O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Tecnoloxías ... Boas ou malas?
BLACKBERRY

Estamos na era tecnolóxica, todas estas innovacións soen facilitarnos a vida, pero en realidade fannos ben? Poñamos un exemplo, a famosa Blackberry; hoxe en día practicamente tódo-los adolescentes e os xa non tan novos teñen este móbil. Tamén é certo que para determinados usos este teléfono é moi útil, como por exemplo para o traballo ou labores relacionadas con el, pero os adolescentes non a utilizan precisamente para eses fins, senón máis como ocio. O famoso Messenger da Blackberry fai que os alumnos se distraian e non atendan as clases e as explicacións dos mestres. En definitiva, por que non ter un móbil máis sinxelo para facer o básico e imprescindible ou sinxelamente non telo? Porque nos atopamos nun mundo de tecnoloxías e innovacións e todo iso lévanos a ter o modelo máis avanzado para sentirnos mellor, ir por ahí cun móbil antigo, é unha risa, pero este non chama?, ou non manda mensaxes?

OS REPRODUCTORES MP3,MP4,IPOD

Nós, os adolescentes tendemos a escoitar música moi de seguido, fainos a vida máis entretida, mata o aburrimento, pero é bo escoitala nunha discoteca con moito volume ou polos auriculares? Segúns uns investigadores da universidade de Michigan en EEUU, o uso dun reproductor a alto volume pode provocar perdas auditivas permanentes, e non só os reproductores, tamén o excesivo volume dos altofalantes das discotecas poden acrecentar esta perda. Xa non só o uso destes aparellos pode producir isto, senón que un simple despiste na rúa e o feito de non escoitar nada ao teu redor pode producir atropelos ou accidentes, por iso os expertos recomendan que o volume non supere o da voz para poder oír o que acontece ao teu redor.

SEDENTARISMO

A televisión, o ordenador, os móbiles… Provocan sedentarismo nos adolescentes? Definitivamente non hai unha resposta a esta pregunta que sexa exacta, pero podemos dicir e con seguridade, que moitos rapaces pasan gran parte da súa infancia e a súa adolescencia ben vendo a televisión ou cos móbiles, mandando mensaxes ou falando cos amigos, e incluso xogando con eles porque hoxe en día as tecnoloxías permiten todo iso. Cómpre tamén mencionar os distintos aparellos como poden ser as videoconsolas,a Wii, a Playstation 2, 3, que en moitos casos distraen aos rapaces das súas funcións escolares.

Para rematar e como estudante e como rapaza que naceu na era tecnolóxica aconsello a todos que practiquen deporte ou vaian ao ximnasio, é dicir que se manteñan activos o máximo posible.

Artigo de Sara Da Silva

Escribe o teu comentario (26) - Categoría: Opinión - Publicado o 13-01-2012 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida ó novo ano


Idea de: Lucía Cameselle
Letra: Marta Dacosta
Música: Yann Tiersen. Amelie Poulain.


Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Creacións nosas - Publicado o 08-01-2012 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons