra son:
Antígona: filla de Edipo e irmá de Eteocles, Polinices e Ismene, dende o principio ten moi claro o que ten que facer e o que debe facer. É consciente do perigo que corre pero ela antepón a necesidade de non fallar aos seus antepasados a súa propia vida.

Creonte: é o Rei de Tebas, pai de Hemón e tío de Antígona, Ismere,Polinices e Eteocles.

Hemón:é o fillo de Creonte e o prometido de Antígona. Ao principio da súa aparición móstrase moi obediente co seu pai e coa decisión tomada por este, pero intenta convencelo de que se está a equivocar, e de que todo o pobo está en contra sua. Ao final da obra, marcha onde está encerrada a súa amada e coa súa espada quita a vida, agarrándose, co seu último alento de vida a Antígona.

Tiresias: é un ancián invidente e adiviño que avisa a Creonte das desgrazas que pode sufrir polas súas decisións prepotentes e dogmáticas.

Sófocles formula a través da protagonista da obra un dilema moral: Antígona encóntrase nunha situación na que ten que decidir se obedecer a súa conciencia e a lei divina que representan o dereito do ser humano de ser enterrado despois da morte para que o alma descanse en paz ou obedecer a lei dá polis que é o deber de cumprir os mandatos impostos polo rei, neste caso o rei Creonte, o cal impide enterrar a Polinices, impedindo así a lei da familia e o dereitos dos mortos. Ambas leis son opostas e non poden conciliarse. Antígona decide escoitar a súa conciencia e asume as consecuencias da desobediencia, non quere quedar co seu cargo de conciencia e que o seu irmán non descanse en paz e é por iso que prefire arriscar a súa vida.


O que quere dicir Sófocles nesta obra e que é necesario actuar conforme aos mandatos dous deuses, xa que os individuos que se rebelan ao destino, créndose autosuficientes, son castigados. Podemos observar a firme crenza dous gregos non destino, xa que Antígona antepón o dereito de Polinices a ser enterrado para descansar na eternidade, á lei imposta por Creonte.

(Artigo de Águeda Fernández Veiga)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Dereito - Publicado o 03-02-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons