O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Eleccións Xerais 2015
O próximo día 20 de decembro, o pobo español está citado nas urnas para elixir os seus novos representantes de cara os próximos 4 anos. As últimas eleccións xerais foron o 20 de novembro de 2011, onde o Partido Popular (PP) foi o máis votado chegando a obter unha maioría absoluta con 186 escanos, seguido polo Partido Socialista Español (PSOE) con 110. Máis atrás quedaron outros partidos como Convergència i Unió(CiU) con 16, Izquierda Plural(IU-LV) con 11 e Amaiur con 7. O Bloque Nacionalista Galego(BNG) obtivo 2 escanos.

Este ano preséntanse novos partidos como Podemos, liderado por Pablo Iglesias, e Ciudadanos de Albert Rivera, e partidos xa mencionados antes como PP, con Mariano Rajoy á cabeza, e PSOE con Pedro Sánchez como Secretario Xeral do partido.


















As previsións destas eleccións varían dependendo dos medios que nos informen delas, o que sí podemos ver é que na maioría Podemos e Ciudadanos obteñen un gran número de votos con respecto a outros partidos en anos anteriores, o que fai crer que o bipartidismo que levaba anos producíndose por parte de PP e PSOE esta vez non será tan amplo e que terán que recurrir a coalicións con outros partidos para conseguir o poder.

É preciso ter información sobre alguns aspectos do noso sistema electoral. Vexamos:

A cantos deputados eliximos?

O Congreso componse de 350 deputados que representan a 52 circunscripcións. O reparto de deputados por circunscripción faise segundo a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG).

Segundo esta norma, Ceuta e Melilla dispoñen dun deputado cada unha, mentres que o resto de circunscripcións -provincias- teñen asignados dous deputados como mínimo e o resto repártense segundo a poboación empadronada. Isto fai que Madrid e Barcelona sexan as circunscripcións con máis deputados, 36 e 31, respectivamente, e Soria a provincia con menos, os dous mínimos.


Cal é o sistema de elección?

En España utilízase a chamada lei D'Hondt, un sistema de cálculo proporcional creado a finais do século XIX polo xurista belga Victor D'Hondt. Útilízano moitos outros países como Arxentina, Francia, Bélxica, Finlandia, Irlanda, Israel ou Xapón.

En que consiste o sistema D'Hondt?

Para comezar, en cada circunscripción exclúese primeiro ás candidaturas que non obteñan, polo menos, o 3% dos votos válidos emitidos. O resto das candidaturas, ordénanse de maior a menor, nunha columna, cas cifras de votos obtidos. Divídese o número de votos obtidos por cada candidatura por 1, 2, 3, etc, ata un número igual ao de escanos correspondentes á circunscripción. Os escanos atribúense ás candidaturas que obteñan os cocientes maiores, atendendo a unha orde decrecente.

É xusto este sistema?

Segundo os expertos consultados, podería mellorarse, porque sen dúbida os beneficiados son os partidos maioritarios e os prexudicados, os pequenos. Favorece o bipartidismo.

O profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Barcelona Josep María Reniú entende que este método fose o elixido no seu momento para garantir gobernos fortes na aínda nova democracia española, pero agora, insiste, non é o adecuado. Asegura que dá con facilidade maiorías absolutas e, aínda que isto non pase, o partido gañador concentra o poder suficiente para non ter que necesitar moito aos demais á hora de sacar adiante iniciativas no Congreso.

Os grandes son os mellor parados deste sistema e sinala a partidos como IU e a UPyD como os maiores prexudicados. Ambas formacións concentran moitos votos no conxunto do país, pero como os escanos atribúense por circunscripcións eses apoios se dispersan. Por iso non conseguen na maioría das provincias a porcentaxe mínima de representación para optar a un deputado.
Tampouco lles benefician os votos en branco, porque son considerados válidos para achar a porcentaxe mínima do 3 % e iso fai que despois sexan necesarios moitos máis votos para cada escano. Mentres, outros partidos que concentran os seus votos en poucas circunscripcións conseguen máis representación pese a ter menos votos no conxunto do país.

E ti, que pensas das eleccións no noso país?



(Artigo de Diego Rodríguez)


Escribe o teu comentario (44) - Categoría: Actualidade - Publicado o 15-12-2015 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
O dereito á participación política

"1. Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, en forma directa ou por medio de representantes libremente elixidos.

2. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país.

3. A vontado do pobo debe ser a base da autoridade do goberno: esta vontade expresarase mediante eleccións auténticas que haberán de celebrarse de forma periódica, polo sufraxio universal e igual e que se realizará por voto secreto ou outro procedemeto equivalente á liberdade de voto".

(Declaración Universal dos dereitos humanos. Artigo 21)


Porén non en todos os países son respectados os dereitos democráticos dos cidadáns. Os principais problemas que ameazan a democracia actual son a escasa participación, a corrupción, os medios de comunicación manipulados, a preeminenza do poder económico e a discriminación sexual entre outros. No seguinte mapa podemos ver o nivel de liberdade dos cidadáns nos diferentes países do mundo



Países como Cuba, China, Venezuela, Corea do Norte, e a meirande parte dos países de África excepto Sudáfrica, non son gobernos democráticos, básicamente porque non hai división de poderes. Un partido único toma o poder e priva aos cidadáns dos seus dereitos. Moitos destes gobernos son comunistas e presentan aos seus rexímenes como democráticos aínda que só o son en apariencia.

O caso máis soado pode que sexa o de Corea, onde o seu réxime comunista fai que os seus cidadáns sigan vivindo nunhas condicións similares ás do antigo réxime, cunha economía subdesenvolta e anticuada. Polo mesmo feito de ser un réxime comunista, Corea do Norte está en conflito con Corea do Sur, que é capitalista. Isto é un problema para os cidadáns de ambos paises pois a súa fronteira é case infranqueable. Dada esta situación son moitas as persoas que intentan escapar desde forma de vida pero, ando as descobren son devoltas a Corea do Norte, onde son severamente castigadas por traidoras e, como represalia, tortúranas, encarcélanas ou mátanas.


A prensa é dificil que obteña permiso para cruzar ao outro lado, pois Corea do Norte non quere que investiguen os seus asuntos, en cambio, os turistas teñen máis facilidades para pasar. Porén deben ir acompañados por un guía e non se poden desviar da súa ruta pois o goberno só quere ensinar a parte bonita do país, esquecendo mostrarlles a realidade: a pobreza, as atrocidades que comete o réxime ou o sufrimento de gran parte da poboación.

A poboación sofre tantas restricións que incluso o seu ditador, Kim Jong-un, chegou ao extremo de prohibir o seu nome para o resto dos mortais, elevando así a súa figura como líder. O anterior ditador, o difunto querido líder, Kim Jong-il (pai de Kim Jong-Un), creou unha directiva que controla o censo dos cidadáns chamados Kim JongUun e presionalles para que se cambien de nome.

Para demostrar ao mundo que Corea do Norte non é unha ditadura, o 9 de marzo de 2014, Kim Jong-Un celebrou unhas elecións que gañou co cento por cento dos votos. Que casualidade!. Este é só un exemplo dos moitos casos que se deron na historia da humanidade. Son claramete un exemplo da violación dos dereitos humanos e non só do dereito á participación política.

Isto ten que cambiar, pois as persoas deben vivir con liberdade dentro da marxe legal, tanto para elixir libremente o nome dos seus fillos como para decidir quen vai ser o seu gobernante. Pois democracia significa poder do pobo e como podemos observar isto non é tal. Están sometidos por unha ditadura mal disfrazada de democracia e, en certo modo nunha situación que se asemella ao Antigo Réxime. Pero ninguén fai nada por evitalo e son moitos os que sofren en silencio pois non se atreven a revelarse por medo ás represalias que poida tomar o réxime contra eles. Pola contra, son moitos os rinden culto ó Lider, e que están a favor de que unha soa persoa exerza o control sobre o resto e seguenlle o xogo aumentando os seus aires de grandeza ao alabalo coma se fora un deus.


(Artigo de Lucía Estévez)

Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Filosofía - Publicado o 03-12-2015 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons