O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A caverna de Platón
O día 2 de marzo,
imos visitar
A caverna de Platón
.




Platón érguese da súa tumba máis de dous mil anos despois de morto e atópase ante un gran pesadelo. A caverna que el mesmo describiu como exemplo do peor e máis decadente do ser humano tense realizado e consumado no aparato do televisor... Amigos! tras máis de vintecinco séculos de historia, de novo, ante nós, máis real que nunca... A caverna de Platón!!!

Día: 2 de marzo
Hora: Saída do centro ás 9:20, chegada ás 12:30
Lugar: Verbum

Enlaces de interese:
O teatro resoante
Aqui podedes ver un trailer da representación.

Xa vos contaremos as nosas impresións !!



Escribe o teu comentario (23) - Categoría: Novas do Instituto - Publicado o 24-02-2011 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
23 Comentario(s)
1 Ola dende Teatro Resoante. Alí estivemos, uns e outros. Grazas de novo pola asistencia e a atención. Pensamos que saíu especialmente ben o traballo con vós. Anímovos a contar cousas ben no foro do proxecto [http://oteatroresoante.es/ti#blgtk08#nc?key=mGyxFoFY&start=-1&reverse=1] ben a publicar un tiddlywiki que agora mesmo vos envío por mail. Logo o colgaríamos neste enlace [http://oteatroresoante.es/wiki.html], onde hai unha especie de "demo" dese caderno wiki. Até logo ¡¡¡
Comentario de man_hauser ii (03-03-2011 10:42)
2 A representación teatral do mito da caverna pretendía, entre outras cousas, facer un símil entre a caverna platónica e a sociedade actual.

As imaxes da pantalla comparaban aos homes da caverna, atrapados na escuridade, escravizados como meros espectadores, con nós mesmos. Nós, presos nun mundo materialista, enganados polos medios de comunicación e grandes empresas, dependentes de aparatos tecnolóxicos: móbiles, televisión, ordenadores..
O consumismo absorbe a nosa vida, sendo o novo "opio do pobo", a nova relixión, que fai que olvidemos os nosos problemas e nos volvamos cómodos#blgtk08#, egoístas e conformistas.

Por outra parte, cando os homes da caverna volveron do exterior para libera-los seus compañeiros, estes burláronse, incluso chegando ao extremo de querer matar a todo aquel que volvese saír.
Algo semellante ocorre na nosa vida diaria cando alguén pensa de modo distinto, ofrece novos valores, ou dá explicacións opostas ás verdades consagradas que ofrecen os medios.
Por suposto non os matamos, pero sí os marxinamos e ridiculizamos as súas opinións, conformándonos co que nos dan sen percatarnos da nosa propia ignorancia, sen querer saír da caverna.
Comentario de Cintia Vázquez (06-03-2011 12:43)
3 O mito da caverna é unha metáfora coa que o autor, Platón, nos explica a existencia dun mundo real (o mundo das ideas, só alcanzable pola razón) e un mundo físico, sensible ( o que percibimos polos sentidos).

Nesta metáfora os prisioneiros só poden ver as sombras proxectadas na parede do fondo da cova, é prec#blgtk08#iso ascender por un camiño cheo de dificultades ata poder chegar ó exterior e poder ver a verdadeira realidade.

Con este mito Platón describe a nosa situación con respecto ó coñecemento ou a falta del. Só a filosofía pode liberarnos das nosas ataduras e permitirnos o coñecemento do mundo verdadeiro.
Comentario de Marta (08-03-2011 23:53)
4 Grazas "Teatro resoante" polo material que nos remitides por e-mail, foi de gra#blgtk08#n utilidade para todos nós. Prometemos darlle un bo uso e sacarlle rendemento.
Comentario de O clube das ideas (11-03-2011 17:38)
5 Durante obra que presenciamos hai uns días, admiroume a calidade de contextualización e suxestión que proporcionáronnos as luces, os efectos especiais e os mesmos actores, co apoio do audiovisual que, non obstante, quedou, na minha opinión, relevado a un segundo plano.
As diferente#blgtk08#s misturas de cores, tonos, luces e fume, causábanos varias sensacións: dende a ubicación na escuridade e na soidade da caverna, onde encontrabámonos cos prisioneiros; ata a claridade e luminosidade da naturareza e da liberdade. Todo posible grazas a escaza distancia entre o elenco e nós.
Comentario de Eloah (11-03-2011 21:10)
6 Que ben os comentarios !! Canta interacción !! Dicides cousas moi atinadas. Que merecen reflexión. Nos parece interesante que se dea ese salto/paso na comprensión da caverna segundo o cal non temos xa que traducir o que esta dicía na época de Platón á nosa época, senón que a relación se dá inmediatamente, sen necesidade de xeralizar os termos/conceptos que a poboan. Efectivamente, a caverna como espazo de captura da atención, os medios de comunicación, a publi#blgtk08#cidade, os estímulos da sociedade do espectáculo... Mais tamén, na outra cara, a nosa capacidade de contraefectuar todo isto, cómo se crean espazos de liberdade da atención, concentración; cómo a doxa se convirte en episteme (exemplo disto pode ser este blog). Grazas de novo polos comentarios e ogallá sexa de uso o material; sería estupendo se vos animásedes a editar o wiki (caderno d@ alumn@). Preguntade se tedes dúbidas de cómo facelo. Un saúdo, até pronto.
Comentario de man_hauser ii (12-03-2011 11:12)
7 A obra presentounos algunhas ideas de como vivimos actualmente. A principal destas ideas é que vivimos nunha caverna na que estamos pechados, influenciados polo uso masivo de certas tecnoloxías. Como por exemplo, a televisión, que convertiuse para moitos mozos e mozas nun elemento que os evade completamente do mundo real. En canto a posta en e#blgtk08#scea foron moi orixinais ao usar as follas das árbores para transmitirnos a natureza do mundo exterior, foi unha forma de invitarnos a pasar a coñecer o mundo natural e saír das nosas "cavernas" para coñecer verdadeiramente o que é o mundo.

Aínda que puideron poñer asentos para estar máis cómodos e así antender máis ó argumento.
Comentario de Sara Quintela (14-03-2011 13:32)
8 A obra para o meu gusto era moi contemporánea. Intrigoume e á vez gustoume o feito de que utilizaran o elemento das follas secas. A moza dixo que cada un debe darlle un significado as follas p#blgtk08#orque non teñen un significado en concreto. Para min queria decir que era un elemento que che fai dar conta de que os prisioneiros están en contacto coa realidade, có que hai fora da caverna.
Comentario de Raquel (14-03-2011 13:34)
9 Pareceume un pouco extraña a representación que facían os bailaríns, pero podíase entender grazas ó video proxectado no que ían aparecendo as fases polas que pasaban os bailaríns ó sair da #blgtk08#caverna. A representación estaba chea de símbolos como o das follas, que representaba a natureza fora da caverna, e o do paraugas, que era unha especie de escudo contra esa mesma natureza.
Comentario de Laura Márquez (14-03-2011 13:35)
10 A representación á que acudimos foi extraordinaria xa que plasmaba totalmente o Mito da Caverna de Platón. Foi unha mistura de danza, cuios actores ían pintados de negro e representaban as sombras e diversos obxetos ós que evoluciona, música, sempre música que transmitía suspense, e un vídeo, que axudaba a ilustrar esta imaxe, e un texto que facilitaba a súa comprensión.

Contaba o desenvolvemento dende que Platón sae da caverna, e ve distintas cousas que non existían dentro, logo, vólvenno encerrar e pensan que está tolo por contar a realidade exterior, tal com#blgtk08#o a viu.

Esta obra teatral incluía, ademais, elementos externos como eran as follas das árbores e elementos innovadores como era que o propio escenario estaba enlazado co espacio do público, que permanecía de pé.

Trataban, con esta representación, de facernos espertar da realidade da tecnoloxía, que nos ten atrapados, coma ratos nun oco, fannos presos delas, que non poidamos estar sen o móvil, sen a tele ou sen o mp4.

En conclusión esta obra foi fantástica, pero a xente quéixanse de que non a entendeu, a min, persoalmente gustoume.
Comentario de Laura González Loureiro (14-03-2011 13:37)
11 A representación á que asistimos, a pesar de tratar un mito moi antigo creado por Platón, soubo incluir o usa das novas tecnoloxías e da danza á súa representación. A pesar disto penso que toda a posta en escea fixo que me centrara máis na representación que no contido e ,máis co#blgtk08#ncretamente nas emocións das personaxes dentro e fóra da caverna que no propio mito. Na miña opinión cabería destacar o papel dos bailaríns, que levan o peso da representación e atrévense a representar o mito dunha forma que eu penso que non todos nos atreveríamos a levar a cabo.
Comentario de Laura Molinos (14-03-2011 13:38)
12 A obra que fomos ver ao Verbum o pasado día dous de febreiro, a verdade é, que chamoume moito a atención, posto que non me esperaba ver unha representación dese estilo na cal fan que nos introduzamos na mesma obra e incluso inclúen alementos da natureza ou da vida cotiá, elementos que cada un pode entender ou darlle un significado según a súa interpre#blgtk08#tación.
O certo é que non e que me gustara moito, pero non por iso penso que estivera mal representada posto que, a hora de montala tiveron unha gran idea o xogar con diversos alementos para facela máis entretenida, como son o baile, xunto xoa audición,(música...) a máis as imaxes as cales nos axudan a comprender o pensamento da idea de Platón
Comentario de Nerea (14-03-2011 13:40)
13 El mito de la caverna es uno de los mitos mas importantes de Platón según mi punto de vista. El sismbolismo que contiene permite dar de él muchas interpretaciones, que según como lo veamos podemos interpretarlo de una manera u#blgtk08# otra. En cuanto al escenario estuvo muy bien, con la pantalla pudimos aclararnos. Se nota que los actores trabajaron mucho en la obra, en diversas ocasiones tuvimos que preguntarle algunos significados para poder entenderlos.
Comentario de Yiliani (14-03-2011 13:41)
14 Creo que a obra sería mellor comprendida e aproveitada por xente máis madura e intelectual. Non é unha obra cun mensaxe claro e de fácil comprensión que chegue a todos os tipos de público. A interactuación dos actores e bail#blgtk08#aríns pode chegar a ser perturbadora e incluso un tanto molesta mentres que os diálogos son un tanto complicados. Según creo son demasiadas cousas seguidas para que o espectador poda darlle a cada unha a atención que merece.
Comentario de Xabier (14-03-2011 13:47)
15 A representación do mito da caverna foi moi complexa interiormente, pois tivo abundantes interpretacións ademais dunha boa posta en escena.
Mostrábanos os pensamentos contrapostos de Platón, como a idea do ben e d#blgtk08#o mal... asi como tamén a importancia da relación do home coa natureza.
Paralelo a isto estaba presente a televisión facendo referencia ó tema das novas tecnoloxías, amosando ser as "donas" das nosas vidas diarias.
Comentario de Patri & Carla (14-03-2011 13:48)
16 A representación a cal asistimos o pasado 2 de febreiro gustoume pola forma que tiveron de representala, xa que nunca asistira a unha obra deste estilo, na que os espectadores pasaran a participar nesta.
A obra falaba do mito da caverna de Platón, relacionando o qu#blgtk08#e Platón quixo explicar na súa época con dito mito, co que está a acontecer na actualidade.
Intentas concienciarnos de que a tecnoloxía, ainda que as veces é boa e fainos a vida máis doada, tenos atrapados e fai que en moitas ocasions non poidamos prescidir dela.
Comentario de Sarai (14-03-2011 13:50)
17 A representación teatral á que acudimos sobre o mito da caverna de Platón chamoume a atención porque foi a primeira obra na que nós, os espectadores tivemos que estar de pé durante toda #blgtk08#a obra, creo que foi unha boa idea para introducirnos no mito. Tamén resalto que foi unha representación na que os actores utilizaban o seu corpo para expresar os sentimentos dos presos.
Comentario de Iris Piedrahita (14-03-2011 13:52)
18 Penso que esta representación do mito da Caverna de Platón foi dun carácter totalmente renovador, debido a que rompe de maneira drástica con todas as representacións tradicionais que se adoitan facer sobre este tipo de temas. Aquí o espectador chega a formar parte do argumento da obra, mentres que nunha obra de teatro tradicional os actores e os espectadores están en dous espazos divididos.

Os actores conseguen este efecto utilizando recursos como mesturarse co púb#blgtk08#lico ao correr entre os espectadores e falar con eles.Por outra banda, tamén hai un fin moral e didáctico: facer reflexionar ao público sobre o mundo que nos rodea, ese ambiente no que nós vivimos e que tanto fascinou a eses prisioneros ao saír da caverna.

Outro mito interesante para representar de Platón sería o do Carro Alado, no cal compara a alma humana cun carro tirado por dous cabalos, que deben colaborar para poder chegar ao destino do viaxe: o coñecemento.
Comentario de Mario Gradín (14-03-2011 13:54)
19 A representación tivo un sentido abstracto pero fácil de comprender grazas a escenificación dos actores, luces e ambientación.
Estivo ben representada polo feito de trasladass o mito á actualidade, representando como a caverna as tecnoloxías da actualidade (televisión, ordenador...) xa que dalle un sen#blgtk08#tido moi contemporáneo.
Esta comparación é moi acertada xa que a televisión, o ordenador, o teléfono e demais tecnoloxías absorben a nosa vida e evitan que disfrutemos da realidade que nos rodea, vivindo nun mundo no que só contemplamos sombras, ó igual que pasaba cos homes da caverna.

Comentario de Yago Casal (14-03-2011 13:55)
20 Certamente a TV fai que o espectador pasivo contemple unha realidade ficticia e, nalgunhas ocasións, de dudosa obxectividade. Como medio de comunicación ten algunhas desvantaxes:
-crea dependencia
-tr#blgtk08#ansmite valores consolidados e estandarizados pouco recomendables, como a violencia e a competitividade.
-Non deixa tempo para outras actividades
-Convértenos en seres pasivos e contemplativos.
Comentario de Carmen (14-03-2011 22:14)
21 A verd#blgtk08#ade q
Comentario de (16-03-2011 10:38)
22 A verdade e que quedáronme moitas dubidas sobre a representación, como por exemplo a función que tiñan os prisioneiros con Platón, as veces eran as suas ideas outras veces representaban o que sentían os prisioneiros. Outras das dubidas que non me quedou resolta#blgtk08# e a das imaxes que se transmitían na pantalla ao principio, porqué cada vez que saltaba a imaxe da televisión en gris os prisioneiros volvíanse tolos?.
Ainda asi a obra pareceume interesante de ver pero ten que ser para un público mais preparado ca min.
Comentario de Aitor Veloso (16-03-2011 11:04)
23 Moitas grazas de novo polos comentarios !! a verdade é que estamos moi content@s coa vosa reacción. Non tanto porque haxa críticas boas ou malas; senón porque de feito, parece que hai un campo/territorio de disertación que se explicita. Moitas das intervencións que facedes fan referenc#blgtk08#ia, efectivamente, a un público/espectador activ@, que está construindo ao tempo que ve, que detecta, examina, pensa: cómo xogan os elementos. Quizais isto sería máis doado, se houbese máis proxectos deste tipo, e máis relación con estos formatos nas aulas e nos programas. Até logo !!!
Comentario de man_hauser ii (21-03-2011 19:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons