O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A caverna de Platón
O día 2 de marzo,
imos visitar
A caverna de Platón
.




Platón érguese da súa tumba máis de dous mil anos despois de morto e atópase ante un gran pesadelo. A caverna que el mesmo describiu como exemplo do peor e máis decadente do ser humano tense realizado e consumado no aparato do televisor... Amigos! tras máis de vintecinco séculos de historia, de novo, ante nós, máis real que nunca... A caverna de Platón!!!

Día: 2 de marzo
Hora: Saída do centro ás 9:20, chegada ás 12:30
Lugar: Verbum

Enlaces de interese:
O teatro resoante
Aqui podedes ver un trailer da representación.

Xa vos contaremos as nosas impresións !!



Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 24-02-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
A herba de namorar (armeria splendens)
ARMERIA SPLENDENSGalicia, terra de meigas e feitizos, conta a lenda que esta herba tense que coller a noite de San Xoan, noite máxica e feiticeira e dunha maneira discreta; debe chegar á persoa querida escondida por exemplo colocándolla nun peto sin que se dé conta ou debaixo da almofada, e a herba encargarase de namorala.

Ritos sempre houbo para namorar o amado ou amada desexado. As augas, o lume, as flores e as herbas, formaban parte da maxia que atraía o amor.

A herba de namorar ou namorareira encóntrase preto dos acantilados, ó desamparo dos ventos e o frío marino. Esta planta ten unhas flores claras e miúdas, de pequenos e finos pétalos que danzan, sen desprenderse dos seus talos, ó son dos fortes ruxidos do vento cando se enfrenta ao picado mar. Elas resisten, pequenas e valentes, quizais grazas ao secreto que agochan no seu mínimo corazón de flor, seguramente alégranse cando unha man as corta, con cariño e ilusión, pensando en conquistar o alma tímida dun amor imposible.
Hai quen di có seu efecto é tan eficaz que non existe antídoto capaz de desfacer o amor que a súa axuda provoca.

¡Feliz día dos namorados!





(Artigo de Laura González e Iris Piedrahita)


Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 14-02-2011 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Viaxando polo mundo
Diario dun trotamundos

15 novembro de 2010.
Estou en Suecia de camiño ó hotel e fai moito frío. Moita da xente que camiña pola rúa leva gorros e abrigos de pel como supoñía, sen embargo non todos son loiros nin teñen os ollos azuis. É máis, o taxista ten rasgos árabes e fala un perfecto sueco. Pregúntolle se naceu aquí e respóndeme que sí, que os seus pais chegaran de Arabia facía moitos anos. Tamén pregúntolle se é verdade que alí todo o mundo está borracho sempre, como soen dicir por ahí. El se extraña e me mira polo retrovisor cunha sorriso de complexidade, respóndeme que é mentira, por suposto, o alcohol só se vende en tendas específicas chamadas System Bolaget e a maiores de vinte e un anos.
Mirei pola ventá azorado pola pregunta e vin un posto de salmón afumado, ao parecer si que é verdade que alí lles encanta a comida afumada, pero non me atrevín a preguntar.


30 novembro de 2010

Francia, un país de ensoño no que a lo menos todos pensamos en viaxar unha vez na vida. Cando cheguei chocoume o pouco que se esforzaba a xente por intentar contestarme en inglés, todos contestábanme encolléndose de ombreiros e cunha sonrisa mentres dicían: “Je ne sais pas parler anglais!” Síntense tan agusto có seu idioma que nin intentan aprender outro, igual que na gastronomía, á que parecen venerar coma se realmente os seus produtos e a súa forma de preparalos fora a mellor. Cría que o seu orgullo desmedido era un tópico como outro calquera pero realmente os parisinos crense o epicentro do mundo.
No meu transcurso na capital dinme conta do moi educados que son noutros países. Nós non damos as grazas todo o tempo, non tratamos de vostede a todo ó mundo e non saudamos cada vez que entramos en calquera local. A veces intentei explicar a algún amigo parisino que non somos maleducados, senón que non estamos afeitos a tanto saúdo; e que no noso pais falar cun rapaz de vostede era estraño, son cousas que se reservan para os vellos. Pero a eles só lles interesaba preguntarme se sabía bailar flamenco!.
Pero algúns tópicos son certos. Todas as mulleres levan boina ¡Incluso as nenas pequenas! E non é difícil ver a alguén camiñando cunha baguette baixo o brazo. En tódalas esquinas hai un posto de creppes e unha panadería con xente dentro comendo uns croissants.

12 decembro de 2010

Xa estou na casa. Síntome cansado de estar tanto tempo fóra da miña casa, pero síntome feliz de facer esta viaxe xa que serviume para coñecer outras costumes. Aínda quédanme moitos lugares que visitar. Cando conteille a miña viaxe a miña familia algúns sorprendéronse xa que souberon que moitas das ideas que tiñan eles deses lugares eran falsas, ainda que crían que eran verdadeiras.

Que lugares visitaches?
Quedaches moi sorprendido cando descubriches que moitas cousas das que pensabas acerca deles non eran certas?
Tes algunha anécdota que contar?



(Artigo de Raquel Lestón e Xabier Montenegro)
Escribe o teu comentario (24) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 05-02-2011 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons