ÁGORA,
unha película de Amenabar,
ambientada na Alexandría do século IV,
onde unha muller chamada Hipatia móstrase coma un personaxe fascinante.
A historia de Hipatia vai unida á mítica Biblioteca de Alexandría, onde se acumulaban gran parte dos coñecementos que a humanidade conseguira ata entón, e que ela intentaba defender.

Na película relátanse os desvelos desta muller, primeira científica e filósofa de occidente, por protexer os valiosos papiros depositados alí. E todo isto en Exipto, durante a ocupación romana, fai 1600 anos.
Alexandría, situada no delta do río Nilo, foi fundada por Alexandre Magno e daquela era a cidade máis importante do mundo. Tiña un porto comercial, un xigantesco faro que media 100 metros de altura e que fora considerado unha das setes marabillas do mundo, contaba tamén cunha fastuosa biblioteca, un xardín botánico, e un observatorio astronómico. Cidade cosmopolita exemplar, nela convivian xentes procedentes de moitos lugares.
O seu Museo -chamado así por estar consagrado ás musas, deusas das artes e das ciencias- converteuse no maior centro de investigación da época. Nel estudábase matemáticas, astronomía, historia, física, literatura, medicina, filosofía... e un sin fin de materias. Alí impartía clase Hipatia, nunha época na que as mulleres tiñan poucas oportunidades e nun ambente de homes, ela desenvolveuse con valentía ata que un grupo de fanáticos prenden lume á biblioteca e danlle morte no ano 415 a. C.... E a cidade luxosa, chea de palacios e xardíns, afundíuse polo seu propio peso no lodo do Nilo.
Non che perdas o acontecemento!
Deixámoste cunha pequena mostra
da rodaxe.
|