O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

A herba de namorar (armeria splendens)
ARMERIA SPLENDENSGalicia, terra de meigas e feitizos, conta a lenda que esta herba tense que coller a noite de San Xoan, noite máxica e feiticeira e dunha maneira discreta; debe chegar á persoa querida escondida por exemplo colocándolla nun peto sin que se dé conta ou debaixo da almofada, e a herba encargarase de namorala.

Ritos sempre houbo para namorar o amado ou amada desexado. As augas, o lume, as flores e as herbas, formaban parte da maxia que atraía o amor.

A herba de namorar ou namorareira encóntrase preto dos acantilados, ó desamparo dos ventos e o frío marino. Esta planta ten unhas flores claras e miúdas, de pequenos e finos pétalos que danzan, sen desprenderse dos seus talos, ó son dos fortes ruxidos do vento cando se enfrenta ao picado mar. Elas resisten, pequenas e valentes, quizais grazas ao secreto que agochan no seu mínimo corazón de flor, seguramente alégranse cando unha man as corta, con cariño e ilusión, pensando en conquistar o alma tímida dun amor imposible.
Hai quen di có seu efecto é tan eficaz que non existe antídoto capaz de desfacer o amor que a súa axuda provoca.

¡Feliz día dos namorados!





(Artigo de Laura González e Iris Piedrahita)


Escribe o teu comentario (15) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 14-02-2011 19:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
15 Comentario(s)
1 Sería moi bonito que iso ocorrese, aínda que sexa só una lenda popular é todo un detalle que alguén fixera iso por alguén xa que demostra con ese#blgtk08# acto todo o amor que sente por aquela persoa.
A lenda é realmente inquietante pero bastante orixinal xa que nunca escoitei nada parecido.
Comentario de Sofía 4ºA (18-02-2011 09:04)
2 Eu opino que isto xunto con otras lendas galegas,forman a nosa cultura.Opino q#blgtk08#ue esta lenda esta ben e empuxa a xente a realizar boas accions coma e o amor.
Comentario de pablo prado 4a (18-02-2011 09:08)
3 Nós non sabiamos que exitiran ritos para enamorar a ninguén. Parécenos interesante que haxa tradicións o día de San Valentín. Pensamos que deberían darse a coñecer máis ritos antigos para non perd#blgtk08#er nosas costumes e tradicións. Para que non sexan sustituidas por festas comercias máis orientadas a comprar e gastar diñeiro nas tendas que en demostrar o amor que se sente por alguén.
Comentario de Raquel e Xabier (21-02-2011 13:46)
4 De acordo ca entrada, Galicia é unha terra de ritos, meigas, feitizos, etc. E como non, ten que haber feitizos para distintos ambitos. No do amor, coñecese o da planta de namorar pero tamen existe outro: as ostras. As ostras galegas, din, teñen certas propiedades vinculadas co amo#blgtk08#r. Tense dito que en festas de amigos, cunha cea onde no banquete inclúense ostras, saen certos romances posteriormente. Polo tanto, ¿somos os galegos moi romanticos, ou estos "mitos" deixan de ser o propiamente dito para converterense nunha realidade descoñecida para os humanos?
Comentario de Patricia (21-02-2011 13:46)
5 Nós opinamos que o día dos namorados é unha invención por parte dalgunha empresa estadounidense para fomentar o consumo masivo. Os produtos típicos deste dia son artigos que se poden atopar calquera outro día do ano nos centros comerciais, polo tanto, ninguén precisa dun d#blgtk08#ía sinalado para demostrar o seu amor regalando tales agasallos.

En conclusión, para o único que serve este día é para que as empresas capitalistas aumenten os prezos dos seus produtos, e así ao vendelos en cantidades abundantes, aumentar os seus beneficios.
Comentario de Sara Quintela e Laura Márquez (21-02-2011 13:50)
6 Dende sempre, Galicia,foi terra de bruxería e supersticións, terra de meigas, que ?habelas, hainas?, de hadas (mouras), trasgos, santos míticos, peregrinos? terra de misterio e superstición. Unha das ?lendas? galegas máis populares é a da procesión de almas en pena: A Santa Compaña.
A Santa Compaña é unha comitiva de almas en pena que vaga polas zonas boscosas de Galicia. Nas noites particularmente brumosas de novembro, nas que os bosques se cobren de névoa, é cando a súa presenza, como unha co#blgtk08#mitiva de luces titilantes, faise patente.
A procesión fórmase por almas en pena que van en duas hileiras, envoltas en sudarios, coas mans frías e os pes descalzos. A cabeza da procesión é encabezada por un vivo, que porta na man a cruz e na outra un caldeiro con auga bendita, mentres que as fantasmas portan velas ou antorchas.

Aínda que esto non ten que ver có amor,esta é outra das crenzas e tradicións galegas que se deixan levar máis polo misterio e a maxia que pola realidade.
Comentario de Laura Molinos (21-02-2011 13:54)
7 En Estados Unidos no 1840 Howland foi o primeiro en comenzar a enviar as primeiras postais de San Valentín con símbolos con forma de corazón. Anos máis tarde unhas empresas americanas decidiron coller#blgtk08# a idea de Howland e convertila nun medio comercial. E así apareceron cousas como os osiños de peluche, os ramos de rosas vermellas, as caixas de bombóns con forma de corazón e moitas outras cousas.
Comentario de Sara Quintela e Laura Márquez (21-02-2011 13:59)
8 Galicia sempre foi unha terra de meigas,embruxos e lendas e é lóxico que sendo asi tamen teñan encantamentos para poder namorar a alguén, sen embargo o día de San Valentín non nos parece que teña que ver cos mitos posto que, este día se o sac#blgtk08#ou da manga algunha empresa co fin de gañar diñeiro a costa das parellas namoradas, cousa que non nos parece lóxica posto que si estas con alguén e de veras o amas tesllo que demostrar día a día con pequenos detalles e non só en San Valentín.
Comentario de Nerea e Sarai (23-02-2011 11:00)
9 Nós cremos que San Valentín é unha parida, e outra festa máis que se fai para incentivar o consumo e gastar cartos xa que somos unha sociedade consumi#blgtk08#sta. Por iso pensamos que non ten porque haber un día concreto para os namorados xa que se estas namorado suponse que tes que demostralo todolos días.
Comentario de Marcos e lago (23-02-2011 11:01)
10 Hai teorías dentro da Bioloxía e da Psicoloxía que defenden un enfoque determinista ó afirmar que o desexo sexual depende do estado das hormonas sexuais, sobre todo da testosterona; e que a caducidade biolóxica do namoramento vai asociada a un cambio nos niveis de sustancias como a dopamina, a serotonina, etc. (Helen Fischer). Esta explicación supón que estamos determinados pola bioloxía.<#blgtk08#br />
Na miña opinión o AMOR é algo máis que pura bioloxía. Algo que supón por parte da persoa que ama a vontade de dar e non só de recibir. A persoa que ama da de sí mesma o máis precioso que ten: da a súa alegría, o seu interese, súa conprensión, seu coñecemento, seu humor, súa tristeza; todo aquilo qeu está vivo nela, e comparte iso coa outra enriquecéndose mutuamente as dúas.
Comentario de Sonia (01-03-2011 23:36)
11 Para a maioría da xente o asunto do amor consiste en "ser amado" e non na propia capacidade de amar. En realidade, todos estamos sedentos de amor. Escoitamos cancións de amor, vemos películas onde o amor e a paixón fúndense, e nembargantes ninguén pensa que hai algo que aprender sobre o amor. Por iso o problema é como conquerir que outros ámennos.

Hai va#blgtk08#rios camiños: tradicionalmente os homes sírvense do éxito, o poder e a riqueza; estas cousas lles permiten ter unha boa imaxe social. As mulleres utilizaron sempre o atractivo mediante o coidado do corpo, da roupa....(cousa que fan hoxe os homes tamén). En realidade o que para a nosa cultura consiste en ser amado é, en esencia, unha mestura de popularidade e sex-appel.
Comentario de Carmen (07-03-2011 12:46)
12 É o amor un arte?. Se así fora, requeriría coñecemento e esforzo. Ou, pola contra, é#blgtk08# o amor unha sensación pracentera cuestión de azar, co que un tropeza se ten sorte?.
Comentario de Sonia (28-03-2011 01:10)
13 Estou dacordo con que Galiza e unha terra de meigas e polo tanto hay que ter en conta a infinidade de mitos e lendas que hay nela , a question e se o maor e necesario por unha herba,todos estamos sedentos de amor. Sempre os pasamos mal e necesitamos sempre amor e non buscar outras sai#blgtk08#das,xa que, o amor para a xente tamen e un mito......peor para alguns e unha esperanza e unha saida...para otros e so unha reaccion quimica , para outros e algo esencial, en definitiva , debemos estar condicionados por este sentimento pero ante todo non deixarnos guiar por mero mitos.
Comentario de Diego Carrasco (01-04-2011 13:14)
14 Para o escritor Erich Fromm o amor non é algo pasaxeiro e mecánico como as veces nos induce a crer a sociedade de hoxe. Moi ao contrario, o amor é unha arte, o froito dun aprendizaxe. Por elo, se queremos aprender a amar debemos actuar como o faríamos s#blgtk08#e quixésemos aprender calquera outra arte, xa sexa a música, a pintura, a carpintería ou arte da menciña. Ou, polo menos, non adicar a nosa enerxía a lograr o éxito e o diñeiro, o prestixio e o poder, senon a cultivar o verdadeiro arte de amar.
Comentario de Laura Molinos (11-04-2011 13:59)
15 Erich Fromm psicoanalista y escritor de origen alemán. Influido por Freud y Marx.
Ten dous obras moi inportantes "La sociedad sana" (1955) y "El arte de amar" (1956. Nestes textos escribiría acerca da súa teoría do "amor maduro" como ingrediente para #blgtk08#unha realización individual que permitise escapar á alienación producida pola sociedade de consumo ou a omnipotencia do propio Estado. Empeñaríase en harmonizar o marxismo e a psicanálise, ao mesmo tempo que abrazaría no seu pensamento as achegas de Oriente.
Comentario de aitor veloso (13-04-2011 11:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0