O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Os maias e as súas profecías

Durante o periodo preclásico e clásico en Mesoamérica desenvolvéronse varias culturas: os Olmecas, os Maias, os Toltecas e os Aztecas, neste artigo referiremonos ó pobo maia.

A civilización maia foi unha das de maior trascendencia durante o periodo preclásico e clásico, todos os seus avances e investigacións científicas son hoxe en día de gran utilidade. Os seus principais avances foron en materia de astronomía e ciencias exactas; así como agricultura e gandería.
Ocupou gran parte da rexión coñecida como Mesoamérica, nos territorios actuais de Guatemala, Belice, Honduras, O Salvador e na franxa de cinco estados do sudeste de México: Campeche, Chiapas, Quintana Roo, Tabasco e Yucatán, cunha historia de preto de 3000 anos.

-Falaron centos de dialectos que hoxe xeran preto de 44 linguas diferentes.
-Os Maias fixeron grandes edificios e impresionantes construcións no preclásico medio, e fundaron grandes cidades como Nakbé, O Mirador, San Bartolo, Cival, situado na conca de Mirador.

Organización social:

Formaban unha sociedade moi xerarquizada. Estaban gobernados por unha autoridade política, o Halach Uinic, xefe supremo, cuxa dignidade era hereditaria na liña masculina, e Kan Alma, o sumo sacerdote.


Organización económica:

A agricultura foi a espiña dorsal da economía maia dende a época precolombina e o millo é o principal cultivo. Os Maias tamén cultivaron algodón, patacas, xudía doce, mandioca e cacao.

Avances Científicos
Un dos seus maiores avances foi o sistema matemático que inclúe un díxito igual a cero.
Entre os maias, a cronoloxía foi determinada mediante dous sistemas de calendario: un sagrado e outro civil. Como grandes astrónomos elaboraron un calendario de gran exactitude. O ano comeza cando o sol atravesa o apoxeo o 16 de xullo e tiña 365 días, 364 deles estaban agrupados en 28 semanas de 13 días cada unha, e o ano novo comeza no día 365. . Chegaron a pronosticar que o 21 de decembro de 2012 acabariase o mundo.

Relixión:

Os antigos maias posuian deuses correspondentes aos catro puntos cardinais. Eran politeístas: Ahau Kin (deus do sol) representabase como un vello de ollos cadrados.
Buluc Chabtan (deus da guerra e dos sacrificios humanos).
Chac (deus da chuvia, representabase como un ancián con un ollo de reptil, unha nariz longa enrolada e dous colmillos. Ix Chel (deusa lúa).


A desaparición deste pobo debeuse probablemente a unha gran sequía que produciuse no seu entorno. Os sedimentos dos lagos do Yucatán conservan na memoria unha sucesión de sequías a partir do siglo IX, unha delas durou uns 150 anos. Tamen influíu a rebelión das aldeas, levantamentos internos contra os gobernantes, epidemias e fenómenos naturais que diezmaron á poboación.

Que hai de verdade na profecía maia que augura o
FIN DO MUNDO para o
21 de decembro de 2012?



(Artigo de Francisco Vázquez Maya)


Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 19-12-2012 21:36
# Ligazón permanente a este artigo
Os Hopis
Os hopi, denominación derivada de "hopitu" (o pobo pacífico) constituen unha comunidade amerindia de aprox. 10.000 persoas. Hoxe ocupan un territorio de Estados Unidos nas mesetas do noreste do estado de Arizona. Constituen un pequeno grupo de aldeas autónomas en Arizona, na reserva federal ¨Pueblo Navajo¨. Falan unha lingua uto-azteca e son uns dos poucos grupos aboríxenes que mantén a súa cultura intacta ata a hoxe.
Adicabanse a agricultura. Cosechaban e almacenaban millo, xudias, cabazas e froitas. As casas, construidas por mulleres eran de adobe e arcilla. Tamén adicabanse a texer mantas ou cestos e a alfarería.
A tribu agrupabase en clanes, tendo cada un a súa propia historia, e a relación é tan forte dentro deles que non se permitía o matrimonio dentro do mesmo. Practicaban a monogamia, e as líneas de descendencia son matriarcais. As rapazas vírxes levaban un peiteado característico que imitaba unha flor da cabaza.

Pobo profundamente pacifista, non permitían a violencia, xa que unha man levantada con intención de agredir, golpeaba a orde natural do mundo. Para evitar as loitas, os espíritus lles dividiron en dous grupos, gobernando medio ano cada un de eles.


En 1931 foron visitados polo científico Albert Eisntein, pero eles afirman que os seus antepasados foron visitados por seres procedentes das estrelas que desprazabanse en escudos voantes e dominaban o arte de cortar e transportar enormes bloques de pedra, así como de construir túneis e instalacions suterráneas. Estes salvadores eran os katchinas, que significa “sabios, ilustres e respetados”.


De acordo coa súa tradición, a historia da humanidade está dividida en períodos que eles denominan mundos, os cales están separados entre sí por terribles catástrofes naturais: o primeiro mundo sucumbió polo lume, o segundo polo xeo e o terceiro pola auga. Noso actual mundo, que é o cuarto mundo, según as súas profecías, está chegando ao seu fin, e dará paso a un novo nun futuro no moi lonxano. En total, a humanidade deberá percorrer sete periodos.
Preto de Oraibi ( Arizona) hai un petroglifo coñecido como a Rocha das Profecías Hopi, a cal simboliza moitas das advertencias que os nativos Hopi legaron á humanidade. No seguinte video mostramos o seu contido:




Algunhas destas profecías xa se cumpliron.
Que pasará ca última delas?.


(Artigo de Joshua Covelo Pascual)


Escribe o teu comentario (9) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 05-12-2012 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons