O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A MIÑA ESTÉTICA É . . . . . A MIÑA ÉTICA
A contracultura é un movemento de rebelión contra a cultura hexemónica, que presenta un proxecto dunha cultura e unha sociedade alternativas. Exemplos de manifestacións contraculturais son os seguintes:



SKINHEAD: movemento xuvenil orixinado en Gran Bretaña nos anos 60. Orixinariamente pertencían á clase media e proletaria. Moitos de eles eran apasionados do fútbol e convertéronse en hoolligans. Outros dedicábanse a pelexar nas rúas. Algùns asocian ó movemento skin a ideoloxía nazi e cren na supremacía do home branco.

GÓTICOS: Movemento que xurdíu en Reino Unido entre o 70 e 80. Teñen unha estética propia centrada na cor negra e a súa maquillaxe resalta a palidez do rostro. A súa vestimenta está inspirada no Renacemento e xeralmente predominan as cores oscuras. Na música tenden a sons dark (ou oscuros). A cotío, a ideoloxía gótica é de natureza apolítica, baseada moito máis na estética que en ideais éticos ou políticos claramente definidos. As súas preferencias van dende o anarquismo a o liberalismo social.

RASTAS: A maioría son africanos ou xamaicanos. O movemento estendeuse por todo o mundo grazas a Bob Marley.
Aspecto físico: peinado rasta, barba larga (para demostrar devoción).
Gastronomía: son vexetarianos.
Música: reggae.
A diversidade das sectas que engloba esta relixión teñen un punto en común: a crenza de que Ras Tafari Makkonen é a reencarnación do Deus Bíblico: mesías negro que levará os pobos africanos no exilio de novo a súa terra prometida, Zion.


A estes tres exemplos habería que engardirlle algúns mais: Hippies, Punk, Hip-Hop...


¿Presentan estes grupos algún modelo de sociedade alternativo?

¿Que valores defenden?



Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 29-01-2008 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
Mais NENAS que NAIS
Un embarazo non desexado na adolescencia pode ser un drama, e marcar para sempre o futuro dunha rapaza que antes de deixar de ser nena convírtese en nai .




O número de embarazos en nenas menores de 15 anos aumentou un 76% entre 2001 e 2005, segundo as estatísticas que se posúen. Nese último ano preto de 600 adolescentes afrontaron unha xestación e case oito de cada dez abortaron voluntariamente por risco na súa saúde física e psíquica.

A taxa de embarazos en adolescentes foise incrementando cada ano e de forma máis acusada entre as máis pequenas. En 2005, últimos datos dispoñibles, 153 nais menores de 15 anos tiveron o seu primeiro fillo, segundo datos do INE. Ademais, outras 423 nenas desas idades interromperon voluntariamente o embarazo en 2005, un 97% máis cás 214 que o fixeron en 2001.

Xestacións tan precoces como o caso da pequena de Ponferrada de 11 anos que investiga a Fiscalía de Menores desa cidade son excepcionais. A maioría quedaron embarazadas ós 14 anos.

Por comunidades, as cifras máis altas de interrupción voluntaria déronse en Andalucía, con 112 casos, Cataluña e Madrid, con 52 cada unha delas, Canarias, 41 e Comunidade Valenciana, con 39.

A realidade é que está descendendo a idade en que os menores se inician no sexo –ao redor dos 16 anos– e enfróntanse a un embarazo.


¿Discutíuse o tema da sexualidade na túa casa?

¿Cal é a túa opinión sobre o asunto?



Escribe o teu comentario (27) - Categoría: Muller - Publicado o 17-01-2008 11:32
# Ligazón permanente a este artigo
¡¡ FELIZ ... 2008 !!
(Video do poema de Alvaro Cunqueiro, interpretado por L.E. Batallán e subido a You Tube por nicogoncas2. Graciñas por compartilo.)

No niño no vó do vento
hai unha pomba dourada.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Canta o luar e o mencer
en frauta de verde olivo.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Ten aires de frol recente
e cousas de recen casada.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo.

Tamen ten sombra de sombra
e andar primeiro de rio.

Quen puidera namorala
quen puidera namorala, meu amigo



**********



Escribe o teu comentario (0) - Categoría: Saúdos - Publicado o 01-01-2008 22:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons