O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A falsa idealización da beleza
Desde fai un tempo fálase de que os cánones de beleza establecidos na actualidade non son os adecuados tendo en conta que cada persoa ten un corpo determinado.
Xa son moitas as campañas que promueven a liberdade nun mercado textil que cada día está máis distorsionado.
En 2006, o Ministerio de Sanidade propugnou un pacto de autorregulación cos fabricantes e a industria da moda para crear un sistema homoxéneo de tallas nas prendas de vestir.
En 2007 asinouse o acordo, onde o Ministerio daba un tempo para que se puxesen de acordo. Entre os seus puntos de partida: que os maniquís tivesen un mínimo de talla 38 e que a talla 46 non se considerase "especial".


Certo é que cada vez as tallas nas tendas son máis pequenas. Moitos opinan que isto non é o correcto pero, por que?.
Non se pode pretender esixir tallas máis grandes para xente máis grande si déixase de lado a aqueles que non son así. Debemos pensar que cada persoa é un mundo e cada corpo é diferente e absolutamente todos sen discriminación algunha temos dereito a entrar nunha tenda e atopar a peza que nos sente perfecta. O problema é cando as persoas obsesiónanse con entrar no pantalón máis pequeno de todo o centro comercial porque creen que esa talla é a adecuada.


Agora ben, se non se debe de deixar de lado a ninguén polo seu aspecto físico, por que se establece unha liña divisoria entre tallas para xente grande e tallas para xente non tan grande? Estas primeiras tallas só véndenas en tendas especializadas e con deseños específicos a un prezo moito máis elevado. Estar gordo implica vestir con roupa distinta aos demais a un custo maior? Paréceme unha absoluta aberración que se chegue a isto. Todas as cadeas do textil deberían fixar uns patróns e fabricar a mesma roupa para todos e ao mesmo prezo, sen ter que acudir a unha boutique específica e pagar por unha peza o que en Pull and Bear custan dúas ou tres prendas.


Analicemos que os cánones de beleza establecidos na actualidade son totalmente contrarios aos de tempos pasados:

-Na prehistoria os homes preferían ás mulleres de grandes senos e cadeiras anchas, posto que esas características se asociaban á fertilidade.

-No Renacimiento cobran protagonismo corpos redondeados, mans e pés finos, peitos pequenos e firmes, tez branca e fázulas sonrosadas, beizos vermellos, cabelo louro e longo, fronte despexada e ollos grandes e claros.

-No Barroco estilanse corpos máis rellenitos: cadeiras máis anchas e cintura estreita, brazos redondeados e carnosos, pel branca e peitos máis rechamantes que son resaltados polos corsés. Ademais, a figura feminina se embellece coas populares pelucas,os perfumes, os lunares postizos ou pintados, os corsés de infarto, os encaixes...

-Na Época Victoriana o que verdadeiramente chama a atención é o uso dos corsés para estreitar ao máximo a cintura e realzar o busto e as cadeiras. Estes apertados elementos deixaban sen alento a moitas mulleres, provocando desmaios ou ata a morte pola deformación do tórax, que acaba estruxando os órganos vitais.

-A principios do século XX o ideal feminino sería peitos altos, cadeiras anchas e nádegas prominentes. Ata que pouco a pouco vai evolucionando cara un corpo cada vez máis delgado chegando ata o ideal actual.

Paga a pena cinguirnos a uns estereotipos que segundo a época benefician máis a uns que a outros? Todos somos beleza porque esta é subxetiva.


(Artigo de Iria Lores)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Actualidade - Publicado o 19-01-2016 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons