O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

As miñas memorias de aula
Moitos son os recordos da nosa vida escolar, a maioría deles son bos e outros non tanto, aínda así eses recordos menos agradables rematan converténdose en anécdotas das que aprendemos e melloramos. Éramos uns nenos que non tiñan ningunha preocupación pola vida, e aos que soamente lles interesaba ser felices e pasalo ben.

Lembro o meu primeiro día no colexio, no que era novo e non coñecía a ninguén. Eu era un rapaz moi tímido e o cal lle custaba abrirse á xente. Pero pouco a pouco funme comunicando cos compañeiros sobre todo grazas aos nosos pasatempos nos recreos, nos que estableciamos amizade a través do fútbol, dos tazos de “Pokemon” e cantidade de xogos máis.

Ao longo da nosa vida escolar tivemos moitos profesores, uns mellores e outros peores. Entre os mellores lémbrome por exemplo de Marcos, meu profesor de Educación Física, co que faciamos multitude de deportes e tarefas moi interesantes. Ademais das clases que impartía como profesor tamén me axudaba moito fora do seu horario laboral. En canto aos peores, recordo a Dona Beatriz, unha señora que me deu clase en 5º e 6º de primaria, era moi seria e sempre nos regañaba aos nenos, as nenas tratábanas mellor.

Despois comezou a etapa adolescente no instituto e con todo o que iso leva. Xente mais maior, malas compañas...que queiras ou non sempre inflúen, as veces para ben e outras para mal e tes que tomar decisións coas que vas collendo experiencia e madurez. Os exames, eran unha tortura xa que me poñía moi nervioso e o día anterior o pasaba moi mal ata tal punto de non poder durmir ben pola noite aínda que despois de facelo sentía un gran alivio e satisfación, e unha sensación de liberdade inmensa.


(Artigo de Iago Castillo e Marcos Sarmiento)


Escribe o teu comentario (26) - Categoría: Ensinanza - Publicado o 03-04-2011 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
26 Comentario(s)
1 Ainda recordo o meu primeiro dia de escola no que sentia medo porque pensaba que a miña nai iame deixar soa cos outros nenos que non coñecía. Durante toda a mañá estiven chorando pero ó mediodia cando miña nai #blgtk08#viume buscar sentinme aliviada. Pouco a pouco funme acostumando ata que un dia levanteime da cama e fun espertar a miña nai para que me levara á escola porque queria xogar cos meus compañeiros, pero era sábado.
Comentario de Iris Piedrahita (04-04-2011 13:33)
2 Eu lémbrome cando, nunha semana a finais de xuño, cando eu aínda ía en 4ºA (tiña polo tanto 15 anos), estabamos coa semana de exames. O tutor do meu grupo era Pedro Areal, o actual xefe de estudos, e, foi él quen, nos introduxo nun concurso; uns deses típicos concursos de institutos nos que hai que facer un mural para unha exposición.

En semana de exames, recórdovos, aceptamos entrar nese concurso, o tema do noso #blgtk08#traballo era: o cadro do Guernica de Picasso. Fixemos unha interpretacion do cadro, en relieve e cunha roda informativa.

Gañamos o 2º premio: un viaxe a Lisboa de 3 semanas con gastos pagados e visitas educativas a museos, acuarios etc...

Agora en 2º de Bacharelato nin se nos ocorre entrar nun concurso no que o premio é irse de viaxe, principalmente porque non temos tempo nin para respirar.
Comentario de Laura González (04-04-2011 13:40)
3 Todo o mundo ten anécdotas do colexio e do instituto. É curioso, a maioría veces marcan máis as negativas. Temos lembranzas malas como, por exemplo, ver que algún neno se mete continuamente con outro por razóns estéticas ou sexuais entre membros da mes#blgtk08#ma clase.
Pero iso forma parte de crecer e de realizarse como persoa para afrontar o futuro. Non é nada novo, dende fai centos de anos, pode dicirse que dende que se creou a escola, houbo e haberá conflictos e discusións entre os adolescentes.
Comentario de Raquel y Xabier (04-04-2011 13:41)
4 Nos levamos toda a nosa adolescencia neste instituto, polo que temos moitos recordos dos que falar.
No primeiro día de instituto recordamos que estabamos moi nerviosas porque non sabiamos o que nos iamos encontrar, aínda que axudou moito ter a todos os nosos compañeiros do colexio connosco no mesmo cen#blgtk08#tro. Pouco a pouco todo foi indo a mellor, cando nos adaptammos o insituto todo foi moito máis doado.

Agora, cando xa estamos no noso último ano de instituto a unhas semanas de rematar cremos que aínda temos ganas de marchar ,por outra banda tamén danos moita pena acabar esta etapa da nosa vida.
Comentario de Sara Quintela e Laura Márquez (04-04-2011 13:46)
5 Todos temos grandes recordos na nosa infancia: os xogos e pelexas cos amigos, os códigos secretos, os motes dos mestres,..

Non o parecía, pero as persoas maiores estaban no certo cando dicían que a infancia é a etapa máis feliz da vida. Ao estar aprendendo, os erros que cometemos non son graves, e ainda que no momento poidamos enrabietarnos, ao medrar recordamos estes momentos con cariño e #blgtk08#nos fan graza.

Por iso penso que é unha pena que cada vez os nenos perdan a inocencia máis rápido; é triste velos fumando e facendo dietas cando coa súa idade nós ainda xogábamos á pita. E non creo que iso pase porque sí, a culpa debémola buscar nas influencias que exercemos sobre eles, e na educación que lles damos, como deixalos ver Física o Química no canto dunha película Disney.
Comentario de Cintia V (04-04-2011 13:49)
6 Ao largo de todos estes anos de educación escola e instituro, decateime de que todos os recordos dos que dispoñemos, xa sexan bos ou malos, son futuras anécdotas que contaremos dentro de varios anos aos nosos fillos e netos e que serviron para ir madurando ao pasar experiencias que non poderías experimentar por ti só.

Toodas as historias tristes, alegres, divertidas, tensas, sucederon nun espazo que inevitablemente chegou a formar parte do noso modo de vivir independentemente de que nos guste estudar ou non. O feito de pasar 5 días á semana 6 horas ao día e convi#blgtk08#vindo con outras 300 persoas fai que ditas historias só poidan suceder aquí.

É na escola onde aprendemos a traballar en equipo, a obter recompensa por un duro traballo, a sociabilizar con outras persoas...Son experiencias que todo o mundo adquire neste espazo, tanto se estudia como se non.

Todos estes acontecementos e estas experiencias que vivimos contribuíron a aprender sobre a forma de vivir e crecer como persoas, e agora quedan como relatos que nun futuro contaremos, non importa a súa importancia nin a súa calidade, agora forman parte de nós.
Comentario de Anónimo (04-04-2011 13:50)
7 A verdade é que eu non recordo o meu primer día de escola, tan só recordo que odiaba ir e tamén que me deran guisantes pra comer no comedor, pero ademais diso que dicir pois que a miña esperiencia en primaria foi igual nos dous colexios nos que estiven. Si e certo que ainda que sempre andaba as pelexas cos rapaces e erache ben brutiña, inda conservo duas amigas moi importantes pra min, e o chegar o instituto coñ#blgtk08#ecin a outras coas cales todas xuntas facemos un bo equipo ainda que as veces sempre temos os nosos rifis rafes, pero quen non os ten levando tantos anos xuntas?.
En conclusión a verdade e que pra min o mellor de todos estes anos de escola foi coñecer as persoas que dende os 4 e 12 anos estiveron comigo sempre, e teño que reconocer que tiven gran sorte ó encontralas posto que pouca xente pode dicir o mesmo.
Comentario de Nerea (04-04-2011 13:53)
8 No meu caso, teño moi bos recordos do colexio no que entrei con cinco anos e que abandonei en 4ºda ESO. Os profesores, os compañeiros, os em#blgtk08#pregados do comedor, todos formábamos unha pequena comunidade na que os nenos nos desenvolvimos, ademáis do ámbito educativo, como persoas.
Comentario de Alexia García (04-04-2011 14:07)
9 En referencia a las experiencias de los sitios en los que hemos estudiado,estuve desde los 5 años hasta los 17 en el mismo colegio, tan solo me faltaba un año para acabar bachillerato y me tuve que venir a España.

Hay una gran diferencia en cuanto a la manera de evaluar, de enseñar y de comportamiento entre donde estudiaba donde estudio ahora.

Para mi fue un gran cambio al venir porque notaba que todo era tan diferente, tanto los profesores como los compañeros de clases, y con esto no digo que los de mi anterior colegio sean mejores que los de aqui o viceversa, sino que era un cambio total#blgtk08# para mi y lo unico que tenia que hacer era acostumbrarme.
A pesar de que echara de menos a mis amigos (que eramos practicamente como hermanos), tenia que aceptar que ahora estaba viviendo aqui, por esta razon ahora ya estoy mejor y no me gustaria vivir de nuevo alli porque ya estoy acostumbrada y seguro que al irme echare de menos este sitio.

En cuanto a los buenos y malos recuerdos; por supuesto que tengo muy buenos recuerdos de mi pais, amigos, familia, etc. Pero tambien han habido malos recuerdos que simplemente intento no pensar en ellos y verle un lado positivo de porque me pasaron algunas cosas.
Comentario de yiliani (06-04-2011 10:57)
10 Eu, dende moi pequena nunca estiven fixamente nunha escola e, polos motivos que sexan, fun cambiando ano tras ano. Pero de cada colexio puiden sacar novas experiencias e amizades que axudáronme a madurar, ó ter contato con diferentes tipos de persoa, outras formas d#blgtk08#e ver a vida e de interpretala, elixindo o mellor de cada quen.
É hoxe, ó estar a punto de rematar o meu ciclo escolar, cando doume conta da repercusión que tiveron en min todas estas persoas.

He podido aprender novos idiomas

Comentario de Eloah (06-04-2011 11:00)
11 Dende que nacemos ata os nosos días a vida estanos a por a proba constantemente. A etapa escolar é na que máis aprendemos, grazas a que pasamos a maior parte do tempo superando constantes retos propostos polos nosos educadores.
Co paso do tempo, estes retos forman parte da nosa experiencia. Sen embargo, a vida mesma exponnos novos retos cada vez máis complexos a pesares de que non sexan educativos.
En conclusión, de pequenos queremos#blgtk08# parecernos aos adultos de maneira que chegados á etapa adolescente sometémonos, especialmente as mozas, a diversos cambios que non son propios de nós mesmos. Superada esa etapa, recordamos todo o que deixamos atrás como algo inolvidable, dandonos conta de que a infancia é a mellor etapa da nosa vida. Entón é cando lles damos a razón ás nosas nais, que de cativos dicíannos que cando medrásemos quereríamos volver a xogar coma nos tempos de antes.
Comentario de Carla y Patri (06-04-2011 11:09)
12 A miña experiencia no colexio ten a sua vez moitas anécdotas. A escola é un dos lugares onde pasas a maior parte do tempo da tua vida, convives con compañeiros, profesores etc.
Ainda que eu non era un bo alumno teño un bo recordo dos meus profesores.
Na escola fórmanse as mellores amistades e tamén as enemistades da túa infancia.
Unha das anécdotas m#blgtk08#ais graciosas da escola foi esta:
Cando tiña 10 años un compañeiro dille á profesora :

- Profe,te pareces a Shakira.

E cando a Profesora comezaba a sorrir, moi alagada, él díxolle:

- Pero ela e máis rubia, máis fraca e menos arrugada.
Dícese que os nenos e os tolos sempre dicen a verdade.


Comentario de aitor (06-04-2011 11:17)
13 Xa non falta moito para o final do curso. Parece que foi onte cando cheguei asustada,e xa fai dous anos. A pesar de levar pouco tempo aquí, cada día síntome máis cómoda#blgtk08# e supoño que, cando marche, o botarei de menos. Ao mellor ao principio non, pois teño moito mundo que ver, pero a final a xente sempre remata tendo moriña do pasado.
Comentario de Laura Molinos (13-04-2011 10:44)
14 Recordo que cando era pequena, no meu colexio mandábanos como castigo entrecruzar os brazos, colocar a cabeza enriba e durmir.
Para nós isto era o peor do mundo e cando ia á casa e mandában#blgtk08#me durmir eu cría que era un castigo e pasabao mal.
Ao recordar estes castigos penso que oxalá castigáranme agora con eses castigos, xa que o luns a primeira hora incluso faríanme un favor.
Comentario de Sofía Silvosa 4ºA (13-04-2011 11:43)
15 Na miña opinión, o comentario de Sofía paréceme moi divertido e anecdótico. Ademais, teño unha experencia parecida. Na miña clase, obligábannos a facerlle a mofa a unha nena cando choraba para que parase. Aínda recordo aqueles días.#blgtk08# Ah! si, ademáis, un día un rapaz quedou durmido na clase, era o que se sentaba a carón da mesa da profesora, e a profesora mandounos quedar en silencio. Foi buscar ao director e ambos despertárolo cun susto. Tremendamente divertido.
Comentario de Ana Prado 4ºA (13-04-2011 11:51)
16 Recordo cando mandabanos ir a clase despois do recreo e como nos quedabamos xogando ao#blgtk08# futbol cinco minutos mais.
¡Para nos era o mellor do mundo eses cinco minutos!
Comentario de andres saiz (13-04-2011 11:52)
17 Eu vou facer unha reflexión sobre o que pensaba cando era pequena.Os 5 anos cría que a escola era cousa de nenos (nunca mellor dito) pero pensaba que non era reto para nós, e que eramos mais intelixentes ca iso.
Cando cheguei a 3º de primaria o inglés facíaseme un mundo, e ainda así erame fácil de aprobar.
Todo cambiou na ESO, ademais do inglés o francés e as matemáticas eranme un gran problema, #blgtk08#e loitaba por aprobalas. Claro que iso non era nada comparado co que viña a continuación.

As maiores dificultades atopeinas en 4º cando ainda estudando é difícil aprobar, e xa non digo sacar boas notas.
A cuestión é: ¿según pasan os anos todo volvese máis difícil e nós queixámonos dicindo que antes era máis fácil, ou é que como xa pasamos por esa etapa xa non recordamos o que nos costaba?
Comentario de ISS 4º A (13-04-2011 11:59)
18 Todos entramos con gran medo ao instituto,xa que pasas de ser o maior do colexio a ser o máis pequeno do instituto.Malia que axuda moitísimo entrar cos teus compañeiros ou atoparte con alguén que xa coñecías anteriormente.
Eu recordo que,cando estaba no colexio,moitos alumnos do instituto viñan a facer unha visita nos días de Carnaval ou Navidade.A miña pr#blgtk08#ofesora chamábase Turi,da cal moitísima xente garda un moi bo recordo.Ela sempre lles pedía que nos falasen de como era o instituto,os exames,os profesores,as esixencias...e a verdade,non nos tranquilizaba moito.
Xa no instituto recordo moitas situacións divertidas nas clases e moitos comentarios graciosos e inoportunos debidos a grandes meteduras de pata.
Comentario de Raquel 4º (13-04-2011 12:01)
19 Xa fai casi 3 meses que estou neste instituto e a verdade é que boto moito de menos ao meu antigo instituto, a os meus amigos e nunca pensei que diria isto pero tamen boto de menos aos meus profesores. Recordo cando aun estaba ali sempre dicia que queria marchar de una vez pero non o fixen polos meus amigos e non so iso senón por todo. O cambio de instituto creo que foi horrible, recordo o meu primeiro dia en que entré a onde iba a continuar o curso cos meus novos compañeiros, estaban en clase de inglés e abrin a porta e entrei, a profe so falabame en inglés e eu non entendia nada a verdade é que#blgtk08# nunca supe o que me dixo. Despois pasaron as seguintes clases ata que chegaron os exámenes, eu estaba nerviosa porque non sabia como iban a ser xa que todo era novo para min, enton deronme a meu primeiro exame, en ese momento pensei en cando queixabame no outro instituto dos exames que nos facian xa que comparado cos deste insti eran faciles. Supoño que todo isto, a pesar de que non este ben aqui, axudarame no futuro a saber valorar mais as cousas e a madurar moito. Agora so penso en aprobar e espero ter sorte, pero teño que dicir que aqui teñen moitas cousas que gustanme mais que no outro.
Comentario de Gissela (13-04-2011 12:02)
20 Anos despois do colexio todavía me acordo dos moitos sucesos acontecidos nel, aínda que a maioría dos feitos máis interesantes ocorreron cando cheguei ó instituto.
Despois de pasar moito tempo cos amigos do colexio, quedeime solo na nova clase, xa que o resto os mandaron ás aulas do lado, recordo que o día seguinte chorei. Pouco#blgtk08# a pouco,acostumbreime ós novos compañeiros, os exámenes non me preocupaban moito, xa que practicamente había dado esa materia. Meus pais sorprendíanse de que sempre estivera tranquilo, con o sen exámenes. Despois foi distinto, pero tiñamos máis tempo de estudo xa que faltaban moitos profesores, permitíndonos recuperar o tempo perdido.
Comentario de André Pérez (13-04-2011 12:02)
21 Cando eramos pequenos, todos os profesores nos parecían moi bos e amables. Nunca nos regañaban, nos deixaban pintar e xogar e nos animaban a traballar. Non nos deixaban decir palabrotas e cando eles decían algunha, pensando que nós non escoitabamos deciamos ¡OOOHHHH!, como se #blgtk08#fixeran o máis malo do mundo. Os nosos castigos eran poñernos a durmir e os nosos premios ir a xogar coa granxa de Pin&pon.
Agora, os profesores xa non parecen tan bos e os castigos son "amonestacións" ou "exame sorpresa".
Como desexaría volver a infantil.
Comentario de Lois Regueira Marcos (13-04-2011 12:04)
22 Recordo moitas cousas do meu antigo colexio xa que estiven oito anos ali e o comezo cando eramos pequenos e levabamonos moi ben coas monxas de ali pero a medida que m#blgtk08#edramos comezabamos a levarnos moi mal e cada vez gustabanos menos estar ali o irme comeceu a botar de menos os meus compañeiros pero se fan amigos novos moi rapido.
Comentario de carolina martinez (13-04-2011 12:05)
23 Eu non estiven moi contento coa miña clase de primaria. Eramos 10 case tódolos anos e non había mozas.. solo duas pero como se non estivesen. Eu daquela me levaba mal con Diego T e estabamos a pelexar todo o dia, ata que chegou Rafa que era como un comodin, cada dia de parte de un. Eu era #blgtk08#estudioso daquela, sempre aprobaba todo e con boa nota, pero iso foi cambiando de que entrei no instituto... en primeiro e segundo aprobaba sen dificultade pero en terceiro xa atopei mais dificultades e agora en cuarto.... pero bueno e o que hai que facer para poder ser alguén de maior.
Comentario de cristian galego (13-04-2011 12:09)
24 Recordo perfectamente o meu primeiro día de instituto. Tódolos que viñamos do meu colexio estabamos moi nerviosos por saber en que clase nos tocara, xa que apenas coñeciamos a xente que viñera doutras escolas. Unha das nosas compañeiras, que chegara antes ca nós (os demais foramos todos xuntos), veu correndo e díxonos "Estamos todos xu#blgtk08#ntos en clase". Estabamos todos moi contentos, especialmente eu que era moi tímido, ata que ela se me quedou mirando e dixo "Non, ti non". Só estaba con tres da miña clase, e aínda que pensei que me custaría moito, serviume para coñecer a moita xente.
En xeral, teño bos recordos, aínda que coma todos tivera rifirafes con algúns.
Comentario de Javier Lopez 4ºA (13-04-2011 12:10)
25 - As miñas lembranzas no instituto, como todos, comezou o primeiro día do curso ao que lle damos o nome de ''presentación''. Recordo perfectamente que fora andando cara ao instituto con algúns dos meus amigos do colexio, un deles fora Javier. A presentación era ás 12, e nós chegáramos quince minutos antes, para non ter que ir ás présas, sen embargo había xa xente coñecida que levaba alí media hora!. En canto chegamos os nosos compañeiros que xa viran as listaxes, comezaron a berrar de ledicia que todos íamos na misma clase; en primeiro E.S.O-C, sen embargo intres despois, Sofía, unha compañeira do colexio sinalounos a mín e Javi e díxonos; non, vós non estades connosco. De súpeto entrounos o desacougo, pois para nós era todo un soño que seguíramos xuntos, e non perder así a nosa forte amizade. Polo que Javi e eu fomos os únicos da nosa ''ex-clase'' que continuamos xuntos, o resto da clase estaba formada por moitos d#blgtk08#os meus compañeiros actuais, todos de diferente centros; como o Xavier Sensat ou O Rocío.

Os anos no instituto foron pasando, e iso levou a fortes cambios nos compoñentes dos grupos, pois eu dende que comezei no instituto xa mudei a letra da clase tres veces!.
Pouco a pouco, fomos avanzando nos cursos, algúns quedaron nalgún repetindo, outros abandonaron, pero a maioría permanecemos unidos en 4º, e esperamos seguir así!

Agora cada ano que pasa fixámonos nos novos alumnos de primeiro que veñen e pensamos naquel intre no que nós entramos por primeira vez no IES Álvaro Cunqueiro.

**Unha das curiosidades que tivemos todos ó chegar foi preguntarnos o método de seleción de alumnos nunha clase ou noutra. Ao principio pensamos que ía por apelidos ou pola capacidade intelectual.. pero tan só, ten como factor as optativas que escollemos, todo unha achega para nós!
Comentario de Lucía 4º ESOA (26-04-2011 17:55)
26 A verdade é que non recordo moitas anécdotas da miña infancia na escola, cando era pequeno. E é verdade que, das que me acordo, no momento no que me ocorreron parecíanme uns problemas serios ou parecíanme divertidos, dependendo da anécdota. Acórdome, por exemplo, que ca#blgtk08#ndo tiña máis ou menos dez anos comezamos a facer unha horta no colexio. E o recordo máis bonito que me levo é que, no último día de curso de 6º de primaria, leveime unha cenoria que eu plantara con soamente doce anos. Ese recordo quedarame seguramente para toda a vida.
Comentario de Sergio 4º A (30-05-2011 22:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons