O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A ciencia tamén interesa ás mulleres
O acelerado avance científico e tecnolóxico foi un dos rasgos característicos do século pasado pero, cal foi o papel da muller neste proceso?, gue obstaculiza actualmente a relación das mulleres coa ciencia?.

Ao longo da historia da humanidade, existiron grandes mulleres que favoreceron ao avance de moitos campos do saber: ciencia, tecnoloxía, historia... as mulleres contribuiron de forma notable ao coñecemento. Sen embargo, cando se fala de mulleres e ciencia o primeiro no que se pensa é na súa pouca presenza na historia, por iso, habería de reescribir a historia para recuperar do olvido aquelas científicas que foron silenciadas ou mantidas na sombra dos seus compañeiros científicos polo mero feito de non ser homes.

Un claro exemplo é o de Rosalind Franklin (1920-1958): as súas fotografías de difracción de raios X foron claves para que Watson e Crick poidesen propor o modelo de dobre hélice do ADN, co que obtiveron o Premio Nobel en 1962; sen embargo, a contribución de Franklin non tivo ningún recoñecemento ata a publicación da súa biografía (1975). Como ela Trótula de Salerno, Annie Russell Mauder ou moitas outras.

A historia pon de manifesto como as oportunidades das mulleres cambiaron co tempo. A creación das universidades europeas (s. XII-XV) reduciu as oportunidades, xa que estaban vetadas: nas suizas non foron aceptadas ata a década de 1860, nas inglesas ata 1870, nas francesas ata 1880 e nas alemanas ata 1890. As academias científicas tardaron aínda máis en admitir ás mulleres.

Nos nosos días xa non se pode falar de exclusión das mullerers das universidades; non obstante, existen aínda mecanismos sutís e implícitos que contribuen a manter a marxinación da muller:

En primeiro lugar, debería plantearse se a muller chega á educación superior nas mesmas condicións ca os homes: os diferentes xoguetes que se lles dá aos nenos e ás nenas, a idea arraigada de que o papel da muller está restrinxido ao fogar, os prexuízos inconscientes que desalentan ás nenas de estudar ciencias por ser cousa de homes...

En segundo lugar, asócianse aos homes características como a racionalidade, o emprendemento, a competividade, ou a agresividade, necesarias para ter éxito nunha carreira científica; pero ditas características veríanse inadecuadas nunha muller.

Por último está a discriminación xerárquica, pola cal investigadoras capaces e brilantes son mantidas en niveis inferiores nas escala da comunidade científica. Aínda en campos onde a participación da muller parece alta, pódese descubrir que son marxinadas. O MIT admitiu nun documento publicado en 1999 que, sen desexalo, discriminara ás mulleres. A UNESCO admite desigualdade entre homes e mulleres dedicados a investigación. A Comisión das Comunidades Europeas encontra que as mulleres obteñen case o 40% de tódolos postdoctorados, pero só o 15% das investigadoras europeas son mulleres.


Coñeces mulleres ilustres no terrreo da ciencia?

Cales son as causas que dificultan hoxe tanto o ingreso como a carreira científica das mulleres?

Que acción habería que emprender para conseguir a igualdade entre homes e mulleres neste asunto?



(Artigo de Marta Palomanes)


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Muller - Publicado o 15-01-2017 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons