O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O GALEGO A DEBATE
O modelo lingüístico no ensino non universitario vixente na actualidade está rexido polo Decreto 124/2007, que será derrogado cando entre en vigor a nova normativa proposta pola actual Xunta de Galicia. Aquel fixaba o 50% de materias impartidas en galego e a mesma porcentaxe en castelá.



As bases para o novo decreto do galego que se quere aplicar no curso 2010-11 xa están publicadas, no documento aparecen dúas novidades:

A.-Os pais decidirán a lingua na que queren que estuden os seus fillos.

Na etapa de infantil (0-5 anos) os pais decidirán cal será a lingua vehicular nas aulas. Na etapa de educación infantil, o profesorado utilizará na aula a lingua predominante entre o alumnado . Ésta determinarase preguntándolle a cada familia pola lingua materna do seu fillo ou filla. Esta consulta farase anualmente e mediante unha pregunta que as familias contestarán durante o proceso de preinscrición.

Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato: as familias escollerán o idioma das materias na proporción dos terzos . No caso de Primaria, Matemáticas e Sociais non poderán ser as dúas impartidas no mesmo idioma (unha terá que ser obrigatoriamente en galego a e outra en castelán).

FP: Cada centro garantirá “a igualdade de competencia nas dúas linguas oficiais”.

B.- Outra das novidades é a introdución do chamado trilingüismo na educación, impartindo un terzo das materias en castelán, outro en galego e outro en inglés.

O texto aínda ten que entrar nunha fase de consultas nas que se recolleran a opinión de distintos colectivos e asociacións, tamén do Consello da Cultura e da Real Academia Galega, pero polo momento está a producir inquietude no conxunto da poboación.

Máis información:

O galego real, ausente.
Agora non hai ningún problema nas aulas.
Galicia bilingüe.

En cantas linguas es capaz de expresarte?.
Cal delas utilizas habitualmente?
Que opinas sobre o novo decreto do galego?



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-01-2010 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Brancos, negros, amarelos, azuis?
A Antropoloxía clásica distribuía os seres humanos en razas. Estas eran o resultado dun proceso evolutivo sometido a leis de adaptación e selección específicas.


Razas ou étnias?
Ten algunha importancia a cor da pel?
Que é o etnocentrismo?
E o racismo?



No longo proceso evolutivo da especie humana, o medio converteuse nun factor determinante. Houbo grupos da nosa especie que pasaron por un desenvolvemento diferente como resultado de adaptacións específicas que non terían importancia se os grupos que as asumiron non permaneceran varias xeracións no mesmo ambiente. Así é como comezou a formación das razas.

A orixe desta diversidade remóntase hai 15000 anos aproximadamente, entón as poboacións humanas estaban repartidas polos continentes de forma homoxénea. A diferenciación racial foi o resultado da endogamia destas poboacións humanas restrinxidas nun único territorio. Os rasgos máis significativos que serviron para clasificar á humanidade en razas foron: a cor da pel, cor e textura do cabelo, pilosidade corporal, proporción das extremidades e o tronco, a forma da cara e a cabeza, os caracteres dermatipolóxicos, os grupos sanguíneos, a gustación relativa a certas sustancias, a ceguera para as cores e certos tipos de actividades. Así, Joseph Gabineau (s. XIX) propón a seguinte clasificación: branca, negra, amarela e australoide.

Dende 1960, a Antropoloxía moderna sustitue o termo raza polo de étnia ou poboación. Só existe unha raza: a raza humana. Apoiada en profundos estudos xenéticos conclúe que toda a humanidade descende só dunha muller: A Eva mitocondrial, muller africana que habería vivido fai uns 150.000 a 190.000 anos. As etnias son poboacións humanas cuxos membros identifícanse entre eles por ter unha ascendencia común e compartir, unhas prácticas culturais, de comportamento, lingüísticas e relixiosas comúns.


Suxíreche todo isto algún comentario?



(Artigo de Carmen Zalvide e Cintia Vázquez)

Escribe o teu comentario (9) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 09-01-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons