Actualmente os temas relixiosos para a xente nova son moi pouco importantes. Se alguén vai a Igrexa non atopará rapaces-as de entre 15-25 anos, porque para nós non é relevante o crer ou non en Deus ou nun Ser Sobrenatural; nós somos a xeración da ciencia, da tecnoloxía; o feito da idea de crer en algo do que non hai probas non nos agrada. Somos máis esixentes e pedimos que se nos confirme.
O tema cobra de novo interese a partir da publicación dá última obra de Stephen Hawking e o científico Leonard Mlodinow: O Gran Deseño. O Big-Bang é unha consecuencia dás leis da Física e non dunha mente superior, afirman os autores
Segundo a teoría M, alí exposta , o universo non é único senón que existen outros máis, do mesmo modo que se creou o noso, no que estamos a vivir pero sen a intervención dá divindade. Na antigüidade preguntabámonos por que existen as cousas ou nós mesmos e, ó non ter un referente pois fóronse inventando diversos Deuses ou Seres que cubrían estas necesidades de coñecer. Hoxe as ciencias aportan moita información sobre o tema, aínda así os científicos recórdannos que as respostas que obtemos interpretámolas segundo a nosa capacidade cerebral xa que hai moitas preguntas que o noso subconsciente aínda non ten a capacidade de responder.
O obxectivo deste libro é proporcionarnos as respostas suxeridas polos descubrimentos e os progresos teóricos mais recentes. Nós vimos dá nada. Dun universo que o contiña todo e que se CREA a si mesmo continuamente, sen intervencións de seres sobrenaturais.
A tecnoloxía pasou por moitas etapas dende os seus inicios ata os nosos días. Comezaremos recordando a Prometeo (Titán e amigo dos mortais). Foi honrado por roubar o lume e a sabiduría dos deuses e darllo ós humanos para o seu uso, como consecuencia foi castigado a que un aguia lle comera o fígado cada amencer, sendo el mesmo inmortal. Prometeo simbolizanos a tradición e a forza, representando o afán de progreso científico e técnico.
Dende ese momento a tecnoloxía avanzou moito, dende as máquinas de escribir ata os ordenadores de hoxe en día. Nos últimos 200 anos foi o axente de cambio da vida moderna e as súas estruturas sociais. Os profesionais que máis contribuiron a modelar a sociedade industrial (capitalista ou socialista) foron os científicos, inxenieros e tecnólogos. O resultado da súa actividade é unha nova clase de sociedade que pode lavar á humanidade a un nivel evolutivo máis elevado ou a súa extinción.
Os dous obxectivos que orientaron ós científicos de tódalas épocas históricas foron coñece-la verdade e transforma-lo mundo aplicando os novos coñecementos que se descubrían. Pero aínda que fora así, na actualidade son cada vez máis os científicos que ven a necesidade de introducir principios éticos entre os criterios do que debe ser considerado unha boa investigación. Deste xeito comezaron a elaborar unha ética profesional co fin de fixar cáles son as normas polas que debe orientarse o seu traballo.
O desenvolvemento das novas tecnoloxías foi posible grazas a unha revolución no tratamento da información. Para un uso axeitado das mesmas os inxeneiros informáticos advertennos que:
1. Non podemos usar unha computadora para danar a outros.
2. Non interferirás no traballo alleo.
3. Non indagarás nos arquivos alleos.
4. Non empregarás unha computadora para roubar.
5. Non empregarás a informática para realizar fraudes.
6. Non copiarás ou empregarás software que non mercaras.
7. Non empregarás os recursos informáticos alleos sen a debida autorización.
8. Non te apropiarás dos dereitos intelectuais doutros.
9. Deberás avaliar as consecuencias sociais de calquera código que desenvolves.
10. Sempre empregarás as computadoras de maneira que respetes os dereitos dos demais.
De que modo inflúe a tecnoloxía na túa vida diaria?
Cantos aparellos tecnolóxicos hai na túa casa?
Cales poden ser as consecuencias do abuso das tecnoloxías?