O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O noso berce está en Africa.

Son moitas as relixións que explican a orixe do ser humano. Segundo a relixión cristiá, a primeira terra que se menciona na Biblia é o "Edén". Outros sitúan ese hipotético xardín no continente africano, concretamente en Etiopía .

Ao longo do tempo, moitos científicos e especialmente antropólogos teñen tentando amosar que a familia homínida reproduciuse en África, alí foi onde dimos os nosos primeiros pasos. A especie humana non é allea ó proceso evolutivo da natureza. Os fósiles dos antecesores do humano actual datan duns 4,5 millóns de anos (Australopitecus afarensis) e a comparación entre o ADN do ser humano e o dos grandes monos africanos indica que a liñaxe que deu lugar ao home actual non se separou ata hai 6 ou 8 millóns de anos .
Os humanos actuais (Homo Sapiens) e os seus antepasados directos pertencen á familia dos Homínidos , que xunto coa familia dos Pónxidos (gorilas, chimpancés e orangutáns) integran a superfamilia dos Hominoideos, pertencente á infraorde Antropoideos da orde dos Primates. Hai só 70.000 anos que os nosos antepasados saíron de África para colonizar Europa e Asia. En Herto (Etiopía), o xeólogo Frank Brown atopou, a partir duns sedimentos fluviais, ósos humanos pertencentes aos primeiros Homo Sapiens que viviron alí.




A partir do estudo dos restos fósiles atopados en Olduwai, Lago Turkana, Laetoli, a falla do Rift, etc. naceu o termo de Eva Negra. Con el denominamos ao ancestro feminino común do que a especie humana descende. A investigación xenética actual demostra que ao reconstruír o árbore xenealóxico de todos os seres humanos que viven hoxe, seguindo a liña de cada individuo a súa nai, estarase a retroceder no tempo ata que todas as liñas converxan nun mesmo punto onde todas as fillas comparten a mesma orixe: a Eva Negra ou mitocondrial.




Así produciuse a evolución humana, como a de outras especies, por mor da selección natural, as mutaciòns e o azar, dende o Australopithecus ao Homo Sapiens Sapiens, e dando lugar á especie animal máis evolucionada e desenvolvida ata agora.

(Artigo de Pablo Monroy)


Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 19-10-2012 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Antropo....que?
O interese polo coñecemento da especie humana e as súas culturas existíu dende sempre. Herodoto alá polo século V a. C. estudiou e describiu antigas civilizacións, por exemplo as dos escitas e os exipcios, e propuso unha hipótese sobre a lingua orixinal da humanidade.
Viaxeiros, misioneiros e soldados comezaron alá polo século XV a procurar suficiente información antropolóxica sobre vellas tradicións. Así foi como comezou unha nova ciencia: a Antropoloxía.

O termo Antropoloxía deriva de dous termos gregos logos (estudo) e anthropos (ser humano), e significa "o estudo do ser humano".

Os antropólogos ademais de aprender cousas sobre a bioloxía e a evolución da especie humana (Antropoloxía biolóxica), tamén mergúllanse nas costumes, os ritos e as tradicións culturais dos pobos (Antropoloxía cultural).

Este ano incorporamos ó noso blog novos contidos referidos todos eles a esta materia.



Cales son as ramas principais nas que se divide esta ciencia?

Que relación mentén con ciencias como: a bioloxía, xenética, paleontoloxía, bioquímica, etnoloxía, primatoloxía, ecoloxía...?

Sóanche estes nomes: Mary D. Leakey, E. Tylor, Margaret Mead, Marvin Harris, Ruth Benedict?



Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 02-10-2012 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons