O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

ROUSSEAU e o Estado de natureza

Se votamos unha ollada á historia da humanidade, atopamos alá polo século XVIII a J.J. Rousseau. Este filósofo, opoñendose ó optimismo dos ilustrados e anticipándose a todos os movementos contraculturais contemporáneos facía unha crítica profunda da sociedade do seu tempo.



As bases fundamentais desta crítica eran:

1.-No estado de natureza todos os seres humanos somos bos, felices, independentes e libres.

2.-A sociedade transforma a natureza humana con novas inclinacións: ambición, desexo de poder, envexas e desigualdades.

3.-Podemos recuperar de novo esa natureza orixinal por dous camiños: unha nova educación (Emilio) ou pola vía política (O Contrato social) da soberanía popular


¿E tí que pensas?




Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Filosofía - Publicado o 21-02-2008 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida ó entroido
Peliqueiros de Laza
Esta è unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera.

Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas.

Sen dúbida, é a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.



LER: TEMPO DE MÁSCARAS de Carlos Casares



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 01-02-2008 16:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons