O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

OS XUICES FAN XUSTIZA
Un xuíz é aquel letrado que ten a máxima autoridade nun tribunal de xustiza. É aquel que logo dun análisis exhaustivo dos feitos e as defensas de cada parte ten a capacidade de xulgar libremente e impoñer penas ou liberdades según sexa o caso. Tamén administra a xustiza de maneira que quede equiparada aos principios morais nos que se basea, tendo experiencia para poder desenvolver a capacidade de xulgar xustamente.

Os xuices as veces contestan cun: sempre son xusto, as veces son xusto, cando quero o son, na medida que me deixen son xusto. Todas as voces, todas, na nosa opinión teñen algo de razón, e se é así, poderíase dicir que dende una perspeciva psicolóxica, o acto de xustiza é relativo, porque é subxetivo.

Existen varios tipos de xuices:

-Maxistrado o xuíz supremo, é calquera dos maxistrados que se atopan no último grao da carreira xudicial. Habitualmente integran a respectiva Alta Corte.

-Xuíz ordinario é todo aquel que exerce a súa xurisdicción por dereito propio e se atopa establecido por oficio permanente para administrar xustiza nun punto determinado.

-Xuíz convencional polas mesmas partes para entender en un negocio determinado, o cal non ten propiamente o cargo público de xuíz, sendo só un particular, coa potestade, baixo o cumplimento de certos requisitos, de resolver un problema particular e concreto.

-Xuíz superior chamado tamén xuíz ad quem que é o que ten autoridade para xulgar as causas en apelación e coñecer das queixas contra os inferiores.

-Xuíz privativo é o que ten a facultade para coñecer unha causa, con inhibición ou exclusión do ordinario que debería coñecerla; ou o que exerce algunha xurisdicción privilexiada en orden a certas persoas ou asuntos.

-Xuíz promiscuo é o que coñece todo tipo de asunto, dentro da súa xurisdicción territorial, con algunhas salvedades.

As tres claves


Os puntos fundamentais do caso Marta del Castillo

Fai un ano, o maxistrado Javier González Fernández dictaba que o procedemento aos catro imputados maiores de idade fora enxuiciado por un tribunal profesional e non polo xurado popular.
Para José Joaquín Gallardo, decano do Colexio de Avogados de Sevilla, a opción do tribunal profesional sería a máis acertada, porque dá máis garantías dunha xusta resolución. «O xurado popular podría garantizar un pronunciamento de culpabilidade, ao deixarse levar, quizas, polos medios de comunicación e o tratamento que están facendo do caso, pero ao final son os xuices os que teñen a última palabra e poden chegar a anular as sentencias».


O xuíz relaciona as donacións do PP cos ingresos nas contas suizas de Bárcenas



Trátase da primeira vez que o maxistrado relaciona as contas suizas de Bárcenas con as anotacións da suposta contabilidade paralela do partido que levaba o extesoreiro. Os apuntes de Bárcenas consignan supostos pagos en negro ao PP de empresarios do sector de obras públicas ?uns 8,3 millóns entre 1990 e 2008? e o uso destes fondos para sufragar gastos do partido e para abonar sobresoldos aos dirixentes da formación conservadora.


O caso Urdangarin queda reducido a cargos intermedios en Valencia

A resolución do Tribunal Superior de Xustiza valenciano na que rechazó imputar á alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, e ao expresidente da Generalitat Francisco Camps no caso Urdangarin instaba formalmente ao xuiz instructor de Palma José Castro a seguir investigando, deixando así aberto o camiño a unha eventual asunción do caso. Na práctica, sen embargo, segundo apuntan fontes xurídicas, os maxistrados deron con aquel auto un portazo. Isto fai practicamente imposible que ambos políticos cheguen a ser xuzgados polos feitos: haber provocado que o Instituto Nóos se embolsara ilegalmente máis de tres millóns de euros das arcas públicas valencianas, segundo o criterio que o xuiz Castro planteou na exposición motivada e foi rechazado polo Tribunal Superior de Xustiza.

(Artigo de Andrea Rodríguez e Iria Alonso)

Escribe o teu comentario (8) - Categoría: Actualidade - Publicado o 21-11-2013 11:59
# Ligazón permanente a este artigo
Hora de ler
Baixo este título inauguramos este ano unha nova sección no blog.
Recolleremos nela unha selección de obras de actualidade
relacionadas ca temática que nos ocupa en "Etica e Filosofía do Dereito".


A obra ¡Indignádevos! (Indignez vous!), foi escrita e publicada en 2010 polo alemán Stéphane Frédéric Hessel (1917-2013), de orixe judío, capturado pola Xestapo e recluído nos campos de concentración.
Foi traducida ao galego con prólogo de Manuel Rivas, e aínda que tamén conta cunha versión en español con prólogo de José Luis Sampedro, centrarémonos na primeira versión.
Non é nin un libro nin un ensaio, é un manifesto ideolóxico que invita a que fagamos unha reflexión.

Os temas principais son a política, a economía e a socioloxía, pero o seu obxectivo é lanzar unha mensaxe de protesta pacífica. E sin duda o logrou, xa que as protestas de España en 2011, en especial o Movemento de Indignados 15-M teñen relación co libro e coas ideas planteadas nel. Hessel enterouse disto e dixo ?estou agradablemente sorprendido, mostráronme o xornal español e o miraba coma un neno que observa un agasallo".

A obra (moi fácil de ler, xa que soamente conta con 47 páxinas) comeza situándonos na súa participación na resistencia francesa anti-nazi. Continúa falando da idea que él ten da indignación e da crítica do estado actual da economía. Stéphane invita sobre todo aos adolescentes a despexarse, observando o mundo real e a cambiar a indiferencia por unha indignación activa, pola insurrección pacífica. Según a opinión do autor, «todo bo cidadán debe indignarse porque o mundo vai mal, gobernado por uns poderes financieiros que o acaparan todo». Ademáis, pensa que «os adolescentes de agora xogan coa liberdade e os valores máis importantes da humanidade».

Esta obra recibiu críticas de todo tipo, dende negativas, xente que non comparte o térmo indignación polo seu carácter negativo e que preferiría outro térmo como mobilización ou compromiso. Indignación recorda a loitar en contra e hai que concienciarse de que hai que loitar a favor, buscando un cambio positivo. Aínda así, predominan as críticas favorables, por algo o libro é conocido como ?O libro que despertou a conciencia de máis dun millón de franceses?.




Pensas que as manifestacións sirven para cambiar as cousas a mellor?

Qué motivos te levarían a sair á rua?

¿Formas parte do gran grupo de indignados pola situación política actual?


(Artigo de Paula Crespo)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Hora de ler - Publicado o 07-11-2013 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0