A cidade de Vigo está empapada de historia, en cada unha das súas rúas cada placa conmemora algún personaxe ou feito histórico.
Neste curso centramos a nosa atención nas rúas con nome de muller, en conmemoración do Día Internacional da muller (8 de marzo). Este traballo teórico e práctico foi elaborado polos alumnos de 2º de Bacharelato na materia de Ética e Filosofía do Dereito. Cada un de nós escolleu á muller que máis lle interesaba, dende Isabel II ata MªXosé Queizán pasando por mulleres tan emblemáticas como Rosalía de Castro, Concepción Arenal ou Olimpia Valencia entre outras. Cada unha de estas mulleres, 14 en concreto, marcan un antes e un despois na historia, dende a pintura ata a medicina.
A continuación, deixamos, a mostra do noso traballo ao longo de este taller.
|