Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.
|
|

|
O noso perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A nosa cidade |
|
A primeira civilización máis importante asentada en Vigo foi a romana. Antes da súa chegada, a Península estaba habitada por uns chamados pobos castrexos cunha evolución moi pobre en todos os aspectos. Para os romanos Vigo era un importante porto onde desembarcar e tamén levar cara Roma os productos da nosa terra.
Na Idade Media as incursión xermanas e de piratas fixeron que a poboación se concentrara no interior para unha maior protección. Coa propagación do cristianismo Galiza foi totalmete dominada pola igrexa, desta forma Vigo dependía na súa totalidade do monasterío de Melón.
Vigo, durante os séculos XV-XVIII, conseguiu crecer como cidade grazas a súa actividade artesanal e ao seu pequeno comercio. En 1587 os armadores vigueses organizaron a defensa da ría contra o ataque da armada francesa dirixida por Francis Drake. Douscentos anos máis tarde prodúxose a contenda de Rande que enfrentou a Inglaterra e Holanda contra España.
En 1809 o exército de Napoleón Bonaparte tomou a cidade de Vigo, o pobo, con valentía, foi o primeiro de toda España en expulsálos grazas a heróes como Cachamuíña. Na segunda metade do século XIX a cidade experimentou un continuo crecemento.
O século XX marcou unha época de crecemento económico e aperturas de empresas importante que chega ata os nosos días.
A nosa visita comezou na Porta do Sol, preguntándonos por qué se chama así e continuamos o percorrido "por enriba dos muros" que fortificaban a vila no tramo que coincide coa rúa Carral, e imos baixando tentando facernos unha idea de como era o trazado da muralla e do recinto en si, e de como se organizaban as diferentes actividades dentro e fóra dos muros. Chegados a Laxe, facemos o percorrido "intramuros" onde observéramos diferentes tipos de construccións das distintas actividades que acolleron estes edificios.
|
|
|
|
|