O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Son os premios un estímulo para o estudo?
Onte foron entregados os Premios Extraordinarios de Bacharelato concedidos pola Xunta ós alumnos co mellor rendemento no curso 2010-11 e Carmen Zalvide Rodríguez, antiga colaboradora de O clube das ideas, recibiu un deles.

Cunha nota media de 9,3 situase entre os 38 alumnos de mellor expediente en Galicia e entre os 15 mellores no conxunto do Estado, por iso obtivo tamén un dos Premios Nacionais do Ministerio de Educación.

Os Premios Nacionais de bacharelato convocanse tódolos anos co obxecto de recoñecer o esforzo e o traballo de alumnos e alumnas cun rendemento académico excelente. Para optar a eles é preciso obter con anterioridade o Premio Extraordinario da administración educativa autónoma correspondente. Así que os nosos parabéns a esta compañeira que foi premiada en Galiza e no Estado español.

Son os premios un bo incentivo para o estudo?

Recibiches nalgunha ocasión algún premio?

Convén premiar as boas calificacións?






Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 23-02-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Algún día chegará !!



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Pensamentos - Publicado o 13-02-2012 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
A saúde da nosa democracia
Como todos sabemos, a corrupción non é un fenómeno exclusivo dos tempos actuais. Os romanos xa empregaban este termo para referirse a certos comportamentos. Cicerón utilizaba a expresión judicare corrupte para referirse á forma na que exercían a súa función algúns maxistrados. Plauto e Cicerón chamaban corruptor, -oris a aquel que cometía o delito de soborno ou de cohecho, e tamén ó que violaba a algunha das virxes vestais.

Hoxe en día este fenómeno está moi presente nos medios de comunicación e na sociedade, cousa que é moi preocupante. Poderiamos definir a corrupción como o comportamento de certos cargos públicos consistente en recibir unha certa cantidade de cartos (ou agasallos) a cambio de permisos para obras ou outras operacións de dubidosa legalidade; deixando así de lado a veracidade, honestidade e honradez da que deberían dar exemplo.

Reflexionando sobre a moralidade destas conductas, poderíamos afirmar con absoluta certeza, que a corrupción non é de ningunha maneira un comportamento nin ético, nin moralmente bo. Un dos casos máis soados , foi "O caso Malaya" onde diversos cargos públicos roubaron aproximadamente 500 millóns de euros e branquexaron outros 671 millóns máis. Nos últimos días , é moi mencionado o caso do home da infanta Cristina , Iñaki Urdangarín . Este home polo que parece desviou fondos dende o Instituto Nóos, unha sociedad sen ánimo de lucro, e dende a Fundación Deporte, Cultura e Integración Social hacia outras; diñeiro que lle entregou a administración pública para organizar eventos deportivos e outros servizos (2,3 millóns de euros do Goberno Balear e 3,7 millóns do Goberno e Concello de Valencia).

Na miña opinión, e pode que sexa tamén a de algúns de vos, é unha enorme vergoña que aqueles que non teñen problemas financieiros, que viven ben coma familias acomodadas , que levan aos seus fillos a escolas privadas , que o traballo que realizan non é para nada esgotador , que poden celebrar as festas con todo tipo de luxos, etc…; caian tan baixo como para roubar cartos, e aínda por riba dunha asociación que se supón que ten que axudar, e non engordar a carteira dos que a dirixen. Moita xente de clase media baixa, viven do suor da súa fronte, do traballo diario, de non ir a comer a casa porque non lles dá tempo, de traballar máis de 10 horas seguidas, e con todo dan mostra dunha moralidade intachable.

Que fai neste caso a xustiza?...está comprobado que non é igual para todos. Os únicos que van ao cárcere son só os pobres, a xente con cartos, emparentada coa nobreza ou con cargos importantes da sociedade, van quedar exentos de castigo. Porque a xustiza en España é unha vergoña, unha chapuza, un invento, onde dominan os máis fortes e os poderosos .

Casos como os mencionados anteriormente pon en perigo a saúde da nosa democracia. Aínda así é preciso manter a esperanza de que nun futuro non moi tardío , a XUSTIZA sexa unha realidade e non importen nin a clase social nin o cargo público dos individuos na toma dunha decisión xudicial.

(Artigo de Sara Da Silva)

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Opinión - Publicado o 01-02-2012 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons