O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O castiñeiro, símbolo de eternidade
Como todos os anos, a chegada do mes de novembro marca o comezo dunha festividade moi especial, con multitude de manifestacións populares en todos os recunchos do país. Trátase do día de defuntos, a celebración cristiá consagrada aos fieis que xa non están connosco. O día dos defuntos, ou dos mortos, segue no Santoral católico á festividade de todos os Santos, e existe constancia escrita de que as súas orixes remóntanse ata mil anos atrás, nos inicios do século XI d.C.

Con todo, poucos imaxinan que esta xornada ten en realidade unhas raíces moito máis escuras. En Galicia e noutras rexións de España, as fontes remóntanse ata a épocas anteriores ao propio nacemento de Cristo. Cedeira, municipio da Coruña, celebra todos os anos por estas datas unha orixinal festa de orixe celta denominada Samaín. Ata non fai moito se pensaba que os defuntos visitaban por estas datas as igrexas e ermidas onde se celebraban misas pola súa alma, mentres que nas casas era costume preparar alimentos aos parentes vivos, pero pensados como un xeito de honrar aos mortos. As ánimas volvían así por un día ás súas vellas moradas, para quentarse xunto á cheminea e comer en compañía dos seus familiares vivos, afastando así a tristeza definitiva do camposanto. Herdanza dun pasado ancestral, tamén resultaba frecuente prender unha fogueira común con ramas de tezo, consideradas outrora sagradas, para despois utilizar este lume no aceso de todas as lareiras da comunidade.
É precisamente esta profunda sensibilidade cara ao mundo dos mortos a mellor mostra da orixinalidade celta en Galicia, e por suposto o legado máis estendido do Samaín, unha festa druídica que se remonta aos tempos escuros anteriores ao cristianismo e á cultura imposta polos pobos civilizados.

Na cultura tradicional se simboliza a vida perdurable dos defuntos por medio de plantas sempre verdes ou de longa vida. O castiñeiro, una das árbores máis lonxevas da flora europea, é un acertado símbolo da eternidade. Así, pois, comer castañas no día de Tódolos Santos, ademais de ser un auténtico pracer, equivale a una manifestación publica de fe na vida eterna.

Ademais do magosto profano, que se organiza durante os meses de outubro e novembro no souto, nunha casa ou no forno comunal, existe un magosto relacionado cos defuntos, e que se celebra o día de Tódolos Santos. Foi costume en toda España, e en Italia, comer castañas cocidas e asadas no cemiterio e tamén na casa. En Portugal, ás doce da noite, poñen una mesa con castañas para os mortos.
Nestes días tódolos que teñen familiares no cemiterio limpan as sepulturas, adórnanas con flores e acenden unha lámpada de aceite. As luces acesas son símbolo de vida. As flores leva ós defuntos do mesmo xeito que se lles soe levar ós vivos. Nalgunhas parroquias, o crego percorre o cemiterio rezando responsos polos defuntos, moitos confesan para gañar una indulxencia plenaria para os seus familiares mortos. Outros levaban á igrexa cereais, patacas e outros produtos da terra como ofrenda, outros rezaban o rosario na casa.

Foi no século XIX cando a tradición do Samaín se exportó a Estados Unidos a partir de países como Escocia e Irlanda, cuxa poboación emigró en masa a Norteamérica por mor das hambrunas que abordelaron Europa a mediados de século. Este é a orixe do Halloween actual (térmo derivado de All Hallows´ Eve, Véspera de Tódolos Santos), unha festa reimportada despois ao noso continente nun intento de alienar nosas tradicións máis arraigadas: precisamente aquelas que deron orixe e significado ao rito actual de reverenciar aos mortos.


E tí a quen recordas neste día?


(Artigo de O clube das ideas)


Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 31-10-2016 15:53
# Ligazón permanente a este artigo
Dereito á liberdade de expresión
“Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa das súas opinións, o de investigar e de recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión”.

(Declaración Universal dos Dereitos Humanos, artigo 19)




A pesar do que diga a Declaración de Dereitos Humanos, a realidade é máis ben diferente.Podemos comezar falando dende o entorno mais privado, cando nin sequera tes liberdade de expresión no teu grupo de amigos ou no teu círculo familiar, cando certas cousas que dis son respondidas con crítcas sobre a túa “ignorancia”, xa que os demais non aceptan as túas ideas sobre a realidade.E se a liberdade de expresión a nivel familiar non existe, acaso imos esperar atopala fóra desta?

Pode observarse a falta de liberdade en diversos ámbitos, comezando polo social. Por exemplo, nunha folga, pode verse que existe unha limitación á liberdade, pois en calquera momento un policía pode cargar contra un cidadán, tendo pleno dereito a facelo, se o caso fora o contrario, esa persoa estaría acusada de atentar contra unha autoridade.
Un dos momentos históricos máis importantes, que marcou o camino hacia unha sociedade democrática, conseguindo esta unha maior liberdade, foi a revolución francesa (1789), e foi un conflito social e político acaecido en Francia, con diversos períodos de violencia, que culminou coa instauración dunha República, que se fundamentaba na igualdade de tódolos cidadáns ante a lei.

Debemos chegar entón á conclusión –despois de comentar estos aspectos– de que non existe unha verdadeira liberdade de expresión, e temos que tratar de buscar unha solución a isto, xa que unha persoa sen dereitos non é unha persoa libre, e a liberdade é un dos dereitos máis fundamentais do cidadán.
Pode que atopemos unha solución ao problema partindo das causas que o orixinan:
-O medo un rexeitamento ás persoas que son distintas (xenofobia, homofobia...)
-Unha mente retrógrada.
-Ensinanzas que recibimos dende pequenos, que asumimos como correctas, cando soamente incitan ao rexeitamento dos demais.


Así que, en conclusión, podemos sinalar a liberdade como un dereito fundamental que posúe todo ser humano, e que non debería ser censurado por ningunha outra persoa, institución ou goberno, sen importar quen sea. E debemos de haxar a solución que nos impide ser capaces de disfrutar e vivir conforme a ela.


Cal cres que sería a solución a este problema?
E cal é a túa opinión ao respecto?



(Artigo de Manuel Estévez)



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Dereito - Publicado o 09-10-2016 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons