O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

PARTICIPA nas eleccións ao CONSELLO ESCOLAR !
A convivencia forma parte do noso mundo social básico. No instituto a convivencia constrúese a través das relacións interpersoais que se dan entre todos os membros da comunidade educativa (profesores, alumnos, nais, pais e persoal da administración e servizos). A participación activa de todos os membros desta comunidade é imprescindible para crear un clima agradable e unha aprendizaxe eficaz.

As canles de representación e participación no centro escolar son:

- Os delegados/as de curso
Todo o alumnado que forma parte da comunidade educativa está chamado á participación na xestión e organización do centro, pero non poden participar de forma directa nas decisións, por iso se elixen representantes que acheguen e transmitan as súas opinións e suxestións: son os delegados ou delegadas do curso.

- O Consello Escolar
Este é un órgano de participación no funcionamento do centro, nel está representada toda a comunidade educativa. Os seus membros deben levar a cabo o proxecto educativo. Coñeces as súas funcións?.

Ao votar a un delegado/a ou un membro do Consello Escolar estás exercendo un dereito democrático como fan os adultos cando hai eleccións xerais, municipais ou autonómicas. É importante, pois, realizar a elección reflexionando previamente con seriedade e rigor. Recorda, pois, o vindeiro 24 de novembro poderás elexir aos teus representantes ao Consello Escolar do centro.


Que calidades debe ter un bo representante do alumnado?

Poderías ser ti unha boa candidata/o?

Que calidades tes?


(Artigo de O Clube das ideas)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 17-11-2014 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Corpos moldeados, mulleres e homes sometidos.
Falamos de vulnerabilidade cando nos referimos á condición de indefensión na que se pode atopar unha persoa, grupo ou comunidade. A pregunta que queremos plantexar é a seguinte: somos vulnerables ós medios de comunicación? Aféctanos de modo inconsciente os prototipos que lanzan de corpos ideais e perfectos?

O termo mass-media (medios de comunicación de masas) indican os instrumentos que permiten unha difusión colectiva dos contidos a calquera individuo ou colectivo, dende a televisión ou redes sociais a un libro ou prensa.Hai quen ve en eles, como preocupación, un poderoso instrumento de homoxeneización cultural, do aplastamento xeral a base de lugares comúns, da pasividade e da ausencia do sentido crítico. Trátase dunha realidade que hai que dominar e guiar coa competencia e sabedoría para que sirva ó home e á comunidade humana.

Se ben non eres quen de tratar ben esta realidade, é aquí onde podemos falar dun ser vulnerable. Os medios a miudo difunden por exemplo imáxenes de mulleres físicamente “perfectas”, o chamado “90-60-90” polas cales, no ámbito feminino moitas mulleres do século XXI vénse afectadas por este tipo de difusións, xa sexa polas tecnoloxías que utilizan para esterilizalas e dar unha imaxen perfecta como os mensaxes subliminais que poden lanzar.

A coordinadora humanitaria colombiana Diana Britto Ruíz déixanos nun artigo co título “Esa chica tonta”: cuerpos moldeados, mujeres sometidas, unha reflexión acerca dos ideais de beleza feminina promovidos polo mercado e os mass-media, dando conta de datos estadísticos e informes periodísticos dos trastornos que xeneran, en términos de mortalidade e morbilidade na poboación feminina. E a miudo fáise as seguintes cuestións: Como constitúese como suxeito a muller?. Como debe ser unha muller? A educación e o moldeamento do corpo ten sentido na realidade como unha forma de control social.

Ó longo de toda a historia que nos temos idea, dende a prehistoria ata a actualidade, sempre existiu uns cánones de beleza adaptados ás diferentes épocas. Buscando información cheguei á conclusión de que o século XXI é o máis drástico en canto ao prototipo de muller "perfecta", o que quizais agora está visto como unha muller “mal formada”, “gorda”, “fea” e outras palabras fora do contexto, ó longo da historia tomábano como o fermoso dunha muller (Rubens...). Dícese que nos séculos anteriores os homes procuraban mulleres cos órganos reproductores moi marcados (peito pronunciado, ventre, cadeiras anchas…) para que á hora de dar a luz fóse menos complexo e os nenos e mulleres non morrésen no feito. Ainda que quizais eran estas mulleres as que escollían con quen formar unha familia.


Buscando algunha outra opinión sobre o tema dos estereotipos atopamos que en épocas pasadas, na antigüidade clásica:
Os gregos legáronnos a idea da belleza perfecta: homes e mulleres con músculos ben marcados, desenrolados, cintura estreita; a muller cos peitos redondeados e turxentes, cadeira redondeada; ambos con cabelos loiros (ou claros), tez blanca e ollos claros.
A realidade di que non existe o físico perfecto, nin de homes nin de mulleres. Ademáis cada un de nos ten un ideal de beleza, que se ten remembranzas dos gregos, tamén fúndese cos patróns de beleza máis actuais.


Estes modelos sociais causan as veces problemas alimenticios tanto en mulleres, como a bulimia ou anorexia, ou nos homes a vigorexia ou anorexia tamén.

Está o caso de Valeria Levitin, unha muller rusa que sufriu case toda súa vida debido á anorexia. Como ela di “Empecei por querer baixar uns kilos e agora non podo subir o necesario para estar saudabel.” Valeria Levitin, chegou a pesar con 40 anos tan só 25kilos, convertíndose así na muller máis delgada do mundo. Finalmente di así: “Cando me mudei a EEUU agás da presión da miña nai por ser delgada, ía na procura de ser aceptada na nova sociedade na que me encontraba. Quería ser como as demáis. Comecei por eliminar algúns azucres ou carbohidratos e rematou sendo un círculo vicioso do cal arrepíntome.”


O filósofo Michel Foucault explica como funcionan, en termos descriptivos, os fenómenos de consumo que promoven a delgadeza e a xuventude como características positivas, que nos conducirían a un estado de saúde, beleza e felicidade. Neste sentido, este artigo proxecta ser tanto unha aplicación da filosofía do autor francés, como "una lectura", novedosa do tema. Se ben Foucault non estudou directamente este tipo de temáticas, baixo unha contextualización das súas formulacións, tomámolo como o marco e eixe principal que nos guiará a problematizar, vincular e comprender as lóxicas que operan nos discursos de beleza física e de consumo.

(Artigo de Uxía Soliño Alonso)


Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 12-11-2014 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cataluña independente ?
A independencia catalá levantase sobre o principio de que Cataluña é unha nación soberana, e non alcanzará o seu máximo esplendor cultural , social e económico mentres forme parte de España. O que lles leva a esa convición é o seu pasado histórico e cultural, a lingua e o dereito civil catalán. Segundo esta tese Cataluña foi unha nación oprimida por España dende a súa ocupación polas tropas Borbónicas en 1714, e a posterior supresión das institucións catalás e prohibición da súa lingua polos Decretos de Nueva Planta, promulgada polo rei Felipe V.

Se ben no pasado existiron grupos terroristas, como por exemplo o “Exercit”, hoxe o independentismo catalá é un movemento pacífico que rexeita a violencia.

Que pensa o goberno español?. O goberno do Partido Popular defende unha España unida, que comprende 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas. Segundo a Constitución se define como un Estado social e democrático de dereito, e cuxa forma de goberno é unha monarquía parlamentaria. Ante a consulta independentista que queren facer algúns, o goberno sempre repite o mesmo argumento: "é anticonstitucional e, polo tanto, non se pode facer".

Pero ... realmente preocupa ao goberno que a consulta sexa anticonstitucional?. Cales son as razóns polas que a poboación española rexeita estas reivindicacións?. Hai moitas cousas que me gustaría dicir sobre esta cuestión que causa preocupación : a independencia.
En primeiro lugar, a poboación tende a xeneralizar, e só polo simple feito de dicir "Eu son catalán", moitas persoas miran para ti con desprezo e rexeita. Non podo entender como a xente no século XXI, poder ter este tipo de prexuízos e menosprezar a seres humanos ata chegar a chamalos ``escoria de España” polo sinxelo feito de ter nacido nun lugar diferente do seu. Por riba dunha constitución, goberno ou ideoloxía, está a educación, que está moitas veces ausente na poboación actual.

Non entendo as queixas por mor da independencia, se noutras comunidades do Estado español, rexéitanos e fan boicot aos seus produtos!. Ademais, por que non poden ter os mesmos privilexios que o País Vasco e Navarra ? A constitución non di que todos somos iguais ante a lei?, despois RECLAMAN que o referendo é anticonstitucional, a caso non están sendo discriminados?.

Falantes de español, quéixanse de que, no seu territorio (Cataluña), impoñen a súa lingua, o catalán. Son realmente eles os impositores? A caso non son os falantes de castelán, os que forzan o español no seu territorio? ou é que o catalán ten forzado outras zonas do país para que falen a súa lingua? NON. Calquera defensa dun patriota español, dá a razón a un nacionalista catalán para aferrarse as súas ideas. Se collemos o argumento dos nacionalistas españois de que España é España porque se fala castelán, entón tamén podemos dicir que Cataluña é Cataluña porque se fala o catalán.

Xa non é un sentimento, unha ideoloxía, unha forma de vida .. é que, no século XXI, cunha suposta DEMOCRACIA, as persoas teñen o dereito a pedir a igualdade que merecen.



(Artigo de Alba Covelo Costa)





Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-11-2014 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons