O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Apagha a lus
Ímosvos presentar APAGHA A LUS, isto é, unha revista feita exclusivamente por alumnos do centro, e na que participan algúns mestres tanto na redacción coma nos artigos, xa sexan en forma de entrevista, narrativa ou artigos de opinión.

Funny Pictures


Inclúe temas relacionados coa adolescencia, ese duro período polo que todos temos que pasar. Outros son de carácter educativo e de actualidade: música, críticas, redes sociais, deportes, amores adolescentes, etc. A meirande parte dos artigos publicados son orixinais e cun compoñente crítico moi interesante, mostra opinións moi variadas e de grande interese xuvenil.

Conta cun apartado especial para o nivel de 2º de Bacharelato, neste caso as notas medias de corte da selectividade para poder acceder á Universidade, clasificadas por carreiras, aínda que tamén inclúe os Graos para aquelas persoas que non están interesadas en facer unha diplomatura ou licenciatura.

Contén unha serie de historias e relatos para entreter as vosas mentes, para facer voar esa imaxinación que todos algún día tivemos pero que deixamos atrás para afrontar aquel gran paso do crecemento e da maduración, xa que a imaxinación é considerada como cousa de nenos. Pois eles, como persoas adultas xa, xogan a facer voar a vosa imaxinación, a facervos rir coas súas historias e anécdotas e sobretodo facervos pasar un bo anaco lendo e aprendendo con eles.
Aínda que parece non ser unha revista de todo libre, pois ao pasar por unha selección moitos artigos quedan atrás, coma o artigo "O profesor máis atractivo do instituto", no que os enquisados eran os alumnos, pois.... foi censurado. Alguén considerou que era mellor non incluílo. pero.... non estamos acaso nun país libre no que a libre expresión é sinal de identidade da nosa democracia?.


Parabéns a tod@s aqueles compañeir@s que a fixeron posible!!


Se queredes opinar sobre o seu contido,
enviade un comentario.



(Artigo de O Clube das ideas)

Escribe o teu comentario (19) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 02-05-2011 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
19 Comentario(s)
1 Sobre o artígo: CRÍTICA DA PASIVIDADE ADOLESCENTE.
Na miña opinión a pasividade adolescente forma parte da propia psicoloxía desta etapa. É a época da desconformidade, da rebeldía; en maior o menor medida.
É normal que alguén pense en si mesmo, no seu propio futuro e nos seus intereses, porque ninguén máis vai a facelo por el. Este tipo de ?egoísmo? e ?competitividade? é o que levou o home tan lonxe na evolución.
O autor do texto din textualmente: ?O que quero dicir é qu#blgtk08#e a xente non sabe nada, non se preocupan polo seu país, nin pola seguridade?? ¿E el si?. Gustariame saber as veces que el foi a axudar en algún centro social, ou as veces que traballou de voluntario. É moi sinxelo dicir esas cousas en unha revista e despois sentarse nun sofá a ver como todo sucede botándolle a culpa os demáis por ser ?pasivos?.
Con isto non quero dicir que non teña boas intencións ao tratar este tema, pero non se pode facer dende un plantexamento tan radical.
Comentario de Xabier (04-05-2011 10:45)
2 Eu vou referirme ó escrito por Clara e Rocío que fala sobre os Amores adolescentes.

Todos os mozos e mozas nalgún momento da súa adolescencia tiveron un amor. Nese amor pensamos que todo é positivo e sen ningún tipo de problemas pero en realidade non soe ser así xa que tem#blgtk08#os unha noción do concepto de amor equivocado polos factores do día a día que inflúen no noso modo de pensar.
O período de enamoramento dun adolescente adoita ser curto ; non obstante, iso non quere dicir que non poida manter unha relación seria a pesar da súa corta idade.
Comentario de Laura Márquez (04-05-2011 10:48)
3 Vou falar do artigo da revista que trata sobre O machismo na escola.

Quizáis sexa certo que hai anuncios machistas, mais que machistas eu creo que máis ben son relacionados co sexo. O mellor é por iso que di a autora do artigo que o vemos como algo normal e non o asimilamos. Mais sigo pensando que a maioría dos anuncios están relacionados có sexo.
Hai traballos sempre#blgtk08# foron entendidos como machistas, grazas a Deus, isto está cambiando. Hoxe en día as mulleres podemos dicir se queremos traballar en algo que requira un esforzo físico ou non.
Non creo que o machismo esté presente na ximnasia. É certo que nas probas as mozas non piden menos resistencia que os mozos, pero isto é porque eles teñen unha maior complexión muscular de promedio cas mozas.
Comentario de Raquel (04-05-2011 11:01)
4 A noticia que máis me impactou foi a do home que estivo vivindo cun coitelo na cachola xa que estivo nin máis nin menos ca frioleira de catro anos. Tamén pareceme unha barbaridade o rec#blgtk08#ord do beso máis largo do mundo pero fronte a este record eu atopei outro que aínda pareceume máis incrible: este record é o de máis esquiadores acuáticos tirados polo mesmo barco,144.
Comentario de Marcos (04-05-2011 11:07)
5 NON AO ADOUTRINAMENTO RELIXIOSO NO ENSINO.

Tralo fin do franquismo, e o comezo da democracia producíronse grandes cambios sociais e de mentalidade. Un dos cambios foi o paso dun Estado aconfesional a un laico, isto viuse reflexado nos edificios oficiais e lugares públicos , asi como no ensino.
Esta desaparición do catolicismo no ensino non se fixo de forma completa. Aínda podo recordar que, hai uns poucos anos, no meu colexio concertado, era obrigatoria a materia de Relixión.#blgtk08# /> Na miña opinión esta influenza da igrexa nas escolas non é positiva para os nenos , pois dende pequenos poden influír nas súas opinións sobre o aborto, o uso do preservativo ou outros aspectos. Ademáis pode crear situacións de discriminación pois a única relixión que se imparte nalgunhas aulas é a católica. A escola debe dar resposta a todas as crenzas relixiosas que poida ter o seu alumnado. Se a relixión budista ou musulmana non se imparte, tampoco o debería facer a católica nun Estado laico.
Comentario de Laura Molinos (04-05-2011 11:11)
6 En canto á sección dos grupos de música da última edición de "Apagha a lus", paréceme moi amena.

Os mozos e mozas de hoxe en día intentan participar no mundo da música, de ahí que se constitúan ditos grupos. Desta maneira intentan facer realidade os seus soños, algo que nunca se debe deixar atrás, aínda que con numerosas dificultades como poden ser a busca dunha discográfica, representante, facerse coñecer,etc...
Eu animo a todos, tanto a mozos com#blgtk08#o a adultos, que non deixen perder unha oportunidade que saben que poden aproveitar, xa que esa oportunidade probablemente non volva a aparecer. Temos que loitar polos nosos soños e nunca volverse atrás, sobre todo a mocidade que temos toda a vida por vivir e moitos cambios que facer.
Outro grupo de música, que teñen características similares a estes grupos nomeados na revista, pode ser "Second Floor" cuxos integrantes pertenceron a este instituto anos anteriores.
Comentario de Patri (04-05-2011 11:15)
7 O artigo de Tania Rodríguez titulado "Machismo na escola" trata un tema a debatir realmente interesante posto que a pesar de estar no século XXI segue a existir o machisimo en moitísimos ámbitos.

Como di a autora do artigo, no ámbito laboral atopamos unha actitude de prepotencia do varón respecto da muller, xa que as mulleres teñen salarios inferiores, as discriminan para certos tipos de actividades (sobre todo as físicas)...

Tania Rodríguez céntrase no machismo na escola. Eu neste aspecto non estou moi de acordo #blgtk08#con ela, xa que na miña opinión, na escola non hai mostras desta actitude nin por parte dos docentes, nin dos compañeiros... (polo menos no noso instituto) aínda así poderiamos considerar algunhas excepcións como son as diferenzas nas probas de ximansia entre mozos e mozas. Non sempre as mulleres son másis débiles. Algunhas mozas son máis fortes ca outros mozos, asi que esta diferencia pareceme absurda, pero coma sempre se fixo o vemos normal.

Todos temos que loitar contra esta descriminación que non ten sentido na actualidade.
Comentario de Sarai (04-05-2011 11:18)
8 Unha das seccións da revista que máis me sorprendeu foi a dedicada ós grupos musicais adolescentes.

Esta considero que é unha boa idea para promocionar a estos adolescentes que levan pouco tempo na música e precisan certa axuda para poder darse a coñecer.
Non obstante, creo que os grupos que tocan unha música máis difícil de escoitar teñen unha certa marxinación en canto á hora de promocionalos. Xéneros como as diferentes ramas do Heavy Metal (Trash, Doom, Power, Black), ou do Rock (Hard, Folk, Glam, Progresivo) teñen menos prioridade fron#blgtk08#te a outros que son máis doados de escoitar debido a que fan un tipo de composicións pegadizas que saben que gustarán a todo ó mundo.
Un bo exemplo disto sería un grupo que é moi coñecido na actualidade: Paramore. Todos os adolescentes coñecen a súa música e saben ao menos unha canción.
E outro grupo representativo da diferenza do éxito musical entre os diferentes xéneros de música son Creedence Clearwater Revival, unha das bandas máis representativas dos anos 60 pero que non son entre os mozos e mozas nin a metade de coñecidos que o grupo anterior.
Comentario de Mario (04-05-2011 11:21)
9 Somos participantes da revista da que falades.
O primeiro que vos queremos dicir é, moitas grazas. A vós por facer este pequeno artigo no blog e a todos os mozos e mozas dos instituto por ler a revista, e expor as vosas opinións.
En canto ao procedemento da revista, facíamos unhas pequenas reunións de grupo na que expoñíamos as ideas q#blgtk08#ue tiñamos para os diferentes artigos que podiamos por e escribir.
Por certo, na revista oficial deste instituto que sairá este mes, nós mesmas imos volver publicar artigos e un ten relación con esta revista e a nosa esperiencia. Así pois, ledeo para saber como foi a sensación e para animarvos para o próximo ano.

Moitas grazas.
Comentario de Ana Prado y Sofía Silvosa. Revista (06-05-2011 09:01)
10 Na miña opinión o feito de que haxa un pequeno grupo de rapaces e rapazas capaz de sacar adiante un proyecto como esta revista é moi positivo. Desgraciadamente o habitual no al#blgtk08#umnado é a indiferencia e o pasotismo. Por iso, un agarimoso saúdo a Leila, Diego, Rocío, Irene, Gabriel, Tania, Ana, Clara, Luís, Flavia, Carmen e Rodrigo pola súa iniciativa
Comentario de Xavier (06-05-2011 23:44)
11 Eu vou referirme do artigo ?Non ó adoutrinamento relixioso no ensino? escrito por Luis Toledo.

Ó meu parecer este artigo está moi ben presentado tanto na súa forma como na súa linguaxe. Xa no seu inicio, o autor, preséntanos un pequeno comic acerca dos eclesiásticos na actualidade. Este comic non transmite unha idea clar#blgtk08#a, senón que deixa á man dos lectores decidir que cren eles que significa.
En canto o tema, teño que dicir que estou totalmente dacordo no que se refire aos signos distintivos segundo a relixión, xa que se unha persoa non pode traer a súa cabeza tapada cun velo, un cura tampouco debería poder vir con roupas distintivas.
Comentario de Sara Quintela (09-05-2011 13:33)
12 Voume referir ó mini-relato titulado "As novas xeracións" de Clara Ramos e Rocío González.

Estou de acordo coa perspectiva exposta por elas. Nos últimos anos, os mozos e mozas, na miña opnión, acadaron certa independencia cara os maiores, unha independencia moral#blgtk08# no sentido de que xa non respeitan o principio de autoridade. Cousa que, nun lado é moi positivo á hora de madurar e forxar unha ideoloxía propia.
Sen embargo, dita liberdade fainos cada vez máis insubordinados, insolentes e irrespetuosos cara tóda-las demais persoas.
Comentario de Eloah (09-05-2011 13:36)
13 Penso que incluir un artigo que critica as ideoloxías fascistas foi un acerto. Poucas revista adolescentes tocan temas políticos. Ademais o artigo permítenos saber que aínda hai xente cunha ideoloxía nazi na nosa cidade. Eu pensaba que a ideoloxía fascista xa houberase extinguido practicamente. Se en realidade esta ideoloxía aínda perdura na cidade onde vivimos como di o artigo, é unha vergoña para a cidadanía que aínda haxa xente que pense que o fascismo pod#blgtk08#a chegar a un bo porto, é malo para todos. En realidade eu nunca vin a ninguén cos símbolos nazis na cidade de Vigo, se algún día vexo algún destes procurarei desprecialos como se non existisen.
É verdade que moitas das persoas de avanzada idade aínda conservan a ideoloxía do franquismo a maior parte das veces non saben o que din e defenden unha forma de pensar que non é boa para ninguén, estas persoas son inofensivas, o que teñen é añoranza polo pasado.
Comentario de aitor veloso (09-05-2011 13:38)
14 Na miña opinión o Relato crítico escrito por Leila Alonso quizais teña algunha esaxeración pero aínda así é certo que moitos rapaces tan só polo feito de querer encaixar fan cousas das que despois pasado un tempo terminaran arepentíndose e é por iso que eu sempre dixen que un ten que ter a suficiente cabeza para saber cando dicir que "non" e cando "aceptar".

Agora os rapaces/as de entre 12 e 17 anos e inclusive máis poden incluso chegar a vivir experiencias que un de 19 ... ainda non experimentou, queren ser maoires antes de tempo.

A mocidade ( aínda que soe raro dito na miña boca) está demasiado espelida, crense que por levar un pitillo a boca ou un porro ademais de andar con esos aires cos que andan, comense o mundo cando en realidade non teñen idea de nada. A moitos os ves pola rua sen respetar nada nin a ninguén, danlle igual que sexa unha persoa maior, coma unha embarazada, ou outro da #blgtk08#súa mesma idade ou menor... A CUESTIÓN E FACERSE NOTAR e así sentirse importantes ou "ways".

Eu nestes momentos xa estou preto dos 19 e podería falar e contar miles de experiencias acerca deste tema. Experiencias que fun vendo e inclusive vivindo na miña propia pel ó largo de tantos anos de adolescencia e é por iso que sei perfectamente que se alguén ten a suficiente persoalidade sabe tomar as súas propias decisións e decidir cando facer algo e cando non e non por iso será máis ou menos "popular".

En conclusión de todo isto dirialle a Leila, autora de dito artigo, que estou de acordo coa súa opinión e propóngolle a todos aqueles mozos e mozas que leran isto que se mentalicen e fagan caso do que digo, que non chegan a ningures cos seus aires de superioridade con tan só 15 anos de idade que o único que conseguen e votar a perder o seu futuro e que os que xa van tendo unha idade rianse deles.
Comentario de Nerea (09-05-2011 13:56)
15 A elaboración dunha revista é sempre unha experiencia enriquecedora, supón un esforzo de imaxinación e un traballo de equipo importante (cousa moi difícil de conquerir entre adolescentes).

Gustoume a frescura e espontaneidade dos artigos. O conxunto é unha mestura moi equilibrada de diferentes estilos periodísticos: reportaxes, opinións, re#blgtk08#latos críticos, etc.

Valoro positivamente o feito de que se mostraran respetuosos con todos, pois unha imaxe danada por un medio de comunicación, aínda que sexa unha revista escolar, é moi difícil restituila. non foi a censura a que evitou a publicación dese artigo que retiráchedes, senón o respeto que debemos practicar entre todos nós.
Comentario de Carmen (09-05-2011 22:10)
16 Agradezo todos os vosos comentarios sobre a revista e as críticas, sempre que sexan construtivas, son favorables para un traballo.

Gustaríame facer fincapé sobre o carácter desinteresado do grupo que formamos este ano, o cal conseguimos facer ameno (grazas tamén á axuda do profesor Luís F.) e nolo pasamos #blgtk08#realmente ben construíndo o noso propio ''produto'' partindo das nosas propias vivencias e intereses.

Por último, dicir que é moi positivo ler críticas sobre o meu artigo do segundo número. Sempre é bo que demostren unha crítica positiva tras algo que ten un tempo de dedicación detrás.

Saúde
Comentario de Luis T. (10-05-2011 10:10)
17 Entre las distintas secciones de la revista escolar haré ènfasis sobre el apartado de Microrrelatos, donde hay distintas historias expresadas en unas pocas lìneas. Sus autores son Flavia Barios, Rocío González, Sofía Silvosa, Ana Prado y Carmen Zalvide, de las cuales el que más me llamó la atención fue el microrrelato de Ana Prado que se titulado Confesiones de un niño de cuatro años.

Más que hacer referencia desde la perspectiva de la madre o del padre, se realiza desde la perspectiva de un niño de cuatro años de edad, el cual va pasando por diversos procesos; se comienza con el reconocimiento de la madre, el niño aún no sabe quien es esa persona que le alimenta cada día , le cuida,le da mimos, poco a poco se cuenta de que ella es su madre. Se hace mención del proceso de alimentac#blgtk08#ión del niño, que comienza con el período de lactancia, bebiendo la leche de la madre, pasando por el biberón, un objeto que tiene leche dentro pero que él dice que no le gusta, incluso la echa de menos, y finalmente llega a la etapa de los potitos que por muy ridículo que parezca le gustan.

Es un microrrelato bastante original que sinceramente me gustó ya que por lo general se habla del sentimiento de alegría que sienten los padres,familia,seres queridos , etc, de tener a un nuevo integrante en la familia, más no se suele expresar el sentimiento del niño, ya que es algo que no solemos conocer.

En mi opinión es un buen artículo, otra manera de ver las cosas, ya que de esta manera pensaremos en como se debe de sentir el niño, puesto que hacer que nos pongamos en su sitio.
Comentario de Yiliani (13-05-2011 09:38)
18 O machismo na escola.

Eu penso que é un tema que esta sempre presente en todo os ámbitos. A muller sempre está infravalorada e consideramos que por ser muller ten que facer os traballos que os homes no queren (coidar a casa,nenos,etc.)
É moi certo que a muller está desprazada no traballo,cobrando menos por facer os mesmos traballos que o home, e non está considerada a facer traballos forzosos por ser "incapaz de realizalos"
Na escola existen máis exemplos do machismo,sobre todo nas probas de ximnasia,onde separan aos nenos das nenas.As nenas non soen xogar ao fútbol ou deporte#blgtk08#s de "nenos",elas fan acrosport,badminton,etc.
Este tipo de comportamento machista o encontramos sobre todo nos nenos da E.S.O , onde ven normal que unha nena no xoque ao fútbol e se o fai, é considerada unha "macholo"
Eu tamén observo este tipo de machismo no sentido en que os nenos só teñen amigos masculinos e as nenas femeninas. Estan separadas por grupos e posiblemente eso ten que ver con pensamentos machistas. Penso que ao facernos maiores imos abandonando as actitudes machistas ( non todas as persoas) e vamos considerando a muller como unha persoa máis,cos mesmos dereitos que os homes.
Comentario de David Freixes 2º B (17-05-2011 11:56)
19 O que poderiase falar é sobre o matrimonio homosexual #blgtk08#en España.
Parabens aos redactores desta revista
Comentario de Miguel (27-05-2011 13:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0