O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

España, un país plural
A independencia catalá levantase sobre o principio de que Cataluña é unha nación soberana, e non alcanzará o seu completo desenvolvemento político, cultural, social e económico mentres forme parte de España. O que leva aos independentistas a esa convición é o seu pasado histórico e cultural, a lingua e o dereito civil catalán. Segundo esta tese Cataluña foi unha nación oprimida por España dende a súa ocupación polas tropas borbónicas en 1714, e a posterior supresión das institucións catalás e prohibición da súa lingua polos Decretos de Nueva Planta, promulgada polo rei Felipe V.

Se ben no pasado existiron grupos terroristas, como por exemplo o “Exercit”, hoxe o independentismo catalá é un movemento democrático e pacífico que rexeita a violencia.

Que pensa o goberno español?. O goberno do Partido Popular defende unha España unida e monárquica, que comprende 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas. Segundo a Constitución, España se define como un Estado social e democrático de dereito, e cuxa forma de goberno é a monarquía parlamentaria. Ante a consulta independentista realizada o 1 de outubro o goberno sempre repite o mesmo argumento: "é anticonstitucional e, polo tanto, é ilegal e non ten validez".

Tamén o conxunto da cidadanía española móstrase contraria a estas reivindicacións. Hai moitas cousas que me gustaría dicir sobre esta cuestión que tanto conflicto está provocando: a independencia.

En primeiro lugar, os españois non constituimos un pobo uniforme e homoxeneo; ao contrario, somos plurais e cunha gran diversidade de costumes, linguas e sensibilidades. O de "unha España grande e libre", monolítica e uniforme ten que ser superado. E ninguén ten que ir ao cárcere por defender aquelo que lle identifica e lle diferencia do resto.


En segundo lugar, por qué a poboación de Cataluña non pode ter no seu estatuto de autonomía as mesmas vantaxes que o País Vasco e Navarra? A Constitución non di que todos somos iguais ante a lei?. Acaso non están sendo discriminados?.

Falantes de español, quéixanse de que, no seu territorio (Cataluña), impoñen a súa lingua, o catalán. Son realmente eles os impositores? Acaso non son os falantes de castelán, os que forzan o español no seu territorio? ou é que o catalán ten forzado outras zonas do país para que falen a súa lingua? Non. Calquera defensa dun patriota español, dá a razón a un nacionalista catalán para aferrarse as súas ideas. Se collemos o argumento dos nacionalistas españois de que España é España porque se fala castelán, entón tamén podemos dicir que Cataluña é Cataluña porque se fala o catalán.

Pero, deixando a cuestión da fala aparte, o acontecido nos últimos meses no noso país é clara mostra da incompetencia dunha clase política incapaz de encauzar axeitadamente as reivindicacións que plantexa parte da cidadania do século XXI, unha cidadanía que quere ir máis aló e que non ten medo ao futuro.

(Artigo de O clube das ideas)





Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Actualidade - Publicado o 09-11-2017 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons