O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Festa, cultura ou maltrato?
España é un país situado ao sur de Europa, na Península Ibérica. Nel podemos atopar 17 comunidades autónomas. Presume de ser un país turístico e festeiro, a meirande parte das súas festas teñen unha orixe relixiosa, así:

- OS SAN FERMÍNS, remóntanse á Época Medieval, en honor ao patrón de Navarra, San Fermín.
- FESTAS DE MOROS E CRISTIANOS DE ALCOY, nesta festa celébrase a loita entre os habitantes de Alcoy contra as tropas do caudillo musulmán Alazraq. A lenda conta que San Jorge apareceu e decidiu o resultado da batalla.
- FOGUEIRAS DE SAN XOAN, segundo a Biblia Zacarías mandou acender unha fogueira para anunciar aos seus parentes o nacemento do seu fillo San Xoan Bautista, que naceu xusto coincidindo co solsticio de verán.

Aquí mencionamos só tres festas pero a lista pode ser bastante máis longa. Aínda que a súa orixe sexa relixioso, son xa parte da nosa identidade como pobo. Certamente algunhas delas son cuestionables: recente unha festa que se celebra todos os anos o 16 de Setembro, o "Toro de la Vega", motivó un enfrontamento entre os amantes do touro e os antitaurinos, provocando a una moza antitaurina unha ferida grave por mor do golpe dunha pedra lanzada polos seus opoñentes.

Parémonos a analizar esta festa: se o touro rebasa os límites marcados sen que ninguén o alcance, o animal será o gañador do torneo. O toro únicamente pode estar disposto das súas defensas naturais e o torneante ben de pe ou a cabalo estará provisto dunha lanza.

O touro é soltado preto da praza maior e corre escoltado pola multitude, logo baixan pola Rúa do Emperador ata o ponte sobre o río Douro. Pasado o ponte, alcanza a zona do Cristo das Batallas onde centenares de corredores tratan de citalo e recortalo. Alí espérano os cabalistas para proseguir co recorrido ata o Campo de Honor, zona onde comenza o torneo e o touro pode ser alanceado segundo a regulación. O alanceado consiste en afundirlle unha lanza no costado ata a morte.

Pero non é esta é a única festa na que se utilizan animas co obxectivo do seu maltrato ou morte. Tampouco España é o único país no que hay festas deste estilo, para que vexades o nivel ao que estamos aquí temos una pequena lista coas festas máis salvaxes contra os animais en todo o mundo:
Para comezar temos no número 1 ao “Toro de la Vega” previamente citado. Seguidamente temos “el toro del júbilo” (en Soria), o touro é inmovilizado e nos seus cornos colocan dous artiluxios de metal con bolas de lume.
No número tres aparece os “toros enmaromados”, en moitas partes de España celebran festas polo estilo, o touro atado polos cornos é arrastrado por toda a ciudades provocando varios traumatismos.
No número catro temos o “Toro de San Juan” (celebrado en Cáceres), o touro é soltado nun recinto pechado e a modo de diana dispáranlle soplillos contra a súa pel e finalmente é matado dun disparo.
No quinto lugar aparece unha festa búlgara chamada o "xiro do can", consiste en atar sobre ríos xeados a numeresos cans previamente alimentados con grande cantidade de alimento póndolle un tapón no ano, despois de atarlle unha corda polo estómago, quitan o tapón e fannos xirar caendo as feces por todos os sitios.
No sexto posto volvemos a ter unha festa española, concretamente valenciana, "patos á auga": soltan a a uns patos nas augas do porto e os competidores teñen que atrapalos coas súas mans.
A matanza de golfiños en Dinamarca ocupa o posto número sete do noso ránking, cada ano milleiros de adolescentes que chegan a idade adulta dispóñense a matar milleriros de golfiños.
No oitavo posto temos as corridas de gansos en Carpio del Tajo (Toledo), colgan gansos de cordas boca a baixo a certa altura e mozos a cabalo teñen que tirar das cabezas ata que as arrincan. Unha vez arrincadas son queimadas e o gañador recibe un premio.
No último lugar está o "apedreamento de Xudas" celebrado en Madrid na Semana Santa, cando as procesións chegan á plaza, a mocidade do lugar comeza a apedrear a un meco que simboliza a Xudas, rodeado de cántaros que para sorpresa dos espectadores cando son apedreados deixan ver que dentro había gatos e esquíos que morren có impacto.
Como podedes ver dentro das nove festas que máis maltratan a animais no mundo, as festas españolas ocupan sete deses postos. Aínda así hai moita xente que as defenden por ser parte da cultura deste país. Persoas de certa fama non só dentro das nosas fronteiras, senón tamén no extranxeiro como poden ser Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat ou Andrés Calamaro que dí (citado textualmente) que se sente “avergonzado porque un compatriota mío junte firmas para abolir esta tradición noble de mirar a los ojos a la eternidad, el arte y la muerte: las corridas de toros”.

E vós que opinades, podemos catalogar esta barbarie de
festa popular?
Podemos considerala cultura ou maltrato?

Estades a favor ou en contra?


(Artigo de Francisco Javier Suárez Avión)

Escribe o teu comentario (27) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 17-10-2014 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Zombis na vida real.
As redes sociais cambiaron a nosa vida de maneira adictiva. Sen darnos conta, a comunicación virtual entre as persoas forma xa parte rutinaria da nosa vida cotiá. as relacións interpersoais neste mundo virtual exercen máis dominio que unha relación na vida real.

As redes sociais que nós utilizamos para comunicarnos xa sexa Facebook, Twitter, What’s App… non deixan de ser programas feitos por persoas, ós que beneficiamos sen darnos conta ó comunicarnos con alguén. Son unha fonte de beneficios para estas multinacionais.

Aínda así o uso das redes ten as súas vantaxes e as súas contras:

- Á comunicación entre as persoas é máis rápida e directa que antes.
- A comunicación mediante as redes sociais sustituiu as chamadas e mensaxes SMS polo que nos sae máis económico.
- Agora é mais facil usar estas redes sociais a través do móbil, do ordenador, na tablet… xa que son gratuitas e doadas de descargar.
- Moitas relacións naceron na “vida real” grazas a estas aplicacións.
- Poden ser útiles ante unha emerxencia inmediata.
- Poder xerar movementos masivos de solidariedade ante unha situación de crise.
- É un gran ocio e por suposto un gran negocio.

As desvantaxes:
- Afecta a nosa saúde: Estrés, distorsión da realidade, dor de cabeza, daña a vista, provoca algún traumatismo nos músculos e ósos…
- Pode malinterpretarse o contido da comunicación e crear sensacións negativas.
- Son perigosas se non se configura a privacidade correctamente, pois exponen a nosa vida privada.
- Poden darse casos de suplantación de personalidade.
- Falta do usuario no control de datos.
- Son adictivas, e malgastamos máis tempo do que nós podemos imaxinar, perdendo moito tempo para disfrutar da realidade.
- Poden apoderarse de todos os contidos que publicamos.
- Poden ser utilizadas por criminais para coñecer datos das súas víctimas en delitos: como o acoso, o abuso sexual, tráfico de persoas, etc.

Os mozos de hoxe, coma nós, estamos vivindo en primeira persoa os efectos deste mundo virtual. Podemos percatarnos a diario como crece esta adición: quedamos cun amigo e aínda así estamos pendentes do noso móbil, algúns están enganchados toda a noite en lugar de dormir, ó levantarse da cama, o primeiro que facemos con frecuencia é ver se alguén nos mandou unha mensaxe, á hora de comer temos certa inquietude por non poder estar atentos ó aparello e impídenos disfrutar dunha boa comida coa mellor compañía, etc.



As veces nos é difícil relacionarnos na realidade por mor das redes sociais. Deixa de ser un zombie deste mundo virtual, coñece xente en persoa, e disfruta da vida!


Cantas horas ó día estás ti co móbil?

Canto tempo aguantarías sen estos aparellos e redes sociais?

Utilizarías o móbil nas situacións nas que estás acompañado?


(Artigo de Saleta Vidal e Goran Alonso)


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-10-2014 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons