O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

PRECISAMOS UNHA NOVA LEI DE EDUCACIÓN?
A nova Lei de Educación, coñecida como Lei Wert,
volve a mobilizar ós estudantes de todo o país.
O seu rexeitamento é xeral, nin os partidos políticos,
nin os sindicatos de estudantes e docentes,
nin os pais aceptan os cambios que propón.


Publicamos a continuación dous artigos, un elaborado por Joshua Covelo e outro por Manuel Diz, que destacan os aspectos máis polémicos da lei.

===========


A Lei Orgánica de Educación, LOE, chegou no 2006 co goberno do PSOE derrocando todas as leis anteriores vixentes. Propuso que a Relixión tivera que ser ofrecida en todos os centros pero só a cursaran os alumnos que o desexen, a calificación desta materia non contará nos procesos selectivos, por exemplo, para conseguir becas ou para entrar nun colexio ou noutro. Na ESO, os alumnos con tres suspensos deben repetir, a non ser que os seus profesores digan o contrario. Crearanse dúas materias novas Ciencias para o Mundo Contemporáneo en bacharelato, e Educación para a Cidadanía en todas as etapas. Crearase o PCPI, cun curso obrigatorio e outro optativo para os alumnos con máis dificultades e terán que ter cumpridos 16 anos para entrar. A lei foi aprobada no Congreso en abril de 2006 co apoio de todos os grupos parlamentarios menos do PP, que votou en contra e de CiU, que se abstivo.


Tras a LOE chegou no 2013 a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, ou LOMCE e tamén denominada Lei Wert, unha lei presentada o 17 de maio de 2013 polo ministro de Educación, Cultura e Deporte do goberno popular de Mariano Rajoy, José Ignacio Wert, a cal aprobouse polas Cortes Xerais de España o 28 de novembro.

Os principais obxetivos que persegue a reforma son reducir a tasa de abandono temprano da educación, mellorar os resultados educativos de acordo cos criterios internacionais, mellorar a empleabilidade, e estimular o espírito emprendedor dos estudantes.


Os cambios máis importantes que introduce a LOMCE no sistema educativo español son os seguintes:
-Probas de avaliación final para obter o título de Graduado en ESO e o título de Bacharelato.
-Dúas opcións en cuarto curso da ESO, onde os alumnos terán que escoller entre Bacharelato ou Formación Profesional de Grao Medio.
-Programas de mellora do aprendizaxe e do rendemento na ESO.
-Maior importancia das asignaturas troncais, diseñadas polo goberno.
-Obrigatoriedade de ampliar a oferta de ensino na lingua castelá.
-Educación plurilingüe.
-Materia de relixión en todos os cursos.
-Novas modalidades de Formación Profesional: a Formación Profesional Básica e a Formación Profesional dual.
-Ampliación das competencias do director en detrimento do Consello Escolar.
-Institutos de Educacion Secundaria con especialización curricular.
-Nova relación en canto á oferta de prazas entre a ensinanza pública e a privada concertada.
-Posibilidade de construir e xestionar colexios privados concertados sobre solo público.
-Concertos cos colexios que discriminan por sexos.

O goberno calcula que a implantación da lei custará uns 400 millóns de euros destinados fundamentalmente a financiar a nova FP básica e os novos itinerarios en 3º e 4º de ESO. A metade de eses fondos pensa obtelos do Fondo Social Europeo, co que non suporá un aumento sensible do déficit público.

Esta lei non foi moi apoiada pola xente, miles de persoas sairon a protestar as rúas para oporse, unha vez máis, aos recortes e a chamada Lei Wert de reforma educativa. Esta manifestación pretende mostrar o seu rexeitamento á política educativa do Goberno, que facilitou un recorte nos orzamentos escolares de máis de 6.400 millóns de euros.
A séptima reforma educativa da democracia, liderada por José Ignacio Wert, recibiu a súa aprobación final no Congreso grazas a maioria absoluta do PP, xa que todo os grupos da oposición, salvo UPN que se abstuvo, manifestaron o seu rotundo rechazo á norma. É máis, anunciaron a súa intención de botala abaixo en canto o PP perda a maioría absoluta no Congreso dos Diputados.


===========


A Ley Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, ou LOMCE e tamén denominada "Lei Wert”, e unha lei imposta polo ministro de Educación José Ignacio Wert, con carácter de Lei Orgánica (8/2013, del 9 de decembro) que reforma a Lei Orgánica de Educación (2/2006, del 3 de maio) o LOE, e seis artígos e unha disposición adicional da Lei reguladora do Dereito a Educación (8/1985, de 3 de xulio) o LODE. Dende a presentación do proxecto o 17 de maio de 2013 polo Ministro de Educación, Cultura e Deporte do goberno popular de Mariano Rajoy, José Ignacio Wert, hasta a súa aprobación definitiva polas Cortes xerais de España o 28 de novembro, foi unha lei moi contestada por certos sectores sociais e políticos —de feito durante a súa tramitación nas Cortes a lei non foi apoiada por ningún outro grupo parlamentario, excepto o do Partido Popular—.

Obxectivos:
-Reducir a taxa de abandono temprano dos estudos.
-Mellorar os resultados educativos.
-Mellorar a empleabilidade.
-El aumento de la autonomía de los centros.
-O reforzo da capacidade de xestión da dirección dos centro

Cambios curriculais na Educación

-Na Educación Primaria (Art. 1.9) as asignaturas troncais son Ciencias da Natureza, Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Literatura, Matemáticas e Primeira Lingua Extranxeira.

-Na Educación Secundaria Obligatoria (Art. 1.15) as asignaturas troncais son: Bioloxía e Xeología, Física e Química, Xeografía e Historia, Lingua Castelá e Literatura, Primeira Lingua Extranxeira e Matemáticas (no terceiro e cuarto dividida en Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Académicas e en Matemáticas Orientadas ás Ensinanzas Aplicadas). En cuarto curso engádese Economía e Latín, na «opción de ensinanzas académicas», e Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e Tecnoloxía, na opción de ensinanzas aplicadas

OS cambios puntuais que introduce a LOMCE no sistema educativo español son os seguintes:

• Probas de avaliación final para obter o título de Graduado en ESO e o título de Bacharelato:

Cos obxetivos, entre outros, de «garantir que todos os alumnos e alumnas alcancen os niveis de aprendizaxe adecuados... conforme o título pretendido» e de normalizar «os estándares de titulación en toda España» (según se afirma no Preámbulo da ley), ao finalizar cada etapa educativa os alumnos serán avaliados mediante unhas probas externas deseñadas polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, cuya superación na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bachillerato será imprescindible para a obtención do título correspondente —de ahí que os sectores sociais e partidos políticos opostos a ley as haxan denominado "reválidas.

• Maior importancia das «asignaturas troncais» deseñadas polo Goberno:
A LOMCE distingue entre «asignaturas troncais», «asignaturas específicas» e «asignaturas de libre configuración autonómica», esta última categoría é onde se incluye a asignatura Lingua Cooficial e Literatura en aquelas Comunidades Autónomas que a posúan

• Obrigatoriedade da oferta de ensinazas cuya lingua vehicular sexa o castelán
O artículo 1.99., que engade a disposición adicional trixésimo octava a LOE, recoñece a posibilidade de que se poida impartir todas «as asignaturas non-lingüísticas» exclusivamente na lingua cooficial, pero neste caso «a Administración educativa deberá garantir unha oferta docente sostida con fondos públicos na que o castelán sexa utilizado como lingua vehicular nunha proporción razoable»

• Asignatura de relixión:
Vólvese a dar plena validez académica á asignatura de relixión, contará no expediente académico polo que se contabilizará para pedir unha beca, por exemplo, e se establece unha materia alternativa que se chama Valores Sociais e Cívicos en Primaria e Valores Éticos na ESO, desaparecendo definitivamente a materia Educación para a cidadanía. No Bacharelato a Relixión forma parte das asignaturas específicas optativas, tanto en 1º coma en 2º.

• Liberdade de ensinanza

No Preámbulo afírmase que «as familias son as primeiras responsables da educación dos seus fillos e por iso o sistema educativo ten que contar coa familia e confiar nas súas decisións». Así a LOMCE engade dous novos principios que inspiran o sistema educativo español (Artículo 1.1. que modifica o artículo 1 da LOE)

Despois de que a LOMCE se aprobase no Congreso dos Deputados, convocouse unha semana de loita por parte de varios colectivos relacionados coa educación, como os sindicatos dos docentes —CCOO (Comisións Obreiras), CSIF (Comisión Sindical Independente e de Funcionarios), UXT (Unión Xeral de Traballadores) y STEs (Sindicato de traballadores da Ensianza)—, os alumnos —Sindicato de Estudiantes—, as asociacións de pais ou incluso a educación privada-concertada —FSIE—.
O día 24 de outubro tivo lugar un paro xeral en todos os niveis do sistema educativo con máis éxito ca última convocatoria de maio de 2011.



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 28-01-2014 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
O fenómeno fan.
O termo fan defínese como “admirador ou seguidor dunha persoa. Entusiasta de algo”. Pero, que é realmente ser fan de algo ou de alguén?. Como é a vida dun fan?

Normalmente, sempre que se usa o termo fan téndese a pensar nunha persoa “cun comportamento excesivo, desmesurado ou que se pasa da liña”, xa que a palabra fan arrastra desde a súa orixe connotacións negativas que fai que os membros das diversas comunidades de fans, ou fandoms, poidan sentirse incómodos. O tópico simplista e estereotipado lévanos a pensar en adolescentes, xeralmente de sexo feminino, seguidoras incondicionais e apaixoadas, pero isto non é así. O tópico fórmase a partir do descoñecemento sobre o tema, as persoas que nunca pasaron pola experiencia de ser fan non alcanzan a entender este fenómeno. Un fan é unha persoa, tanto de sexo feminino coma masculino, de calquera idade, que admira a un artista porque este lle transmite valores e sentimentos positivos. É verdade que a maioría dos fans son adolescentes, o cal se debe a que os adolescentes, ao atoparse nun período crítico de transición e formación da personalidade, son os máis propensos a ter ídolos, xa que buscan neles uns referentes persoais, pero isto non implica que todos os fans teñan que ser así.

Os fans admiran aos seus ídolos, ademais de polo seu talento, por todo o que, día a día, fan por eles. Un artista non estaría no lugar onde está se non fose polos seus fans e isto é algo que ambos saben. Os artistas e os fans son as dúas caras dunha mesma moeda. Os artistas están moi agradecidos aos seus fans, e estes, pola súa parte, están agradecidos ao seu ídolo, creándose así un sentimento de familia. Os ídolos fan aos seus admiradores sentirse orgullosos, demostrando cada día o talento no que os seus fans confían. Pola súa parte, os fans demóstranlles aos seus ídolos que están aí por eles, apoiándoos e facendo que o seu ídolo poida avanzar e ser mellor cada día. Ademais, agora, a relación ídolo-fan é moito máis accesible grazas ás redes sociais, posto que estas, ademais de reflectir e, simultaneamente, marcar as novas tendencias, permiten a emisión de mensaxes de fans cara aos seus ídolos.

“Ser fan, para min, significa estar agradecido cunha persoa, sentirte identificado con ela, que che guste o que fai, que queras vela, que ao escoitar algo sobre esa persoa, ao instante te alegre. Significa que queres e crees en algo.”


(Artigo de Lara Campañó Machado)


Escribe o teu comentario (10) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 21-01-2014 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ano novo e problemas vellos
Cos nosos
mellores desexos
de que o mundo cambie
a mellor !!




Música: Tiken Jah Fakoly


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 08-01-2014 19:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons