O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

As nosas vidas son os rios.....que van dar á mar
"Así como unha xornada ben empregada produce un doce soño,
así unha vida ben usada causa unha doce morte".
(Leonardo Da Vinci)


Neste ano que está a piques de rematar, o 2013, deixáronnos varias persoas relacionadas co cine, a política, os deportes, a música e a literatura. Polo que neste artigo intentarei facerlles unha pequena homenaxe para que o seu recordo siga vivo entre nós máis tempo.

Stephane Hessel (27 de febreiro):
Combatente da Resistencia francesa durante a Segunda Guerra Mundial e un dos redactores da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948. En 2008 a Asociación das Nacións Unidas condecorao co Premio da paz. No 2010 publicou "Indignádevos!", obra de moitísimo éxito que se relaciona coas protestas revolucionarias posteriores (15M, Democracia Real Xa, etc). Dous anos antes de súa morte tamén publica "Comprometédevos!".

Hugo Chávez (5 de marzo):
Político e militar venezolano presidente da República Boliviana de Venezuela dende 1999 ata a súa morte. O Instituto Venezolano de Análisis de Datos (IVAD) informou en febreiro do 2013 que Chávez contaba con un porcentaje do 84% de aprobación entre os venezolanos, sendo o terceiro mellor presidente do continente americano. Sucederalle no cargo Nicolás Maduro.


Mariví Bilbao
(3 de abril):
Actriz española coñecida polos seus papeis de "Marisa Benito" en Aquí non hai que viva con Izaskun Sagastume. Participou en 26 largometraxes, 23 cortometraxes e numerosas series e programas de televisión. En 2005 recibe por parte da academia da televisión española o premio á mellor interpretación feminina.

Sara Montiel (8 de abril):
Actriz e cantante española que chegou a traballar en Hollywood. Sara Montiel era o seu nome artístico, xa que ela se chamaba María Antonia Abad. Unha manchega pertencente á unha familia humilde que logrou facer os seus soños realidade, realizando máis de 45 películas.



Margaret Thatcher (8 de abril):
Política británica que chegou a ser Primeira Ministra do Reino Unido entre 1979 e 1990, sendo a única muller que ocupou ese posto ata os nosos días. É unha das políticas más destacables do Reino Unido, aínda que tamén foi unha das que máis divisións creou, sendo eloxiada e detestada entre diferentes partes do espectro político. Coñecida como "A dama de ferro".


María de Villota (11 de outubro):
Foi unha piloto española de coches de carreiras. Era filla do expiloto de Fórmula 1 Emilio de Villota. En 2012, uniuse a Marussia F1 Team como piloto de probas e 4 meses despois sufriu un grave accidente no aeródromo de Duxford (Reino Unido), a súa vida chegou a correr serio perigo, pero tras unha rápida intervención dos servizos de urxencia estabilizóuselle. Desafortunadamente, a causa do accidente, María perdeu o ollo dereito. Morreu o día antes de presentar o seu novo libro "A vida é un regalo".

Manolo Escobar
(24 de outubro):
Cantante e actor español. Algunhas cancións del xa forman parte da cultura española, como por exemplo o "Porompompero", "Mi carro" ou "Y viva España". Este último superando os 6 millóns de discos vendidos. Como outros cantantes de éxito dos 60 como comezou unha carreira inematográfica, malia que estaba máis dirixida ó lucimento propio que ó desenvolvemento da trama da película.

Nelson Mandela (5 de decembro):
Tamén coñecido como Madiba, foi o primeiro presidente negro de Sudáfrica. Gañou o premio Nobel da paz no ano 1993 «Polo seu traballo para o fin pacífico do réxime de apartheid, e por sentar as bases dunha nova Sudáfrica democrática».
Foi o símbolo da resistencia contra o apartheid tras pasar 36 anos na cadea. O lema, Liberdade para Nelson Mandela (Free Nelson Mandela) converteuse nun berro para todas as campañas anti-apartheid do mundo.


Neste ano tamén morreron dúas persoas que malia non ter éxito, merécense saír neste artigo.

Leopold Engleitner (21 de abril):
Foi un austriaco que era o supervivinte máis antigo do holocausto. Este foi arrestado pola Gestapo debido a que se negaba a formar parte do exército. Cando saíu do holocausto escapou para unha cova onde estivo ata que rematou a guerra, escondéndose dos nazis que o perseguían. A historia de Leopold Engleitner demostranos que sí era posible, aínda sendo unha persoa humilde, opoñerse ao réxime nazi de Hitler.

Jirōemon Kimura (12 de Xuño):
Supercentenario chino que morreu a idade de 116 anos e 54 días, sendo o home vivo más ancián do mundo, o home máis vello da historia e o asiático que morreu con maior idade. Naceu en 1897, vivindo así 3 siglos. Kimura tivo 7 fillos, 15 netos , 25 bisnetos e 14 tataranetos. El dicía que o seu secreto era comer en porcións pequenas.



"Despois de todo a morte
é soamente un síntoma de que houbo vida."

Mario Benedetti.


(Artigo de Yago Grela)

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 19-12-2013 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons