|
|
Violíns contra a pobreza . |
|
O músico e economista venezolano José Antonio Abreu, fundador do Sistema de Orquestras Xuvenís e Infantís de Venezuela , recibiu o pasado 24 de outubro nunha cerimonia no teatro Campoamor de Oviedo o Premio Príncipe de Asturias das Artes.
O compositor asegurou que ?O Sistema?, nacido en 1970 que creceu ata ter 600.000 rapaces en formación, demostrou un resultado contundente co que se converteu en motivo de orgullo para Venezuela. O Estado tivo que asumir a educación musical como unha obriga sen ter que buscar unha necesidade rentista. O proxecto musical de Abreu parte do convencemento de que o desenvolvemento dun país se vincula cun sistema educativo integral que cultive a sensibilidade e os sentimentos dos cidadáns e non só o intelecto.
Xa hai unha comunidade entre América Latina, Caribe, España e Portugal tan grande que todas esas institucións musicais se asocian a unha inmensa rede que auspicia a educación musical como un proxecto social e primordial dos nosos países.
Hoxe en día o quefacer orquestral
é algo normal,
non é unha rareza,
non é unha actividade de élite.
|
|
|
|
Eleccións á vista !! |
|
Neste curso prodúcese a renovación parcial do Consello Escolar do instituto. É preciso elixir tres representantes do alumnado, outros tres do profesorado e dous representates dos pais/nais. Todo según o seguinte calendario:
6-13 novembro: presentación de candidaturas na Secretaría do centro.
19 de novembro: proclamación listas definitivas de candidatos/as.
24 de novembro: votacións dos alumnos de ESO (dende as 10:30 ata as 14:10); e dos alumnos de Bacharelato (dende as 16:30 ata as 18:10)
26 de novembro: votación do profesorado.
27 de novembro: votación dos pais/nais
!! A túa participación é necesaria !!
|
|
|
|
Recordando a Rosalía (by Sandra Barreiro & Alfonso Martínez) |
|
|
|
|
|
A SOCIEDADE |
|

Moitos son os que afirman que os seres humanos somos seres sociais, que necesitamos vivir xuntos. Nacemos absolutamente indefensos e o periodo de crianza é moi longo, o que crea lazos familiares moi profundos e responsabilidades recíprocas.
O individuo non pode vivir só, e as familias tampouco. Por iso sempre se agruparon en tribus, construiron poboados e cidades cada vez máis grandes, formaron reinos, nacións e Estados. Pasamos das primeiras sociedades recolectoras ás agrarias, e de ahí ás artesanais e as sociedades modernas industriais.
Deste xeito surxíu a Política como a acción orientada á organización e o goberno da vida social. Primeiro foi unha arte (Aristóteles) e despois unha ciencia (Maquiavelo).
¿Serías capaz de comentar algún dos conceptos do esquema anterior?
|
|
|
|