O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O desemprego tecnolóxico.
A Primeira Revolución Industrial iniciouse en Inglaterra entre os anos 1760 e 1860. O país dispoñía da materia prima precisa, dun réxime político distinto a toda Europa continental e dunha forte tradición mercantil. Caracterizouse pola mecanización da industria e da agricultura así como polo notable aumento do dominio capitalista en toda a actividade económica.

Debido a unha serie de innovacións técnicas que se deron durante a revolución industrial e á incorporación de máquinas na producción, substituíuse o traballo manual dos talleres artesanais con un escaso número de traballadores pola produción industrial en fábricas onde máquinas e obreiros eran explotados polo capital.

A burguesía era a clase social dominante e controlaba as fábricas onde o proletariado traballaba de 15 a 17 horas diarias por un soldo mísero.

Debido á incoporación nas fábricas de máquinas que podían facer o traballo de varias persoas á vez, o desempleo aumentó consideralemente. En novembro de 1811 naceu e adquiriu un importante recoñecemento o movemento obreiro coñecido como Ludismo como resposta violenta ao crecimiento do paro. As condicións laborais e os baixos salarios levaron aos obreiros a unha revolta espontánea. Ían contra os instrumentos de producción, xa que os consideraban os causantes do problema.

O sistema capitalista de libre mercado vixente, na lóxica de reducir os costos de producción (incluíndo os costos de traballo) para aumentar as ganancias, substituirá o traballo humano, sempre que sexa posible, por maquinaria automatizada.

Botando unha ollada atrás, en 1949, no sector agrícola de Estados Unidos as máquinas facían o 6% da colleita de algodón. En 1972 o 100% da colleita era feita de forma automatizada. Cando esta automatización golpeou o sector manufacturero dos Estados Unidos, 1'6 millóns de traballos manuais perdéronse en 9 anos.

Este sistema deixa polo camiño postos de traballo costosos para o empresario. Unha simple máquina despacha o ticket do bus, tren ou metro. O coste de dito artefacto pode supoñer o soldo dun ano dun traballador, pero a medio e longo prazo para a empresa a comodidade da máquina supón un gran aforro en soldos e de paso un recorte sindical importante. Carrefour, Citroën, Alcampo ou Audasa son algunhas das moitas empresas que xa contan cunha plantilla de máquinas de cobro, robots de montaxe e caixas automáticas.

Mentras os políticos, líderes empresariais e líderes sindicais discuten sobre temas que, según alegan, son os responsables do crecente desemprego no mundo, tales como a subcontratación de compañías estranxeiras ou o traballo de inmigrantes, a verdadera causa non está sendo tratada no debate público:
o desemprego tecnolóxico
.
Wassily Leontief, Premio Nobel de Economía 1973


Despois de todo, unha máquina non precisa tomar descansos, ter seguro médico, prestacións ou pertencer a un sindicato.



Onde está o novo sector emerxente para dar emprego a todos os novos traballadores desprazados?

(Artigo de Marina Gómez Marchante)

Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 28-02-2015 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Antígona e a obediencia á lei
Ás traxedias gregas constituen un importante espazo de reflexión sobre os conflitos éticos. Estas obras recollen situacións nas que hai que escoller entre alternativas irreconciliables. Os escritores, como Sófocles neste caso, pretendían chamar a atención do cidadán grego respecto da complexidade destes conflictos e contribuir así á formación do bo xuizo e da prudencia (phronesis) entre os membros da polis.

Sófocles foi un escritor ateniense, viviu ao redor do ano 450 a.C. Nas súas obras encontramos unha gran dose de realismo, para describir a vida humana, alternando sufrimento con alegrías.

Unha das súas obras máis coñecidas é Antígona, una traxedia que comeza no amañecer do día seguinte no que dous irmáns enfrontados (Eteocles e Polinices) perderon a vida na loita polo trono de Tebas. Hai un novo gobernante, Creonte, o cal prohibe enterrar a Polinices "o irmán traidor" e decide render homenaxe a Eteocles como heroe defensor da cidade. Antígona pide a súa irmá Ismene que a axude a enterrar a Polinices, contravindo o mandato de Creonte.
Máis tarde os gardas traen detida a Antígona. Creonte preguntoulle se era ela quen cubrira o corpo de Polinices e ela afirmou, pero que ninguén a axudara. Creonte non a creu e pensou que Ismene tiña algo que ver neste asunto . Tras mandar ambas as dúas a unha cela, aparece Hemón, fillo de Creonte e prometido de Antígona.


CREONTE -e, a pesar diso, atrevícheste a transgredir estes decretos?

ANTÍGONA - Non foi Zeus o que os mandou publicar, nin a Xustiza que vive cos deuses de abaixo a que fixou tales leis para os homes. Non pensaba que as túas proclamas tivesen tanto poder como para que un mortal puidese transgredir as leis non escritas e inquebrantables dos deuses. Estas non son de hoxe, nin de onte, senón de sempre, e ninguén sabe de onde xurdiron"

O gobernante decide deixar en liberdade a Ismere mentres que deixa a Antígona abandonada nunha cova cun pouco de comida para que morra alí e que así "a súa morte non salpicase á cidade". A chegada do ancián Tiresias anunciando negros presaxios fai que Creonte se arrepinta e intente evitar que se cumpra a condena de Antígona, pero cando chegou onde se encontraba esta, viu como estaba aforcada e como agarrado á súa cintura estaba o seu fillo Hemón, que cargara a súa espada contra el, lla cravara no peito, e en consecuencia morrera. Volvendo ao seu pazo, co seu fillo nos brazos, encontra que a súa esposa, Eurídice, non pode soportar a morte de Hemón e tamén ela decidiu quitarse a vida.
Este é o papel que lle queda a Creonte. Por castigar a súa sobriña, pois esta dera sepultura a Polinices, despois de que este morrese en combate. Tiveron que morrer moitas persoas para que ao final da obra e sen remedio, Creonte se decatase do seu grande erro, de que unha persoa, por moito poder político que teña, sempre está por debaixo dos deuses e das leis "escritas" por eles. Ao final, a moderación e a conciliación quedan como un ensino duramente aprendido.

Os personaxes máis importantes nesta obra son:
Antígona: filla de Edipo e irmá de Eteocles, Polinices e Ismene, dende o principio ten moi claro o que ten que facer e o que debe facer. É consciente do perigo que corre pero ela antepón a necesidade de non fallar aos seus antepasados a súa propia vida.

Creonte: é o Rei de Tebas, pai de Hemón e tío de Antígona, Ismere,Polinices e Eteocles.

Hemón:é o fillo de Creonte e o prometido de Antígona. Ao principio da súa aparición móstrase moi obediente co seu pai e coa decisión tomada por este, pero intenta convencelo de que se está a equivocar, e de que todo o pobo está en contra sua. Ao final da obra, marcha onde está encerrada a súa amada e coa súa espada quita a vida, agarrándose, co seu último alento de vida a Antígona.

Tiresias: é un ancián invidente e adiviño que avisa a Creonte das desgrazas que pode sufrir polas súas decisións prepotentes e dogmáticas.

Sófocles formula a través da protagonista da obra un dilema moral: Antígona encóntrase nunha situación na que ten que decidir se obedecer a súa conciencia e a lei divina que representan o dereito do ser humano de ser enterrado despois da morte para que o alma descanse en paz ou obedecer a lei dá polis que é o deber de cumprir os mandatos impostos polo rei, neste caso o rei Creonte, o cal impide enterrar a Polinices, impedindo así a lei da familia e o dereitos dos mortos. Ambas leis son opostas e non poden conciliarse. Antígona decide escoitar a súa conciencia e asume as consecuencias da desobediencia, non quere quedar co seu cargo de conciencia e que o seu irmán non descanse en paz e é por iso que prefire arriscar a súa vida.


O que quere dicir Sófocles nesta obra e que é necesario actuar conforme aos mandatos dous deuses, xa que os individuos que se rebelan ao destino, créndose autosuficientes, son castigados. Podemos observar a firme crenza dous gregos non destino, xa que Antígona antepón o dereito de Polinices a ser enterrado para descansar na eternidade, á lei imposta por Creonte.

(Artigo de Águeda Fernández Veiga)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Dereito - Publicado o 03-02-2015 22:18
# Ligazón permanente a este artigo
Os muros da vergoña
Poucos símbolos humillan e rebaixan tanto a dignidade humana coma os muros de separación. Ao longo da historia erguéronse moitos: o muro de Adriano, o de Berlín, etc. Son extensos e impenetrables quilómetros de pedra e aramado que separaron países, pobos e familias enteiras. A día de hoxe, e a pesar de presumir de ser unha sociedade avanzada, aínda existen multitude de muros e valos por todo o planeta que representan a maior das humillacións, a falta de liberdade.

O primeiro muro levantado foi o muro de Berlín, e tamén o primeiro en ser denominado muro da vergoña. Foi levantado en 1961 durante a Guerra Fría, e consistía nunha parede de formigón de 4 metros de altura cun interior formado por cables de aceiro. Acompañando o muro creouse a chamada "franxa da morte", formada por un foso, un aramado, unha estrada pola que circulaban constantemente vehículos militares, sistemas de alarma, armas automáticas, torres de vixilancia e patrullas acompañadas por cans as 24 horas do día.






Entre 1961 e 1989 máis de 5.000 persoas trataron de cruzar o muro e máis de 3.000 foron detidas. Ao redor de 100 persoas morreron no intento, ata que por fin o muro foi derrubado en 1989.
Despois do horror que supuxo o levantamento deste muro, a humanidade debería ter aprendido a lección e non volver cometer erros tales coma separar familias enteiras, asasinar miles de persoas... en resumo, devastar un país enteiro. Non obstante, a maldade do ser humano chega a tal punto que segue arrasando e maltratando nacións, sen importarlle en que condicións vive a xente que está ao seu arredor.

Un dos muros máis importantes e conflitivos da actualidade é a Franxa de Gaza. Os seus 700 quilómetros albergan 1,5 millóns de persoas, das cales 1,1 millóns son refuxiados palestinos. O 72% da poboación que habita na Franxa de Gaza vive baixo a liña de pobreza e necesita axuda humanitaria da ONU, e dende que en 1987 crea a primeira Intifada e a segunda no 2000, morren por día 45 palestinos por actos terroristas. Máis de 24.000 palestinos perderon os seus fogares nos últimos catro anos como resultado das demolicións levadas a cabo polo exército israelí, que destruía unha media de 120 edificacións cada mes.








O muro de Cisxordania separa Israel de Cisxordania, e probablemente sexa unha das zonas máis conflitivas do mundo. A pesar de que numerosos órganos da paz mundial alegaron que a construción deste muro é ilegal e viola os dereitos humanos, este muro segue en construción. Segundo as autoridades israelís o muro é unha "medida defensiva deseñada para impedir o paso de terroristas, armas e explosivos ao estado de Israel", pero o certo é que separa os campesiños das súas terras e os palestinos dos seus lugares de traballo, centros educativos e de saúde e outros servizos esenciais.

A barreira foi motivo de protesta por parte de diversos colectivos ligados ao mundo da arte. Os graffiti convertéronse nunha das máis coñecidas formas de protesta contra a súa construción, e grandes áreas do muro conteñen mensaxes en diferentes idiomas deixados por grafiteros e visitantes. Un grupo de palestinos e israelís crearon Artistas sen barreiras para protestar mediante a arte e a non-violencia contra a construción da barreira.







Outro dos grandes muros que atentan contra a dignidade humana é a gran muralla de 3.000 km que separa México de EE.UU, pois ao redor de 400 persoas morren cada ano intentando entrar en Estados Unidos perseguindo 'o soño americano'.
Por se fose pouco, aos mexicanos que logran cruzar a fronteira chámaselles 'costas molladas', un termo insultante e ofensivo. A industria e as granxas agrícolas do Sur dos Estados Unidos abastécense desta man de obra, barata ao encontrarse ilegalmente no país.







E que falar da nosa propia fronteira, a que se separa Ceuta e Melilla do resto de África. Miles de inmigrantes intentan atravesala sen éxito, xa que conta con alambres e coitelas que provocan importantes cortes e lesións nos que intentan entrar en España, polo que moitos inmigrantes marroquís optan por cruzar o estreito de Xibraltar en caiucos e pateiras, chegando á nosa terra desfalecidos.







Estes só son algúns exemplos entre a gran multitude de muros, valos e barreiras que dividen o mundo segundo a etnia, relixión, ou nivel de pobreza de cada rexión; o que nos leva a preguntarnos: ata onde pode chegar a crueldade do ser humano?

(Artigo de Xeila Iglesias Rodríguez)



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Actualidade - Publicado o 08-01-2015 23:02
# Ligazón permanente a este artigo
O futbol e a política.
O fútbol e a política poden ser perfectos apostos: mentres que a política é un mecanismo para conciliar conflitos verdadeiros, o fútbol básease precisamente en crear conflitos falsos e mantelos á perpetuidade. Por iso a política importa e debe tomarse en serio, mentres que o fútbol é intrascendente non debe tomarse tan en serio.

Non hai ningún motivo para unir o deporte á política, e sen embargo, o certo é que a nosa ideoloxía política fai que sintamos simpatia por un equipo e non por outro. O vínculo ten pouco de determinista e moito de circustancial, pero existe. Dime a quen votas, e direite a que equipo animas.

O equipo e o partido político, o xogador e o líder, en moitos casos, fusiónanse, como ocorre cos cánticos e consignas que se escoitan nas gradas dun estadio ou nas rúas da confrontación política. Agora farei incapie nas principales aficións dos equipos españois y que ideoloxía teñen cada un deles:



Aficións ultras de extrema dereita:


Ultra Sur
pertencentes ao Real Madrid, fundado en 1980, é un dos grupos máis violentos de España. De ideoloxía fascista, sempre portan bandeiras falanxistas e esvásticas.

Frente Atlético
pertencentes ao Atlético de Madrid, é un dos grupos ultra máis numeroso e violento. Protagonizaron varios incidentes, o máis lamentable e tráxico produciuse en 1998, cando asesinaron ao seguidor da Real Sociedad, Aitor Zabaleta, nos aledaños do Vicente Calderón.

Aficións vinculadas aos nacionalismos periféricos:


Boixos Nois pertencentes ao Barcelona, ao largo da súa historia provocaron moitos incidentes, pelexas e agresións a aficionados de outros equipos. Manifestan un nacionalismo catalán.

Herri Norte pertencentes ao Atlhletic de Bilbao, estaba formado nun principio por aficionados, pero os radicais expulsaron os ?españolitos?.

Aficións ultras de extrema esquerda:


Bukaneros pertencentes ao Raio Vallecano, o único grupo de ultra esquerda de Madrid. Súa ideoloxía é antifascista, comunista, anarquista e republicana. Están enfrentados a Ultra sur e Frente Atlético, tampouco manteñen boa relación co club.

Biris Norte pertencentes ao Sevilla, é o máis antigo de España, fundouse en 1975. Súa ideoloxía é antirracista e de ultra esquerdas, e soen simpatizar coa causa anticapitalista.



(Artigo de Juan Pampillón Pedrosa)


Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Opinión - Publicado o 10-12-2014 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
As drogas na adolescencia
A adolescencia é unha etapa no proceso de madurez que ten que superar todo ser humano durante un intervalo da súa vida comprendido aproximadamente entre os 12-16/18 anos.
Durante este intervalo, no cal imos modelando a nosa personalidade, ocorren moitos cambios en fraccións de tempo moi pequenas; ademais de ser un proceso un pouco confuso e duro debido ós continuos cambios físicos e emocionais vividos. Comeza a aparecer a curiosidade, o ansia por probar cousas novas, por vivir experiencias e por atopar a nosa identidade.

Na adolescencia vívense momentos de incertidume moral e crece o interese por aprender cousas máis alá das aulas do instituto. Os adolescente comezan a orientar a súa curiosidade nalgún camiño concreto; uns escollen o deporte como orientación, outros orientan a súa curiosidade hacia a cultura ou no aprender da vida e vivir experiencias novas.

Unha desas cousas novas coas que os adolescentes experimentan son as drogas. A introdución no mundo das drogas varia en cada adolescente. Inflúe o ambiente familiar en que se atopan, a necesidade de aceptación no grupo social, porque sínte que está só e as drogas fanlle de placebo, etc. Outros comezan pola mera curiosidade.
As principais drogas de consumo son o tabaco (67,5%) , o cannabis (33,4%) , o alcohol (81,9%) , a cocaína (11%) , éxtasis (2,2 %) e heroína (0,7%). (2014)
Se nos fixamos no progreso de consumo de drogas nos adolescentes observamos como ano tras ano as cifras aumentan.

Estudo realizado no 2005.

Estudo realizado no 2013.


A repercusión das drogas nos adolescentes pode ir a longo ou curto prazo modificando a súa conducta. Algúns comezan a desenvolver unha conducta agresiva, teñen continuos cambios de humor e na escola e nos estudos presentan pasotismo e deixadez (carácter social).
Este pasotismo e deixadez esténdese máis aló da escola e dos estudos chegando tamén ao deporte e ó fogar. Na casa (algúns) comezan a ter conflictos cos pais, cada vez van aislándose máis na súa habitación, a comunicación coa familia vai disminuíndo de xeito progresivo, nalgunhas ocasións algúns deixan o deporte directamente e outros alongan o proceso de abandono.

(Agustín Soage Baños)


Escribe o teu comentario (16) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-12-2014 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
PARTICIPA nas eleccións ao CONSELLO ESCOLAR !
A convivencia forma parte do noso mundo social básico. No instituto a convivencia constrúese a través das relacións interpersoais que se dan entre todos os membros da comunidade educativa (profesores, alumnos, nais, pais e persoal da administración e servizos). A participación activa de todos os membros desta comunidade é imprescindible para crear un clima agradable e unha aprendizaxe eficaz.

As canles de representación e participación no centro escolar son:

- Os delegados/as de curso
Todo o alumnado que forma parte da comunidade educativa está chamado á participación na xestión e organización do centro, pero non poden participar de forma directa nas decisións, por iso se elixen representantes que acheguen e transmitan as súas opinións e suxestións: son os delegados ou delegadas do curso.

- O Consello Escolar
Este é un órgano de participación no funcionamento do centro, nel está representada toda a comunidade educativa. Os seus membros deben levar a cabo o proxecto educativo. Coñeces as súas funcións?.

Ao votar a un delegado/a ou un membro do Consello Escolar estás exercendo un dereito democrático como fan os adultos cando hai eleccións xerais, municipais ou autonómicas. É importante, pois, realizar a elección reflexionando previamente con seriedade e rigor. Recorda, pois, o vindeiro 24 de novembro poderás elexir aos teus representantes ao Consello Escolar do centro.


Que calidades debe ter un bo representante do alumnado?

Poderías ser ti unha boa candidata/o?

Que calidades tes?


(Artigo de O Clube das ideas)


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 17-11-2014 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Corpos moldeados, mulleres e homes sometidos.
Falamos de vulnerabilidade cando nos referimos á condición de indefensión na que se pode atopar unha persoa, grupo ou comunidade. A pregunta que queremos plantexar é a seguinte: somos vulnerables ós medios de comunicación? Aféctanos de modo inconsciente os prototipos que lanzan de corpos ideais e perfectos?

O termo mass-media (medios de comunicación de masas) indican os instrumentos que permiten unha difusión colectiva dos contidos a calquera individuo ou colectivo, dende a televisión ou redes sociais a un libro ou prensa.Hai quen ve en eles, como preocupación, un poderoso instrumento de homoxeneización cultural, do aplastamento xeral a base de lugares comúns, da pasividade e da ausencia do sentido crítico. Trátase dunha realidade que hai que dominar e guiar coa competencia e sabedoría para que sirva ó home e á comunidade humana.

Se ben non eres quen de tratar ben esta realidade, é aquí onde podemos falar dun ser vulnerable. Os medios a miudo difunden por exemplo imáxenes de mulleres físicamente ?perfectas?, o chamado ?90-60-90? polas cales, no ámbito feminino moitas mulleres do século XXI vénse afectadas por este tipo de difusións, xa sexa polas tecnoloxías que utilizan para esterilizalas e dar unha imaxen perfecta como os mensaxes subliminais que poden lanzar.

A coordinadora humanitaria colombiana Diana Britto Ruíz déixanos nun artigo co título ?Esa chica tonta?: cuerpos moldeados, mujeres sometidas, unha reflexión acerca dos ideais de beleza feminina promovidos polo mercado e os mass-media, dando conta de datos estadísticos e informes periodísticos dos trastornos que xeneran, en términos de mortalidade e morbilidade na poboación feminina. E a miudo fáise as seguintes cuestións: Como constitúese como suxeito a muller?. Como debe ser unha muller? A educación e o moldeamento do corpo ten sentido na realidade como unha forma de control social.

Ó longo de toda a historia que nos temos idea, dende a prehistoria ata a actualidade, sempre existiu uns cánones de beleza adaptados ás diferentes épocas. Buscando información cheguei á conclusión de que o século XXI é o máis drástico en canto ao prototipo de muller "perfecta", o que quizais agora está visto como unha muller ?mal formada?, ?gorda?, ?fea? e outras palabras fora do contexto, ó longo da historia tomábano como o fermoso dunha muller (Rubens...). Dícese que nos séculos anteriores os homes procuraban mulleres cos órganos reproductores moi marcados (peito pronunciado, ventre, cadeiras anchas?) para que á hora de dar a luz fóse menos complexo e os nenos e mulleres non morrésen no feito. Ainda que quizais eran estas mulleres as que escollían con quen formar unha familia.


Buscando algunha outra opinión sobre o tema dos estereotipos atopamos que en épocas pasadas, na antigüidade clásica:
Os gregos legáronnos a idea da belleza perfecta: homes e mulleres con músculos ben marcados, desenrolados, cintura estreita; a muller cos peitos redondeados e turxentes, cadeira redondeada; ambos con cabelos loiros (ou claros), tez blanca e ollos claros.
A realidade di que non existe o físico perfecto, nin de homes nin de mulleres. Ademáis cada un de nos ten un ideal de beleza, que se ten remembranzas dos gregos, tamén fúndese cos patróns de beleza máis actuais.


Estes modelos sociais causan as veces problemas alimenticios tanto en mulleres, como a bulimia ou anorexia, ou nos homes a vigorexia ou anorexia tamén.

Está o caso de Valeria Levitin, unha muller rusa que sufriu case toda súa vida debido á anorexia. Como ela di ?Empecei por querer baixar uns kilos e agora non podo subir o necesario para estar saudabel.? Valeria Levitin, chegou a pesar con 40 anos tan só 25kilos, convertíndose así na muller máis delgada do mundo. Finalmente di así: ?Cando me mudei a EEUU agás da presión da miña nai por ser delgada, ía na procura de ser aceptada na nova sociedade na que me encontraba. Quería ser como as demáis. Comecei por eliminar algúns azucres ou carbohidratos e rematou sendo un círculo vicioso do cal arrepíntome.?


O filósofo Michel Foucault explica como funcionan, en termos descriptivos, os fenómenos de consumo que promoven a delgadeza e a xuventude como características positivas, que nos conducirían a un estado de saúde, beleza e felicidade. Neste sentido, este artigo proxecta ser tanto unha aplicación da filosofía do autor francés, como "una lectura", novedosa do tema. Se ben Foucault non estudou directamente este tipo de temáticas, baixo unha contextualización das súas formulacións, tomámolo como o marco e eixe principal que nos guiará a problematizar, vincular e comprender as lóxicas que operan nos discursos de beleza física e de consumo.

(Artigo de Uxía Soliño Alonso)


Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 12-11-2014 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Cataluña independente ?
A independencia catalá levantase sobre o principio de que Cataluña é unha nación soberana, e non alcanzará o seu máximo esplendor cultural , social e económico mentres forme parte de España. O que lles leva a esa convición é o seu pasado histórico e cultural, a lingua e o dereito civil catalán. Segundo esta tese Cataluña foi unha nación oprimida por España dende a súa ocupación polas tropas Borbónicas en 1714, e a posterior supresión das institucións catalás e prohibición da súa lingua polos Decretos de Nueva Planta, promulgada polo rei Felipe V.

Se ben no pasado existiron grupos terroristas, como por exemplo o ?Exercit?, hoxe o independentismo catalá é un movemento pacífico que rexeita a violencia.

Que pensa o goberno español?. O goberno do Partido Popular defende unha España unida, que comprende 17 comunidades autónomas e dúas cidades autónomas. Segundo a Constitución se define como un Estado social e democrático de dereito, e cuxa forma de goberno é unha monarquía parlamentaria. Ante a consulta independentista que queren facer algúns, o goberno sempre repite o mesmo argumento: "é anticonstitucional e, polo tanto, non se pode facer".

Pero ... realmente preocupa ao goberno que a consulta sexa anticonstitucional?. Cales son as razóns polas que a poboación española rexeita estas reivindicacións?. Hai moitas cousas que me gustaría dicir sobre esta cuestión que causa preocupación : a independencia.
En primeiro lugar, a poboación tende a xeneralizar, e só polo simple feito de dicir "Eu son catalán", moitas persoas miran para ti con desprezo e rexeita. Non podo entender como a xente no século XXI, poder ter este tipo de prexuízos e menosprezar a seres humanos ata chegar a chamalos ``escoria de España? polo sinxelo feito de ter nacido nun lugar diferente do seu. Por riba dunha constitución, goberno ou ideoloxía, está a educación, que está moitas veces ausente na poboación actual.

Non entendo as queixas por mor da independencia, se noutras comunidades do Estado español, rexéitanos e fan boicot aos seus produtos!. Ademais, por que non poden ter os mesmos privilexios que o País Vasco e Navarra ? A constitución non di que todos somos iguais ante a lei?, despois RECLAMAN que o referendo é anticonstitucional, a caso non están sendo discriminados?.

Falantes de español, quéixanse de que, no seu territorio (Cataluña), impoñen a súa lingua, o catalán. Son realmente eles os impositores? A caso non son os falantes de castelán, os que forzan o español no seu territorio? ou é que o catalán ten forzado outras zonas do país para que falen a súa lingua? NON. Calquera defensa dun patriota español, dá a razón a un nacionalista catalán para aferrarse as súas ideas. Se collemos o argumento dos nacionalistas españois de que España é España porque se fala castelán, entón tamén podemos dicir que Cataluña é Cataluña porque se fala o catalán.

Xa non é un sentimento, unha ideoloxía, unha forma de vida .. é que, no século XXI, cunha suposta DEMOCRACIA, as persoas teñen o dereito a pedir a igualdade que merecen.



(Artigo de Alba Covelo Costa)





Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Actualidade - Publicado o 03-11-2014 22:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festa, cultura ou maltrato?
España é un país situado ao sur de Europa, na Península Ibérica. Nel podemos atopar 17 comunidades autónomas. Presume de ser un país turístico e festeiro, a meirande parte das súas festas teñen unha orixe relixiosa, así:

- OS SAN FERMÍNS, remóntanse á Época Medieval, en honor ao patrón de Navarra, San Fermín.
- FESTAS DE MOROS E CRISTIANOS DE ALCOY, nesta festa celébrase a loita entre os habitantes de Alcoy contra as tropas do caudillo musulmán Alazraq. A lenda conta que San Jorge apareceu e decidiu o resultado da batalla.
- FOGUEIRAS DE SAN XOAN, segundo a Biblia Zacarías mandou acender unha fogueira para anunciar aos seus parentes o nacemento do seu fillo San Xoan Bautista, que naceu xusto coincidindo co solsticio de verán.

Aquí mencionamos só tres festas pero a lista pode ser bastante máis longa. Aínda que a súa orixe sexa relixioso, son xa parte da nosa identidade como pobo. Certamente algunhas delas son cuestionables: recente unha festa que se celebra todos os anos o 16 de Setembro, o "Toro de la Vega", motivó un enfrontamento entre os amantes do touro e os antitaurinos, provocando a una moza antitaurina unha ferida grave por mor do golpe dunha pedra lanzada polos seus opoñentes.

Parémonos a analizar esta festa: se o touro rebasa os límites marcados sen que ninguén o alcance, o animal será o gañador do torneo. O toro únicamente pode estar disposto das súas defensas naturais e o torneante ben de pe ou a cabalo estará provisto dunha lanza.

O touro é soltado preto da praza maior e corre escoltado pola multitude, logo baixan pola Rúa do Emperador ata o ponte sobre o río Douro. Pasado o ponte, alcanza a zona do Cristo das Batallas onde centenares de corredores tratan de citalo e recortalo. Alí espérano os cabalistas para proseguir co recorrido ata o Campo de Honor, zona onde comenza o torneo e o touro pode ser alanceado segundo a regulación. O alanceado consiste en afundirlle unha lanza no costado ata a morte.

Pero non é esta é a única festa na que se utilizan animas co obxectivo do seu maltrato ou morte. Tampouco España é o único país no que hay festas deste estilo, para que vexades o nivel ao que estamos aquí temos una pequena lista coas festas máis salvaxes contra os animais en todo o mundo:
Para comezar temos no número 1 ao ?Toro de la Vega? previamente citado. Seguidamente temos ?el toro del júbilo? (en Soria), o touro é inmovilizado e nos seus cornos colocan dous artiluxios de metal con bolas de lume.
No número tres aparece os ?toros enmaromados?, en moitas partes de España celebran festas polo estilo, o touro atado polos cornos é arrastrado por toda a ciudades provocando varios traumatismos.
No número catro temos o ?Toro de San Juan? (celebrado en Cáceres), o touro é soltado nun recinto pechado e a modo de diana dispáranlle soplillos contra a súa pel e finalmente é matado dun disparo.
No quinto lugar aparece unha festa búlgara chamada o "xiro do can", consiste en atar sobre ríos xeados a numeresos cans previamente alimentados con grande cantidade de alimento póndolle un tapón no ano, despois de atarlle unha corda polo estómago, quitan o tapón e fannos xirar caendo as feces por todos os sitios.
No sexto posto volvemos a ter unha festa española, concretamente valenciana, "patos á auga": soltan a a uns patos nas augas do porto e os competidores teñen que atrapalos coas súas mans.
A matanza de golfiños en Dinamarca ocupa o posto número sete do noso ránking, cada ano milleiros de adolescentes que chegan a idade adulta dispóñense a matar milleriros de golfiños.
No oitavo posto temos as corridas de gansos en Carpio del Tajo (Toledo), colgan gansos de cordas boca a baixo a certa altura e mozos a cabalo teñen que tirar das cabezas ata que as arrincan. Unha vez arrincadas son queimadas e o gañador recibe un premio.
No último lugar está o "apedreamento de Xudas" celebrado en Madrid na Semana Santa, cando as procesións chegan á plaza, a mocidade do lugar comeza a apedrear a un meco que simboliza a Xudas, rodeado de cántaros que para sorpresa dos espectadores cando son apedreados deixan ver que dentro había gatos e esquíos que morren có impacto.
Como podedes ver dentro das nove festas que máis maltratan a animais no mundo, as festas españolas ocupan sete deses postos. Aínda así hai moita xente que as defenden por ser parte da cultura deste país. Persoas de certa fama non só dentro das nosas fronteiras, senón tamén no extranxeiro como poden ser Joaquín Sabina, Joan Manuel Serrat ou Andrés Calamaro que dí (citado textualmente) que se sente ?avergonzado porque un compatriota mío junte firmas para abolir esta tradición noble de mirar a los ojos a la eternidad, el arte y la muerte: las corridas de toros?.

E vós que opinades, podemos catalogar esta barbarie de
festa popular?
Podemos considerala cultura ou maltrato?

Estades a favor ou en contra?


(Artigo de Francisco Javier Suárez Avión)

Escribe o teu comentario (27) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 17-10-2014 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Zombis na vida real.
As redes sociais cambiaron a nosa vida de maneira adictiva. Sen darnos conta, a comunicación virtual entre as persoas forma xa parte rutinaria da nosa vida cotiá. as relacións interpersoais neste mundo virtual exercen máis dominio que unha relación na vida real.

As redes sociais que nós utilizamos para comunicarnos xa sexa Facebook, Twitter, What?s App? non deixan de ser programas feitos por persoas, ós que beneficiamos sen darnos conta ó comunicarnos con alguén. Son unha fonte de beneficios para estas multinacionais.

Aínda así o uso das redes ten as súas vantaxes e as súas contras:

- Á comunicación entre as persoas é máis rápida e directa que antes.
- A comunicación mediante as redes sociais sustituiu as chamadas e mensaxes SMS polo que nos sae máis económico.
- Agora é mais facil usar estas redes sociais a través do móbil, do ordenador, na tablet? xa que son gratuitas e doadas de descargar.
- Moitas relacións naceron na ?vida real? grazas a estas aplicacións.
- Poden ser útiles ante unha emerxencia inmediata.
- Poder xerar movementos masivos de solidariedade ante unha situación de crise.
- É un gran ocio e por suposto un gran negocio.

As desvantaxes:
- Afecta a nosa saúde: Estrés, distorsión da realidade, dor de cabeza, daña a vista, provoca algún traumatismo nos músculos e ósos?
- Pode malinterpretarse o contido da comunicación e crear sensacións negativas.
- Son perigosas se non se configura a privacidade correctamente, pois exponen a nosa vida privada.
- Poden darse casos de suplantación de personalidade.
- Falta do usuario no control de datos.
- Son adictivas, e malgastamos máis tempo do que nós podemos imaxinar, perdendo moito tempo para disfrutar da realidade.
- Poden apoderarse de todos os contidos que publicamos.
- Poden ser utilizadas por criminais para coñecer datos das súas víctimas en delitos: como o acoso, o abuso sexual, tráfico de persoas, etc.

Os mozos de hoxe, coma nós, estamos vivindo en primeira persoa os efectos deste mundo virtual. Podemos percatarnos a diario como crece esta adición: quedamos cun amigo e aínda así estamos pendentes do noso móbil, algúns están enganchados toda a noite en lugar de dormir, ó levantarse da cama, o primeiro que facemos con frecuencia é ver se alguén nos mandou unha mensaxe, á hora de comer temos certa inquietude por non poder estar atentos ó aparello e impídenos disfrutar dunha boa comida coa mellor compañía, etc.



As veces nos é difícil relacionarnos na realidade por mor das redes sociais. Deixa de ser un zombie deste mundo virtual, coñece xente en persoa, e disfruta da vida!


Cantas horas ó día estás ti co móbil?

Canto tempo aguantarías sen estos aparellos e redes sociais?

Utilizarías o móbil nas situacións nas que estás acompañado?


(Artigo de Saleta Vidal e Goran Alonso)


Escribe o teu comentario (17) - Categoría: Actualidade - Publicado o 05-10-2014 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0