O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Baixo o poder dos símbolos. A propósito da MEMORIA HISTÓRICA


Os símbolos representan os valores,
as metas e a historia daqueles que os mostran.
Os pobos, como os homes, mostran a súa madurez
cando asumen a vida xa vivida e fan xustiza co pasado


O xugo e as frechas
. Provén de Virxilio (70aC-19aC). As frechas simbolizan a guerra e o xugo as labores dos labregos.

No século XX estes símbolos foron tomados polos Falanxistas españois como sinal do esplendor da patria. Outro símbolo foi o "saúdo romano" (brazo dereito extendido ca palma da man aberta).

Mais adiante o réxime do Xeneral Franco aceptounos como seus. É difícil sabe-lo número de víctimas que provocou a represión exercida polo dictador.
-------------------------

Estrela de David. Símbolo do xudaísmo. Tamén chamada Selo de Salomón. Na Idade Media empregouse para distinguir ás comunidades e distritos reservados ós xudeus.

A Reconquista da Península Ibérica polos cristiáns provocou tensións e enfrentamentos. Houbo persecucións antisemitas, matanzas e expulsións das cidades. O Gran Inquisidor, Tomás de Torquemada intervíu moi activamente na expulsións dos xudeus do país.
-------------------------

Pentagrama invertido. Asociado durante moito tempo á máxia e ó misterio. Foi utilizado nun principio como talismán de protección. Para os Druidas era símbolo da cabeza de Deus.

Entre os séculos XV e XVIII deuse unha persecución intensa da bruxería, sobre todo de mulleres ás que identificaban por este símbolo e acusaban de dar culto ó demo. Baixo a autoridade do Sacro Imperio Xermánico producíronse 110 mil procesos e 60 mil execucións

-------------------------

A Cruz gamada. Aparece na iconografía, arte e diseño ó longo da historia da humanidade. Se menciona por primeira vez nos Vedas (Escrituras Sagradas do hinduísmo).

No século XX o nazismo adoptou a esvástica como emblema, así Hitler en Mein Kampt refírese a ela como símbolo da "loita pola victoria do home ario".
As cifras de víctimas pola represión nazi aproxímanse aos 11 millóns de persoas.



Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Actualidade - Publicado o 02-11-2007 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
¿Sociais por natureza?
Entre os pensadores que defenden a natureza social do ser humano está Aristóteles (s. IV a C.). Na súa Política argumenta do seguinte xeito:

. O ser humano é, por natureza, un animal
cívico.

. A razón principal é que só o ser humano posúe a
palabra.

. Os humanos posúen o sentido do bo e do malo, do xusto e do inxusto.

. A cidade é unha comunidade perfecta e posúe a
autosuficiencia total.


¿E tí que pensas?.....





Escribe o teu comentario (14) - Categoría: Filosofía - Publicado o 26-10-2007 23:34
# Ligazón permanente a este artigo
Benvid@s tod@s.....
Con moita ilusión inauguramos este espazo de comunicación, para compartir con todos os que desexen visitarnos, opinións, vivencias e ilusións.

Somos estudantes de 2º de Bacharelato do IES Alvaro Cunqueiro de Vigo. Nosa profesora de Ciencias Políticas e Socioloxía animounos a "entrar na rede" e compartir parte do traballo realizado día a día na aula con todos vos.

¡¡ Benvidos-as o noso espazo !!
Escribe o teu comentario (7) - Categoría: Saúdos - Publicado o 24-10-2007 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0