O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Lúa (by Laura Márquez & Mario Gradín)

O CLUBE DAS IDEAS
deséxabos a todos
Bo Nadal


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Creacións nosas - Publicado o 20-12-2009 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Unha lei nova para un vello problema!

Escoita a Claudia, Lucía, Carlota
e Raquel




Fai poucos dias o Congreso dos Deputados aprobou con 183 votos o primer trámite parlamentario do novo proxecto da lei do aborto. Nas palabras da ministra Bibiana Aído este é un proxecto moi demandado na súa orixe, meditado na súa elaboración e equilibrado nos seus termos, alonxado de dogmatismos e imposicións morais.

O certo é que no ano 2007 realizaronse neste país 112.000 abortos , deles aredor de 6000 foron a mulleres menores de 18 anos e 500 a nenas que non chegaban ós 15 as cifras mostran que hai un grave problema.

A reforma da Lei do aborto, denominada agora Lei de Saúde Reproductiva e Interrupción Voluntaria do embarazo, xera na nosa sociedade unha gran polémica. Algúns sectores opinan que é axustada a dereito, que é acorde cas lexislacións europeas e que responde a carencias que ten a lei actual.

Varios grupos do parlamento mostraron o seu desacordo sobre todo no tocante á posibilidade de que rapazas menores de 16 anos poidan abortar sen consultar ós seus pais. A ministra de Igualdade deixou aberta a posibilidade de modificar con algunha enmienda ese aspecto, pero o Goberno califica de "irrenunciable" a potestade da menor a poñer fin o seu estado de xestación, sexa cal sexa a opinión dos seus pais.


Que está a pasar?

A que idade ocorre a madurez?

Ti que opinas?




Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-12-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons