O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O instituto, unha pequena democracia
A convivencia forma parte do noso mundo social básico. No instituto a convivencia constrúese a través das relacións interpersoais que se dan entre todos os membros da comunidade educativa (profesores, alumnos, nais, pais e persoal da administración e servizos). A participación activa de todos os membros desta comunidade é imprescindible para crear un clima agradable e unha aprendizaxe eficaz.

As canles de representación e participación no centro escolar son:
- Os delegados/as de curso
Todo o alumnado que forma parte da comunidade educativa está chamado á participación na xestión e organización do centro, pero non poden participar de forma directa nas decisións, por iso se elixen representantes que acheguen e transmitan as súas opinións e suxestións: son os delegados ou delegadas do curso.

- O Consello Escolar
Este é un órgano de participación no funcionamento do centro, nel está representada toda a comunidade educativa. Os seus membros deben levar a cabo o proxecto educativo. Coñeces as súas funcións?.

Ao votar a un delegado/a ou un membro do consello escolar estás exercendo un dereito democrático como fan os adultos cando hai eleccións xerais, municipais ou autonómicas. É importante, pois, realizar a elección reflexionando previamente con seriedade e rigor.


Que calidades debe ter un bo delegado/a de clase?
Poderías ser ti unha boa delegada/o?
Que calidades tes?



Escribe o teu comentario (32) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 14-10-2010 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Mito e Logos
O inicio da Filosofía está no paso do mito (μuθος) ó logos (λóγος), é dicir, no paso de explicacións tradicionais e arbitrarias a explicacións lóxicas e racionais. Os gregos, protagonistas deste cambio, fundaron o que chamamos Filosofía (φιλοσοφία).

Na Grecia do século VI a.C. uns homes emprendedores comezaron a cuestinar tanto as explicacións que daban os mitos como as pautas de comportamento que ofrecían, foron os primeiros filósofos . Eles desconfiaban das narracións imaxinativas, das explicacións populares e cunha nova mirada, observan e analizan a physis (φύσις) intentando descubrir nela as causas dos acontecementos.

Este paso deuse dunha vez para sempre,
ou temos de novo que repetilo?.


Os mitos non son cosa do pasado. Hoxe, en pleno século XXI tamén temos algúns. Unha das mitificacións mais frecuentes de nosa sociedade reside no poder outorgado á ciencia. Esta parece como un coñecemento obxectivo, rigoroso e definitivo capaz de liberar ós humanos dous seus sufrimentos. Tamén poderíamos falar do mito da opinión pública. Pero a que realidade faise referencia cando falamos de opinión pública?. E finalmente: o poder da tecnoloxía. Os avances na ciencia e na técnica concedenlle ós humanos un poder ilimitado sobre a natureza e a humanidade.



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Filosofía - Publicado o 05-10-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons