O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Día mundial contra a violencia de xénero


A violencia non é unha realidade nova. Desde o inicio da humanidade houbo mostras de violencia, como as matanzas das poboacións vencidas en tempo de guerra ou as formas de escravitude en tempo de paz. Afortunadamente, o proceso de civilización permitiu desenvolver unha maior sensibilidade ante formas de violencia antano aceptadas con naturalidade.

Tampouco a violencia contra as mulleres é novidosa. A violencia de xénero é un abuso exercido contra calquera muller polo simple feito de selo. Defínese como calquera acto que supoña o uso da forza ou a coacción con intención de promover e perpetuar relacións de poder e de submisión entre homes e mulleres. Podemos distinguir catro modalidades de violencia de xénero na nosa sociedade:


a) A violencia física, incluíndo todos os actos de forza contra o corpo da muller.

b) A violencia psicolóxica, incluíndo calquera comportamento agresivo, verbal ou non verbal. Ameazas, humillacións ou abusos, a obediencia ou a esixencia de submisión, a coerción, insultos, illamento, culpa ou limitacións da súa esfera de liberdade.

c)A violencia económica, incluíndo a privación intencionada, e non legalmente xustificada, dos recursos precisos para o benestar das mulleres e dos seus fillos, tamén incluese a discriminación no subministro de recursos compartidos na área da parella.

d)A violencia e abuso sexual, incluíndo calquera acto de natureza sexual forzada por parte do autor ou sen o consentimento da muller, abarcando a imposición pola forza ou intimidación, sexo non consensual, e abuso sexual .


En España a taxa de violencia de xénero contra a muller é moi alta. Noutros países a discriminación que padecen as mulleres vese reflectida en costumes como os seguintes: as mulleres reciben a metade da herdanza, precisan poñerse a burka, non poden andar a pé polos barrios, tampoco poden reunirse en grupos publicamente, elas non poden divorciarse do seu marido nin teñen dereito ó ensino, mulleres menstruadas non poden entrar nas mesquitas nin poden ler o Corán.

As nenas que teñen prematuramente o seu primeiro período (9 anos) son consideradas mulleres adultas, de xeito que os pais están a buscarlles marido. A familia da nai non terá os dereitos con relación á elección do marido, a familia do home é a que vai escoller á muller. As esposas deben aceptar as outras mulleres do seu marido en casa, porque o matrimonio islámico é polígamo Elas son fortemente castigadas con torturas e condenadas a morte por adulterio ou calquera tipo de asunto, mesmo cando se divorcian.

Nos países islámicos comportamentos como o adulterio, a prostitución, o asasinato teñen como castigo a lapidación; para o roubo, a amputación; para o consumo de alcohol os latigazos.

No caso de violación, a muller violada non ten credibilidade, ten que ter a lo menos catro testemuñas do acto, e non poden ser nin familia nin amigos.



Países como Sudán, Exipto, etc ...Practican ablación xenital unha forma de mutilación dos xenitais femininos por razóns relixiosas ou rituais, moitas veces como parte dun rito de iniciación. A mutilación xenital feminina, tamén coñecida como clitoridectomia, implica eliminar con ciruxía partes do clitóris e os labios vaxinais. Tamén é practicada algunhas veces a infibulación, que implica a costura dos beizos deixando só unha pequena abertura a través da cal a urina pode fluír e tamén para o fluído menstrual.


O 23 de novembro un gran tapiz humano
condenará na rúa Urzaiz
a violencia de xénero
e as actitudes machistas.

¡¡ PARTICIPA !!


(Artigo de Stefani de Freitas)

Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Actualidade - Publicado o 19-11-2012 20:01
# Ligazón permanente a este artigo
Es ti maior de idade?
Recentemente no noso país, casos como os de Marta del Castillo ou Mª Luz Cortés fixeron que o Congreso aprobase a pasada semana unha modificación do Código Penal para elevar a idade na que os mozos poden manter relacións sexuais consentidas.

Que é a maioría de idade?, pois é o número de anos que o ordenamento xurídico establece para determinar a plena capacidade xurídica da persoa e supón tamén a madurez intelectual e física suficiente para realizar certas condutas. Na maior parte do mundo oscila entre os 16 e os 21 anos pero nalgúns lugares de Africa alcánzase aos 13 anos.

Que supón alcanzar a maioría de idade para os mozos e mozas?. En primeiro lugar desaparece a patria potestade ou a tutela que os adultos exercen sobre nós, adquirimos o dereito ao voto e recoñécesenos a plena capacidade de actuación.

En España , a idade en que os mozos podemos ter capacidade legal para facer certas cousas foi evolucionando de forma contradictoria. Así, aos 12 anos temos dereito a ser escoitados pola xustiza e recoñécesenos capacidade para decidir en caso de adopción ou acollemento. Un ano máis tarde, aos 13, podemos consentir relacións sexuais sen que constituan delito; contraer matrimonio aos 16 se estivesemos emanciapados ou a partir dos 14 con xusta causa ou con dispensa dun xuíz; os menores podemos conducir un ciclomotor aos 15 anos, pero non podemos transportar pasaxeiros ata os 18. Con todo a escolaridade obrigatoria retennos na escola -aínda que non queiramos- ata os 16 anos e só entón poderemos traballar.
Con 16 anos obtemos a maioría de idade penal e sanitaria, podemos solicitar a pílula contraceptiva ou dar a nosa autorización para realizar unha operación cirúrxica, sen embargo non podemos mercar tabaco, consumir bebidas alcohólicas nin acceder a salas de festa ou discotecas que non sexan "light" ata os 18 anos.



Estas contradicións no noso ordenamento xurídico mostran a disparidade de criterios que os xuristas manexan cando redactan as leis, así como o descoñecemento que hai , por parte de xuices e letrados, desa etapa da vida chamada ADOLESCENCIA, na que se consolidan os trazos máis propios da nosa personalidade.

Quen os entende ...?




Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 04-11-2012 22:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons