O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Bo Nadal (by Nerea Castro & Sarai Prol)
O CLUBE DAS IDEAS
deséxabos a todos
Feliz Nadal
e moita ilusión cara o novo ano.

Música: Concerto para clarinete KV622 (Mozart)


(fai clik ó comezo da presentación e despois deixa que as diapositivas pasen soas)


Escribe o teu comentario (1) - Categoría: Creacións nosas - Publicado o 21-12-2010 22:51
# Ligazón permanente a este artigo
Pequena homenaxe de despedida.


Neste ano 2010, ano xa a punto de rematar, deixáronnos algúns homes e mulleres importantes do mundo da cultura, tanto nacionais como internacionais. Para todos eles o noso recordo e unha sinxela homenaxe ó seu traballo.



Alexander McQueen (11 de febreiro) Londinense que dende pequeno xa tiña clara a súa vocación de deseñador. Despois de traballar para coñecidas marcas creou a súa propia firma, coñecida nos tabloides británicos polo seu estilo rompedor. En outubro de 1996, McQueen gañou o premio ao mellor deseñador do ano, e grazas a súa brillante técnica foi nomeado sucesor de Jonh Galliano. En 2003 lanzou o mercado o seu primeiro perfume, Kingdom e unha colección de roupa para home feita a medida. Morreu ós 40 anos, algúns din que suicidouse por unha depresión causada pola norte da súa nai días antes.


Dennis Hopper (29 de maio) Foi un actor e director de cine estadounidense. Saltou a fama ó dirixir e actuar o lado de Peter Fonda na película Buscando mi destino. A finais do ano 2009 foille diagnosticado un cáncer de próstata. En marzo confirmouse que perdeu uns 45 quilos. En maio faleceu en California.

Jose Antonio Labordeta (19 de setembro): Foi un cantautor, escritor e político español. En 1972 fundou, xunto con Eloy Fernández Clemente, a revista cultural Andalán. En 1976 participou na creación do Partido Socialista de Aragón e máis tarde se presentou ó Senado por Esquerda Unida. Foi elixido deputado por Zaragoza en 2000, e foi o representante deste partido no Congreso dos Deputados dende o ano 2000 ata o 2008. Recibiu a medalla de ouro o Mérito no Traballo, o recoñecemento da Gran Cruz de la Orden de Alfonso X O Sabio e a Medalla de Aragón.

Ana Kiro (24 de setembro). Cantante cunha das máis amplas carreiras discográficas de Galiza (32 discos). Ate 1999, ano en que deixou de ofrecer actuacións en directo debido a problemas de saude, esta cantante ofrecía unha media de cen concertos ó ano. Retirouse da música en 1998 e dedicouse a televisión como actriz.


Manuel Alexandre (12 de outubro). Foi un actor español. Iniciou a carreira de dereito pero a deixou e iniciou a de periodismo que deixou debido á Guerra Civil. Iniciou a súa carreira de arte dramático en 1945 na compañía Társila Criado. Debutou no cine no ano 1947. En Televisión Española participou en máis dun centenar de espazos dramáticos e outros programas. Tiña unha gran afección pola literatura e a pintura, e foi habitual no faladoiro do Café Xixón en Madrid. O seu último traballo foi 20-N: los últimos días de Franco (2008), un telefilme onde encarna o ditador Francisco Franco nos últimos días da súa vida. Morreu debido a un cáncer.

Mari Carmen Cuesta (17 de outubro). Compañeira e supervivente dun dos primeiros sucesos de represión do réximen do xeneral Francisco Franco unha vez finalizada a Guerra Civil, coñecido co nome de Las 13 Rosas, faleceu un sábado en Valencia ós 87 años. A súa historia foi recollida fai uns anos na novela de Carlos Fonseca do mesmo nome.

Alberto Oliveras (13 de outubro). Periodista destacable nos programas da radio. En 1956 obtivo o Premio Ondas de novela pola adaptación ó cine e a televisión da súa novela “Nunca pasa nada”. Traballou en Cadea Ser e en Radio Nacional de España. Presentou un concurso en Televisión Española.

Marcelino Camacho (29 de Outubro). Foi un destacado periodista e sindicalista español. Fundador e primeiro secretario de Comisións Obreiras (CCOO). Loitou na guerra civil no bando republicano polo que foi encarcerado e obrigado a exiliarse. Recibiu algunhas condecoracións como La Medalla do Mérito Constitucional da man do Rei. Un dato importante deste señor é que foi un preso político durante 14 anos por defender os seus ideais.


Luis García Berlanga (13 novembro). Iniciou a súa carreira de Dereito e logo de Filosofía e Letras, pero máis tarde, en 1947 ingresou no Instituto de Investigacións e Experiencias Cinematográficas de Madrid. Durante a súa xuventude uniuse a División Azul para evitar represións políticas polo cargo de Gobernador Civil que o seu pai desempeñara en Valencia durante a República española. Debutou como director en 1951 coa película Esa parella feliz, na que colaboraba con Juan Antonio Bardem. Xunto a éste, se lle considera un dos renovadores do cine español da posguerra. Entre as súas películas destacan títulos célebres da historia do cine español, como El verdugo o Bienvenido, Mister Marshall.

O seu cine caracterizouse pola súa ironía e as súas ácidas sátiras sobre diferentes situacións sociais e políticas. Na etapa da ditadura franquista despuntou a súa habilidade para burlar a censura da época con situacións e diálogos non excesivamente explícitos pero de intelixente contra-lectura e conseguiu levar a cabo proxectos tan atrevidos como Los jueves, milagro. En 1986 recibiu o Premio Príncipe de Asturias das Artes e en 1993 o Goya o mellor director por Todos a la cárcel. A súa película Plácido foi nomeada para o Óscar a mellor película de habla non inglesa en 1961. Recibiu innumerables premios e galardóns internacionais nos máis importantes festivais (como Cannes, Venecia, Montreal e Berlín). No Festival de Karlovy Vary foi elexido como un dos dez cineastas máis relevantes do mundo. Posue un incontable número de recoñecementos nacionais. Faleceu os 89 anos por causas naturais.


(Artigo de Raquel Lestón e Xavier Montenegro)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 15-12-2010 18:42
# Ligazón permanente a este artigo
Zoon Politikón

A Natureza pode parecer un todo armonioso no que reina un admirable equilibrio.
Así as relacións entre os distintos individuos de cada especie animal aparecen reguladas por programas de conducta innata.

A vida xenuinamente humana
emerxe á marxe da lóxica que impera no conxunto da natureza e
é o resultado da nosa capacidade creadora e transgresora que sitúa a especie nunha nova dimensión: a da liberdade

Tendo en conta o estudado en clase

¿serias capaz de comentar algúns dos conceptos que aparecen no mapa anterior?



Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 02-12-2010 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons