O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Viaxando polo mundo
Diario dun trotamundos

15 novembro de 2010.
Estou en Suecia de camiño ó hotel e fai moito frío. Moita da xente que camiña pola rúa leva gorros e abrigos de pel como supoñía, sen embargo non todos son loiros nin teñen os ollos azuis. É máis, o taxista ten rasgos árabes e fala un perfecto sueco. Pregúntolle se naceu aquí e respóndeme que sí, que os seus pais chegaran de Arabia facía moitos anos. Tamén pregúntolle se é verdade que alí todo o mundo está borracho sempre, como soen dicir por ahí. El se extraña e me mira polo retrovisor cunha sorriso de complexidade, respóndeme que é mentira, por suposto, o alcohol só se vende en tendas específicas chamadas System Bolaget e a maiores de vinte e un anos.
Mirei pola ventá azorado pola pregunta e vin un posto de salmón afumado, ao parecer si que é verdade que alí lles encanta a comida afumada, pero non me atrevín a preguntar.


30 novembro de 2010

Francia, un país de ensoño no que a lo menos todos pensamos en viaxar unha vez na vida. Cando cheguei chocoume o pouco que se esforzaba a xente por intentar contestarme en inglés, todos contestábanme encolléndose de ombreiros e cunha sonrisa mentres dicían: “Je ne sais pas parler anglais!” Síntense tan agusto có seu idioma que nin intentan aprender outro, igual que na gastronomía, á que parecen venerar coma se realmente os seus produtos e a súa forma de preparalos fora a mellor. Cría que o seu orgullo desmedido era un tópico como outro calquera pero realmente os parisinos crense o epicentro do mundo.
No meu transcurso na capital dinme conta do moi educados que son noutros países. Nós non damos as grazas todo o tempo, non tratamos de vostede a todo ó mundo e non saudamos cada vez que entramos en calquera local. A veces intentei explicar a algún amigo parisino que non somos maleducados, senón que non estamos afeitos a tanto saúdo; e que no noso pais falar cun rapaz de vostede era estraño, son cousas que se reservan para os vellos. Pero a eles só lles interesaba preguntarme se sabía bailar flamenco!.
Pero algúns tópicos son certos. Todas as mulleres levan boina ¡Incluso as nenas pequenas! E non é difícil ver a alguén camiñando cunha baguette baixo o brazo. En tódalas esquinas hai un posto de creppes e unha panadería con xente dentro comendo uns croissants.

12 decembro de 2010

Xa estou na casa. Síntome cansado de estar tanto tempo fóra da miña casa, pero síntome feliz de facer esta viaxe xa que serviume para coñecer outras costumes. Aínda quédanme moitos lugares que visitar. Cando conteille a miña viaxe a miña familia algúns sorprendéronse xa que souberon que moitas das ideas que tiñan eles deses lugares eran falsas, ainda que crían que eran verdadeiras.

Que lugares visitaches?
Quedaches moi sorprendido cando descubriches que moitas cousas das que pensabas acerca deles non eran certas?
Tes algunha anécdota que contar?



(Artigo de Raquel Lestón e Xabier Montenegro)
Escribe o teu comentario (24) - Categoría: Socioloxía - Publicado o 05-02-2011 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
24 Comentario(s)
1 O vindeiro ano viaxei a Londres, sorprendéronme moitas cousas, a arquitectura, a multiculturalidade, os horarios, tan distintos a nós e sobretodo a comida, por cha#blgtk08#mala comida...pois,no momento de comer nun restaurante é cando máis botei de menos España. A pesar disto, Londres é unha cidade fermosa e que vale a pena coñecer.
Comentario de Laura Molinos (07-02-2011 13:49)
2 Se algún día viaxas París como fun eu e decides visitar a Catedral de Notre-Dame, verás algo moi curioso, os demais turistas miran o chan nun punto concreto da praza.
Sabe#blgtk08#s que miran ? Pois simplemente a pequeña praca octogonal que marca o kilómetro 0 de todas as carreteras de Francia. É o punto dende a cal mídense todas as distancias en Francia.
Comentario de Aitor Veloso (07-02-2011 14:00)
3 Nós as dúas visitamos o ano pasado Londres nunha viaxe realizada có instituto.Estivemos alí durante cinco dias, visitamos case tódolos museos e lugares emblemáticos da cidade, o que máis sorprendeunos foi que non tivemos tanto frio como pensabamos ter xa que todo#blgtk08# o mundo recomnedounos levar moita roupa de abrigo.

Desde aqui animamos aos profesores a que nos leven máis de excursión xa que son experiencias que non se esquecen e nas que se pode aprender moito dunha forma diferente á que nos teñen acostumados.
Comentario de Sara y Laura (07-02-2011 14:00)
4 Eu recoméndolles que visiten Suíza. É un país maravilloso, tanto para vivir como para visitar por algúns dias.
Se vas de turista recoméndolles que o visiten en inverno, xa que as suas montañas son espectaculares,onde se pode practicar todo tipo de d#blgtk08#eportes de neve.
Se vas a Suíza para vivir ali,non vas botar de menos o teu país natal xa que hai moitísimas persoas da tua nacionalidade. Ali atoparás traballo seguro e os teus fillos aprenderán outra lingua e recibirán unha boa formación.
Comentario de David Freixes (09-02-2011 11:05)
5 Polo traballo do meu pai vinme obrigada de pequena a vivir en moitos lugares da península ibérica. Meu pai traballaba daquela nunha empresa que levaba o ferrocarril ós puntos mais recónditos do país. Así coñecín as provincias de Sevilla, Cáceres, Madrid, Teruel, Burgos, Vitoria, Lugo, etc. Miña nai lamentabase moito de ter que mudarse cada pouco de casa, para min era unha aventura.

Aprendí #blgtk08#a escoitar como falaba a xente. Disfruitei compartindo os seus costumes. Responsabiliceime moito dos meus estudos (non podía deixar ningunha materia pendente, pois non sabía onde ía estudar o seguinte curso).

Sempre atopei xente amable, humilde e agarimosa disposta a axudarnos. Para min foi unha gran aprendizaxe. Recoméndovos de cando en vez sair do terruño e abrirse a outras realidades!!
Comentario de Carmen (11-02-2011 22:25)
6 A min pareceme estupendo poder ter experiencias como as que ti relatas dende pequeno.

Salvando as distancias no tempo e no espazo, eu quero referirme aquí a un filósofo coñecido por todos: René Descartes.
No seu "Discurso do método" narra o importante que fora para él viaxar el coñecer outros lugares para poder adoptar así outro punto de vist#blgtk08#a ante a educación recibida dende sempre (que era a filosofía escolástica). Reescribo os seus pensamentos: "no momento en que puide liberarme dos meus preceptores, abandonei o estudo das letras e decidí buscar no gran libro do mundo, adiquei o resto da miña xuventude a viaxar, a visitar cortes e exércitos, a frecuentar xentes de diversos talantes e condicións..."
Comentario de Xavier (13-02-2011 22:27)
7 O certo é que eu nunca saín de España tan só a Portugal a feira e pouco máis sen embargo inda que é verdade que esta moi ben coñecer as culturas e costumes doutros países, tamen hai que ter en conta que mesmo no noso país temos distinta#blgtk08#s costumes segundo o lugar onde vivas. Eu tño viaxado a moitas partes de España e coñecín a moitas persoas en ditas viaxes, ainda que todos compartimos un mesmo idioma podovos asegurar que as costumes e a dialectica son moi diferentes.
Comentario de Nerea (14-02-2011 13:40)
8 Eu fun a Londres, Francia e Marrocos.
Claramente onde encotrei máis diferenzas foi en Marrocos, e non me gustou moito a súa cultura, polo machismo...#blgtk08#
Nos outros lugares non encontrei tantas diferenzas, pero sempre hai detalles, coma por exemplo que en Londres a xente anda con moito máis axetreo...
Comentario de Sarai (14-02-2011 13:49)
9 O certo é que eu nunca saín de España tan só a Portugal a feira e pouco máis sen embargo inda que é verdade que esta moi ben coñecer as culturas e costumes doutros países, tamen hai que ter en conta que mesmo no noso país temos distint#blgtk08#as costumes segundo o lugar onde vivas. Eu e viaxado a moitas partes de España e coñecín a moitas persoas en ditas viaxes e ainda que todos compartimos un mesmo idioma podovos asegurar que as costumes e a dialectica son moi diferentes.
Comentario de Nerea (14-02-2011 13:49)
10 Viaxar polo mundo é algo, ademais de sorprendente, moi importante pois descubrense cousas que non se poden aprender dos libros como costumes, crenzas, forma de vida da xente , etc. Isto é un exemplo do que lle ocorreu a Marco Polo. Unha das súas viaxes foi a China, onde pasou por diferent#blgtk08#es lugares: Venecia (lugar de saída), atravesando China ata chegar a Birmania, volve a Pekin onde inicia a súa viaxe de volta rodeando as costas de China Meridional, Indochina e Sumatra. Cruza o Cáucaso, pasando por Constantinopla e regresa finalmente a Venecia, de onde era nato.
Comentario de Patricia e Carla (14-02-2011 13:50)
11 Se eu fose unha aventureira iríame a dar unha volta ó redor do mundo nun globo, nun barco ou en transportes varios. Disfrutar de espazos descoñecidos, visitar dende os templos maias ate os sitios máis recónditos do noso planeta.
Soñar voand#blgtk08#o polo ceo, coñecer culturas, pobos, costumes e tradicións propias de culturas, que moitas veces, nin sequera se saben que existen... en resumo, eu viaxaría ó redor do mundo para disfrutar plenamente das cousas marabillosas que nos outorga a vida.
Comentario de Laura González (14-02-2011 13:50)
12 Comenzare hablando de una ciudad a la que solia irme de vacaciones años anteriores en Venezuela. Falcón es el estado que posee más kilómetros de costas, por tanto la actividad pesquera tiene especiales dimensiones. En esta zona de Venezuela el numero de precipitaciones es muy escasa de hecho se calculado 417 mm de lluvia al año. En cuanto a los sitios turísticos los cuales se suele ir son L#blgtk08#os Médanos de Coro que es un paisaje desértico, El Parque Nacional Morrocoy que es un conjunto de islas, con agua cristalina y azul.Y uno de los sitios mas conocidos para alojarse es un resort llamado Isla del Sol, el cual tiene su propio embarcadero, que solo pueden ir personas que sean socias a este resort. Es un sitio que recomendaria para viajar si quereis ir a sitio con clima tropical.
Comentario de Yiliani (14-02-2011 13:58)
13 A min persoalmente gustaríame visitar Turquía,en especial as ruínas de Troya debido a súa historia . Pero o que máis interese teño por coñecer son as murallas e ver algúns museos nos que expli#blgtk08#quen toda a guerra entre troyanos e gregos co mito do cabalo. En conclusión,pareceme unha cidade moi interesante por visitar así que non me disgustaría coller unhas vacacións e marchar para alá.
Comentario de Marcos (14-02-2011 13:59)
14 se algunha vez tivera a oportunidade de ter unha viaxe imaxinaria seria o fondo do mar. Seria unha nova experiencia poder sumerxirme pouco a pouco na auga ata chegar o fondo e poder contemplar un novo mundo,#blgtk08# tocar as especies puras ainda non decubertas polos humanos, nadar pouco a pouco e descubrir un novo espazo. Espero que algun dia teña a oportunidade de adentrarme a este novo mundo ainda que sexa soñando.
Comentario de Iris Piedrahita (14-02-2011 13:59)
15 Vou falar sobre a Ruta da Seda. Enténdese como o itinerario que na antigüedade uniu os imperios romano e chino, o camiño polo que as sedas de Oriente chegaron a adornar os cuerpos das elegantes damas romanas. Convencionalmente os extremos da Ruta sitúanse en Roma e na ciudade china de Xian (antiga Changan), e os seus diversos ramales cruzan cidades antaño fabulosas como Damasco, Bagdad o Samarkanda e accidentes xeográficos con fama de insuperables, c#blgtk08#omo o macizo do Pamir, con portos de montaña de 5.000 m de altitude, ou os desertos do Gobi (que en mongol significa "lugar sen agua") e Taklamakán (que quere dicir "lugar onde entras pero non saes").
Os oríxes da humanidade encóntranse neste antigo corredor de 9000 km., que foi a Ruta da Seda. Os grandes imperios da historia, así como as relixións máis antigas, deixaron testimonio do seu paso en varias cidades da Ruta, que hoxe podes visitar.
Comentario de Alexia (14-02-2011 14:06)
16 Vou falar sobre as internacionalmente coñecidas como Cataratas do Iguazú (Foz do Iguaçu en portugués), onde estiven moitas veces dende pequena xa que encóntrase a escasos 400 km. de distancia do meu pobo. As cataratas son un dos puntos turisticos máis visitados e prodixiosos de todo Br#blgtk08#asil.
Consta dun Parque Nacional do Iguaçu, localizado na rexión Extremo Oeste Paranaense. É patrimonio mundial da UNESCO, que preserva a exuberante vexetación propia do clima subtropical do que está rodeada.
Foi unha das finalistas na escolla das 7 Maravillas do Mundo.
Comentario de Eloah (14-02-2011 14:07)
17 Existen diversos medios de transporte que podemos utilizar para viaxar:

O avión é o medio de transporte máis utilizado hoxe en día, sobre todo para longas distancias, sen dúbida debido a que é cómodo e rápido, por iso a miúdo olvídansenos outras opcións que tamén poden resultar interesantes:

- O TREN: Ten a desvantaxe de ser máis lento, sen embargo pode compensarnos dependendo do tipo de viaxe que desexemos, sendo máis flexible ao poder modifica-la viaxe pola marcha. Por exemplo, supoñendo que queiramos ir a París, poderíamos coller un avión e en dúas horas estaríamos no noso destino, pero tamén podemos optar por coller un tren e pasa-lo día nas cidades de interese que vaiamos atopando de camiño.
Ademais é unha opción máis económica, sobre todo para os xóvenes, que coa aparición do billete Inter-rail teñen máis facilidade para moverse por Europa e planifica-las rutas. [Información en www.inter-rail.org]

- O BARCO: O cruceiro é unha boa opció#blgtk08#n para coñecer cidades costeiras, e conta coa vantaxe de que non tes que preocuparte do aloxamento, ademais de que podes deixa-las túas pertenzas a salvo no barco. Estas son as razóns de que sexa tan comódo, e xunto co luxo que adoita haber nos cruceiros, fan esta optativa bastante custosa.

- O AUTO-STOP: Esta alternativa é só apta para os máis aventureiros, xa que é moi inestable en canto aos días de viaxe e a donde pasa-la noite. Antaño era unha forma moi popular de viaxar por ser extremadamente barata, pero na actualidade perdeu importancia, en parte debido á aparición de compañías low-cost, e en parte pola inseguridade e o medo, tanto dos auto-estopistas como dos condutores. Pero o certo é que grazas ás novas tecnoloxías aparecen portais en Internet como hitchhiking, no que os condutores informan sobre a ruta que van realizar e o número de prazas libres que teñen, e partir de ahí podes estrutura-la túa viaxe. [Máis información en www.hitchhikers.org e www.digihitch.com].
Comentario de Cintia (16-02-2011 10:41)
18 Alguen pode dicirme o que é ese famoso "Int#blgtk08#er-rail" do que falan todos os meus amigos?
Comentario de Sonia (16-02-2011 21:51)
19 Pois, o famoso inter-rail, é tal e como soa. Vas nun tren que te permite viaxar a varios puntos de Europa, pasar uns dìas alí e logo v#blgtk08#olver a coller o tren para a seguinte viaxe.
Eu teño unha amiga que vai ir, e di que está moi emocionada. Aínda que é moi caro.
Comentario de Ana Prado (18-02-2011 08:36)
20 Eu vou falar da miña experiencia en Inglaterra, cunha beca do Concello. Viaxei con moitos amigos e compañeiros do instituto, tamén coñecín a un montón de persoas de outros colexios das que agora síntome moi contenta de habelas coñecido.
A nosa experiencia comezou en Septembro e volvimos en Outubro. Vivimos moitas situacións novas, experiencias que na vida poderíamos vivir da mesa maneira. Para min foi a primera vez que viaxaba soa, e fóra d#blgtk08#e España, así que estaba verdadeiramente emocionada.
Non vou relatar todas as nosas esperiencias e sentimentos, pero dicir que houbo moitas bágoas, moitísimos sonrisos, apertas e expresións como "Non quero marchar!"
Todos o pasamos moi moi moi ben, e estaríamos dispostos a volver a repetir a experiencia.
Quero recomendarlle a calquera que pida unha beca para ir ao extranxeiro, a experiencia é inigualable, e ademáis aprendes.
Comentario de Ana Prado (18-02-2011 08:41)
21 Recordo cando fun por primeira vez a Arxentina, tiña uns 4 ou 5 anos, aínda que pareza mentira acórdome de moitas cousas.
Era época de festas, e Fin de Ano estaba ao caer, eu non o sabía pero estaba a punto de ver un ceo cheo de fogos a#blgtk08#rtificiais, xa que alí era costume. E por fin chegou a hora, o reloxo marcou as doce da noite, e dende tódalas partes da cidade os fogos artificiais subiron ao ceo. Aquilo era impresionante, ata os diversos pecebres vivientes botábanos ao ceo!!
Comentario de Santiago Gutiérrez (18-02-2011 08:51)
22 Eu vou relatar a miña experiencia en Francia.
É certo que viaxar e moi gratificante, Pero tamen aprendese moito, sobretodo cando sabese observar e ser obxetivo.
Cando fun por primeira vez a Francia moitas cousas pareceronme sorprendentes xa que non viaxei moito por fora de España, Canarias etc. Por exemplo: A educación ali e moi distinta e, na miña opinión moito máis boa que esta. Tamen sorprendeume a conciencia que se ten en respetar o medio no que viven. Alí era moi difícil ver un papel polo chan, papeleiras rotas,xente fumando... En canto o de#blgtk08# fumar, non vin a ningunha persoa fumando nos locais e penso que aqui poderíase conseguir o mesmo se a xente souberase acostumar ós cambios, pero non me vou a ir polas ramas.
Outra cousa que me encantou foi a boisima presentación das comidas e postres que se teñen ali pero esta claro que o bo se paga, e ben, moi ben.Dinme tamen conta de que ai moitas persoas árabes y de outros lugares.
Rematarei dicindo que se podo no futuro dedicareime a coñecer lugares novos e aprender de distintas culturas, gustame saber que non todas as persoas somos iguais.
Comentario de Marta 4ºA (18-02-2011 09:04)
23 Recordo cando fun por primeira vez a Arxentina, tiña uns 4 ou 5 anos, aínda que pareza mentira acórdome de moitas cousas.
Era época de festas, e Fin de Ano estaba ao caer, eu non o sabía pero estaba a punto de ver un ceo cheo de fogos a#blgtk08#rtificiais, xa que alí era costume. E por fin chegou a hora, o reloxo marcou as doce da noite, e dende tódalas partes da cidade os fogos artificiais subiron ao ceo. Aquilo era impresionante, ata os diversos pecebres vivientes botábanos ao ceo!!
Comentario de Santiago Gutiérrez (18-02-2011 09:06)
24 Bueno eu vou falar dunh pobo de Extremadura, preto de Mérida onde nacín eu. É un pobo pequeno, non é mais grande que un cuarto da cidade de Vigo pero é bastante divertido xa que alí vou sen pais e miña avoa non ten moito control sobr#blgtk08#e min... pasabanos as tarde na piscina (xa que ali estase case todo o dia a 30-35 graos)e pola noite saiamos ao parque pola semana e estabamos ali todos os da pandilla. Teño ganas de volver a ir pero terei que esperar ata o verán...
Comentario de Cristian (18-02-2011 09:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons