O dereito á intimidade está unido á vida privada das persoas, o ámbito que éstas sempre preservan das miradas alleas, aquél que desexan manter oculto aos demáis por pertencer a súa esfera máis persoal, vinculada coa dignidade e o libre desenvolvemento da súa personalidade.
Tamén temos dereito á intimidade no núcleo familiar, de forma que este dereito recoñécese incluso ás persoas máis expostas ao público, a pesar de que os informativos, xa sexan serios ou informais, violan este dereito con frecuencia. É frecuente escoitar a personaxes públicos famosos queixarse das persecucións de reporteros da prensa "rosa", pois usan calquer tipo de información para explotala e atraer un maior número de audiencia, independentemente de si a información é privada ou no.
O dereito á intimidade consiste nunha especie de barreira ou cerca que defende a autonomía do individuo fronte aos demáis e, sobre todo, fronte ás posibles inxerencias indebidas dos poderes públicos, dos seus órganos e os seus axentes.

Convén facer algunhas puntualizacións: por unha parte, a extensión do dereito vese condicionada polo carácter da persoa e o aspecto concreto da súa vida que se ve afectado, de acordo tamén coas circunstancias particulares do caso. O Tribunal Constitucional interpretou nalgunha ocasión que o alcance da intimidade ven marcado pola propia persoa afectada, ao fin e o cabo cada persoa pode escoller o que desexa facer público nas redes sociais ou calquera outro medio de divulgación informativa.
Coa referencia anterior non se debe crer que as únicas inxerencias á intimidad proveñen de excesos nas liberdades de expresión ou información, ao contrario, a protección do dereito mostrase imprescindible tamén no ámbito laboral. Nos últimos anos cobrou unha gran importancia a necesidade de protección da intimidade fronte a determinados controis de carácter xeral como son os que implica a utilización de videovixilancia. Pero a estas gravacións so teñen acceso determinadas persoas en caso de accidentes, tamén se pode ter acceso a elas cunha orde xudicial.
É preciso engadir que en determinados supostos a intimidade cederá fronte a outros bens xurídicamente protexidos como sucede, por exemplo, nos supostos de investigación da paternidade ou da maternidade o de
controis fiscais, sempre que estén xustificados e resulten proporcionais sobre a base de outros dereitos u outros bens xurídicamente protexidos de interese xeral.
Convén mencionar como nos últimos anos tende a extenderse o alcance do dereito á intimidade persoal e familiar, en relación có
dereito á intimidade do domicilio, en supostos nos que se produce é unha agresión ambiental, xa proveña esta ocasionada por ruidos ou olores.
O desenvolvemento tecnolóxico e o avance das telecomunicacións obriga aos Estados a desenvolver unha lexislación co fin de protexer, garantir e respectar a intimidade das persoas.