O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Boas Festas / Feliz Navidad / Merry Christmas......
Con este fermoso traballo
de Andrea e Gonzalo,
desexámosvos a todos
BO NADAL


Escribe o teu comentario (2) - Categoría: Creacións nosas - Publicado o 15-12-2008 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
A arte de escribir ben
En ocasións, a expresión escrita condiciona a calificación dos traballos e dos exames. É habitual que ao recibi-la nota dun exame, levémonos unha sorpresa negativa porque nós esperabamos unha nota mellor.


O feito de ter unha letra horrible e difícil de entender, cometer moitas faltas ortográficas, esquecerse de signos de puntuación ou de ser incapaz de redactar máis de dúas frases seguidas son feitos que influen nas nosas notas. Por iso, adicar un pouco de tempo a mellora-la técnica de escritura supón unha boa inversión de cara ao futuro rendemento académico de calquera estudante.

Aquí tedes unha lista de algúns erros de redacción máis comúns:


1. Dequeísmo: uso incorrecto da preposición de: “creo de que...”.
2. Erros de concordancia: “as asociacións de alumnos quere convocar unha folga”.
3. Pleonasmos: “subir arriba”, “entrar adentro”.
4. Abuso de muletillas e comodíns: “a nivel de”, “de cara a”.
5. Construcións incorrectas: “Se pode entrar?”

E aquí ofrecémovos algúns consellos para mellora-la vosa escritura:

1. Redacta parágrafos máis ou menos iguais.
2. Divide as oracións con punto e seguido.
3. Non empeces as oracións con adverbios nin abuses dos adxectivos.
4. Evita a ambigüidade, pode crear dúbidas.
5. Moi importante, sé elegante: pensa que a xente vaite ler.


¡¡ BOS TRABALLOS !!



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Ensinanza - Publicado o 05-12-2008 21:40
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons