O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Prometeo ou a tecnoloxía salvadora
A tecnoloxía pasou por moitas etapas dende os seus inicios ata os nosos días. Comezaremos recordando a Prometeo (Titán e amigo dos mortais). Foi honrado por roubar o lume e a sabiduría dos deuses e darllo ós humanos para o seu uso, como consecuencia foi castigado a que un aguia lle comera o fígado cada amencer, sendo el mesmo inmortal. Prometeo simbolizanos a tradición e a forza, representando o afán de progreso científico e técnico.

Dende ese momento a tecnoloxía avanzou moito, dende as máquinas de escribir ata os ordenadores de hoxe en día. Nos últimos 200 anos foi o axente de cambio da vida moderna e as súas estruturas sociais. Os profesionais que máis contribuiron a modelar a sociedade industrial (capitalista ou socialista) foron os científicos, inxenieros e tecnólogos. O resultado da súa actividade é unha nova clase de sociedade que pode lavar á humanidade a un nivel evolutivo máis elevado ou a súa extinción.

Os dous obxectivos que orientaron ós científicos de tódalas épocas históricas foron coñece-la verdade e transforma-lo mundo aplicando os novos coñecementos que se descubrían. Pero aínda que fora así, na actualidade son cada vez máis os científicos que ven a necesidade de introducir principios éticos entre os criterios do que debe ser considerado unha boa investigación. Deste xeito comezaron a elaborar unha ética profesional co fin de fixar cáles son as normas polas que debe orientarse o seu traballo.

O desenvolvemento das novas tecnoloxías foi posible grazas a unha revolución no tratamento da información. Para un uso axeitado das mesmas os inxeneiros informáticos advertennos que:

1. Non podemos usar unha computadora para danar a outros.
2. Non interferirás no traballo alleo.
3. Non indagarás nos arquivos alleos.
4. Non empregarás unha computadora para roubar.
5. Non empregarás a informática para realizar fraudes.
6. Non copiarás ou empregarás software que non mercaras.
7. Non empregarás os recursos informáticos alleos sen a debida autorización.
8. Non te apropiarás dos dereitos intelectuais doutros.
9. Deberás avaliar as consecuencias sociais de calquera código que desenvolves.
10. Sempre empregarás as computadoras de maneira que respetes os dereitos dos demais.





De que modo inflúe a tecnoloxía na túa vida diaria?

Cantos aparellos tecnolóxicos hai na túa casa?

Cales poden ser as consecuencias do abuso das tecnoloxías?


(Artigo de Carla Iglesias e Patricia Veiga)
Escribe o teu comentario (25) - Categoría: Ciencia - Publicado o 02-11-2010 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
25 Comentario(s)
1 Vivimos nun mundo no que a tecnoloxía determina o ritmo do progreso e o modo de vida. Esa tecnoloxía fixo que as persoas gañaran mas control sobre a natureza e, o mesmo tempo que permitía #blgtk08#un considerable aumento de bens materiais, reducía o esforzo de traballo necesario para producilos. Gracias a todo iso a poboación dos países desenvolvidos temos un mellor nivel de vida.
Comentario de Sonia (02-11-2010 21:31)
2 Na miña casa hai ( Diego ): 4 ordenadores, 5 móbiles, 1 microondas, un forno, unha neveira, unha campá extractora, 3 televisores, un aspirador, unha maquinilla de afei#blgtk08#tar, 2 coches e unha moto, 2 cámaras dixitais, tres minicadenas, un video, un DVD, dous videoconsolas e algunha cousa máis que non me lembro, esto axuda á vida diaria
Comentario de Diego eCristian (05-11-2010 09:18)
3 A tecnoloxía determina o nivel de vida, o avance do mundo e o mesmo tempo determina a diferencia entre o mundo desenvolvido e o non desenvolvido. Os tecnólogos que co seu avance non respetan os problemas que os seus experimentos conleban, propician a destruccion dos recursos naturais e o mesmo tempo a creacion dunha sociedade extremadamente rica #blgtk08#e outra que é todo o contrario.
A tecnoloxia fai que á nosa vida mais sinxela pero a que prezo? O mesmo tempo que un televisior informa do que sucede no mundo tamen nos fai pensar exactamente o que queren que pensemos.
O mesmo tempo que un ordenador nos axuda na búsqueda de información tamen viola a nosa intimidade.

Comentario de Leila (06-11-2010 15:55)
4 A ciencia, como ''coñecemento riguroso'' non provoca problemas éticos derivados se o seu desenvolvemento é de gran magnitude. Sen embargo, o desenvolvemento da técnica, que é directamente proporcional ao primeiro termo, si os suscita.

Por exemplo, eu penso que o primeiro problema ético ao que se enfronta a tecnoloxía hoxe en día é respecto á ecoloxía. Podemos interferir no medio ambiente para recibir beneficios económicos? Ademais, tendo en conta que estamos nunha sociedade capitalista, estes beneficios concéntranse en mans duns poucos. Estes beneficiados poderán contar -grazas ao seu poder- con técnicos que produzan má#blgtk08#quinas cada vez máis modernas non só para dominar a natureza, senón tamén para explotar ou aniquilar a outras persoas no seu propio beneficio. Este proceso é como a pescadiña que se come a cola, e non leva máis que a diferencias sociais (podemos aprecialo sinxelamente comparando a desigualdade no mundo). En consecuencia, penso que o desenvolvemento tecnolóxico, para que sexa positivo para a totalidade do xénero humano, non debe estar suxeito a ningún interés máis que o común, sendo a natureza e este interés os seus únicos límites. Deste modo, ningunha persoa é explotada por outra máis poderosa nin interferiremos nos procesos naturais.
Comentario de Luís T. (07-11-2010 17:31)
5 Moi boa reflexión, L#blgtk08#uís. Benvido ó blog.
Comentario de Carmen (07-11-2010 21:28)
6 A tecnoloxía nos últimos anos avanzou moito e a un tempo record.
A tecnoloxiá pasou por moitas etapas as cales cada vez e mellor e está máis avanzada, pouco a pouco as cousas todas van a traves de ordenador e iso tampouco esta tan ben porque queiras o non nun futuro algo se vai ter#blgtk08# que facer porque non creo que todo o fgan os ordenadores ainda que como siga avanzando tanto a tecnoloxía vai camiar moito o futuro porque todo será diferente xa que vai a avanzar todo grazas a tecnoloxía.
Eu penso que a tecnoloxía esta sendo moi útil, e grazas a ela todo cambio.
Comentario de Tamara Tesouro (07-11-2010 22:51)
7 O dereito á intimidade ou privacidade das persoas, está gravemente ameazado por esos progresos tecnolóxicos. Se esos procesos tecnolóxicos estivesen enmarcados dentro de principios morais fundamentais e necesarios non imprlicarían peligro algún. Non pode ser#blgtk08# normal cás persoas que non teñen esa vocación especial para usar a deslumbrante tecnoloxía electrónica teñan que estar ameazados ou sometidos a unha minoría que maneca todos eses inventos; que poden ser moi útiles para algúns e tan perxudiciais para outros.
Comentario de Laura González (08-11-2010 13:32)
8 A tecnoloxía é un conxunto de coñecementos técnicos ordenados científicamente, que determina a diferenza entre o mundo desenvolvido e o non desenvolvido.Fai que á nosa vida sexa mais sinxela.
Históricamente as tecnoloxías foron usadas para sa#blgtk08#tisfacer as necesidades esenciais.
A actividade tecnolóxica inflúe no progreso social e económico,pero tamén produce o deterioro do noso planeta.
O xuízos éticos non son aplicables as tecnoloxías ,senón do uso que facemos delas.
Comentario de David Freixes (08-11-2010 13:38)
9 A tecnoloxía comezou co Prometeo que robou o lume e a sabiduría dos deuses e deullo aos humanos para o seu uso, mais foi castigado en consecuencia disto, e apartir deste momento a tecnoloxía avanzou moito dende as máquinas até os ordenadores.
Na actualidade a tecnoloxía inflúe moito, e defeito moitas de nosas tecnoloxías son necesarios para realizar traballos, comunicarnos, entretenernos, ifonrmarnos, etc..
pouc#blgtk08#o a pouco a tecnolóxía foi formando parte da nosa vida. Aínda que a tecnoloxía é moi importante, isto trae graves consecuencias xa que se nalgún momento nos chegasen a faltar todos estes avances tecnolóxicos, moitas das persoas que nacimos coa tecnoloxía que actualmente temos, non sabriamos como realizar diversas acitvidades que realizamos día a día, porque estamos tan acostumados que nos sería moi difícil facelas por nós mesmos.
Comentario de yiliani Ocanto (08-11-2010 13:46)
10 A tecnoloxía hoxe en día está moi presente na nosa vida diaria. Eu creo que se aos xóvenes nos quitaran a tecnoloxía coa que vivimos non sabríamos como realizar as nosas tareas nin que facer no noso te#blgtk08#mpo libre. A xente do século XXI poderíase dicir que somos tecnodependentes.

Nas nosas casas temos arredor de vinte obxectos tecnolóxicos como por exemplo microondas, mp4, televisión...
Comentario de Raquel (08-11-2010 13:47)
11 Na miña casa hai 3 televisores, un video, un dvd, tres móbiles, 2 coches, frigorifico, extractor, vitrocerámica, deshumidificador, cadena musical, 2 ordenadores, conexión intern#blgtk08#et, 2 cadenas musicales, e pode que algunha cousa máis.

Ninguén da miña familia estaría disposto a renunciar a estas cousas. con elas a vida faise mais agradable.
Comentario de David (08-11-2010 13:50)
12 Aínda que na actualidade o termo tecnoloxía abarque soamente o significados referidos ós avances tecnolóxicos, o pregreso científico ou os aparatos de última xeneración , como video consolas, ordenadores, etc.. os cales non aportan absolutamente nada substancias nas nosas necesidades máis fundamentais.
#blgtk08# Non obstante, antaño este termo representaba o meios ou técnicas utilizadas para efectuar unha actividade, ou, o que é o mesmo, o conxunto de tódolos factores empregados para a consecución de determinada actividade.Esta concepción do termo todavía utilizada en ramas do coñecemento como a economía ou a arte.
Comentario de Eloah Liz (08-11-2010 13:53)
13 A tecnoloxía deixou unha pisada indeleble na nosa forma de vivir. Tanto, que nin nos damos conta da cantidade de aparellos electrónicos que chean as nosas casas.
Algúns profesionais comezan a falar dunha "dependenza" patolóxica, de que pouc#blgtk08#o a pouco imos perdendo a nosa capacidade de independenza que axudou aos nosos antepasados a sobrevivir por si mesmos.
A tecnoloxía tamén trae avances nas fábricas sustituindo a man humana por máquinas moito máis eficentes e productivas.
Comentario de Xabier (08-11-2010 13:56)
14 A actividade tecnolóxica inflúe no progreso social e económico, pero tamén supón un retroceso en canto a proteción do noso entorno en moitos casos.
O abandono das zonas rurais, a extración de recursos naturais ou a contaminación destos están xerando problemas irreversibles, como a deforestación, o quecemento global ou a extinción dalgunhas especies animais e vexetais.
Pero a tecnoloxía non só inflúe no medio ambiente. A cultura, o ámbito profesional e o desarrollo dos países dependen e vénse modificados pola#blgtk08#s novas tecnoloxías.
As tecnoloxías disponibles nunha cultura condicionan a súa forma de organización e, integran coa cultura un sistema socio-técnico inseparable.
Con respecto ó ámbito profesional,os traballadores teñen que estar bien formados e cualificados en canto as novas tecnoloxías para acceder a un posto de traballo.
Por último,a lenta adaptación dos países subdesarrollados ás novas tecnoloxías fai máis grande a súa diferencia cos desarrollados e agrava a sua situación de dependencia a estos.
Comentario de Alexia García (08-11-2010 13:57)
15 As tecnoloxías neste momento están avanzando a grande escala, os avances tecnolóxicos melloran a vida das persoas, o campo da ciencia é importante pola axuda para a curacion e#blgtk08# para detectar enfermidades coma o cancro.
Asi como a axuda para mellorar a nosa natureza, cos novos vehículos eléctricos para reducir as emisións de CO2 por exemplo.
Comentario de Iris Piedrahita (08-11-2010 14:00)
16 Alguns expertos sosteñen que o avance da tecnolóxia débese a mentes privilexiadas, pero os antecedentes da tecnolóxia poden ser antigos como a humanidade mesma, basandose na experiencia de distintas culturas e sociedades.
Ao largo da historia o coñecemento e a tecnolóxia aplicáronse non só no desenvolvemento médico, físico ou industrial, tamén aplicouse no desenvolvemento militar e ofensivo: en Roma as técnicas#blgtk08# de cultivo e fabricación de utensilios non mostraban o avance tecnolóxico presente na guerra.
E existiron máis casos coma este, antes e despois: Arquimedes creou maquinaria de guerra para defender Siracusa do asedio romano; no Renacemento, Leonardo da Vinci cando ofreceu os seus servizos ao Duque de Milán, mencionou diferentes artiluxios militares que podía construir e, como último detalle, que tamén pintaba.
Comentario de Yago Casal (08-11-2010 14:02)
17 yo pienso que las tecnologías al igual que su desarrollo no se deben a la inteligencia de unos pocos, pero la propia tecnologia no llego a nosotros hasta que se comenzo en los tiempos antiguos,los humanos desarrollan la tecnología para su estudio y interés...lo malo de este interes es que la propia tecnologia se desarrolla en funcion del pensamiento #blgtk08#humano.

Por ejemplo una de las tecnologias que el humano desarrolla es principalmente la militar, ya que el interes del hombre por la guerra sigue sienpdo una prioridad hiy en dia por desgracia.
En definitiva nosotros desarrollamos las tecnologias pero porque es nueestro afan el de proporcionar una buena vida a nosotros mismos.
Comentario de Diego Carrascal (08-11-2010 15:10)
18 yo creo que el uso de la tecnologia es un avance hacia un futuro más próspero ya que, para la mi la tecnologia es evolucion mientras que no utilizarla seria ir en contra de ella .
Por otro lado tambien creo que si uno abusa de e#blgtk08#lla puede ser muy perfudicial ya que nos comvertiríamos en personas totalmente sedentarias . El no admitir la tecnologia hoy en dia es como no admitir la evolución ya que en muestros tiempos la tecnologia y la evolución van de la mano.
Comentario de Jaime Berridy -1 bach A (08-11-2010 15:27)
19 Na miña opinión a tecnoloxía e a súa propia existencia foi creada cun fin bo para o ser humano (de mellora e calidade de vida).Por ese motivo non debemos aproveitarnos de estar máis avanzados que antigamente xa que todo o que facemos á larga trae todo tipo de consecuencias e isto non é de agora (o exemplo é Prometeo). Ante todo debemos ter unha ética e unha moral que #blgtk08#nos axude a mellorar en todolos aspectos.
Tendo en conta todo o anterior teño que dicir que os consellos dos inxenieiros tecnolóxicos sobre a utilización das tecnoloxías son bos mais, ó cada persona ter o seu propio control, non está garantizada a utilización destes e moito menos están garantizadas as cousas boas ou malas que logo influirán sobre o ser humano.
Comentario de Yanira López (08-11-2010 15:33)
20 Practicamente todo o que nos rodea hoxe en día é tecnoloxía. Sen duda algunha, a tecnoloxía mellorou moitísimo o noso nivel de vida. Pero claro, hai( e sempre as haberá) persoas que non a utilizan de forma correcta. Un simple vistazo no telexornal do día e encontrarás moitos exemplos, s#blgtk08#obre todo, guerras, o quentamento global, etc. Ou empezamos a utilizar ben as tecnoloxías ou as consecuencias dentro duns anos serán moi grandes para dar marcha atrás. Aunque, a verdade, e que dende os inicios da historia a tecnoloxía nalgúns casos, non se utilizou como deberiamos.
Comentario de Anxo Otero (08-11-2010 15:34)
21 Penso que o desenvolvemento das tecnoloxías por unha parte está ben, pero sempre haberá xente que as utilice de forma incorrecta, para facer dano ós demais e cometer algún delito. As novas tecnoloxías, como vimos no vídeo, pouco a pouco fan que as tradicionais conversas entre familiares ocorran cada vez menos, ata o punto de non coñecer de nada á persoa que tes sentada ó lado cada día á hora da cea. Pero non é tan fácil renunciar a estas tecnoloxías xa que sen elas, aínda que pensemos que non, #blgtk08#non sabemos vivir. Aínda que non utilices moito o teléfono móbil, o día no que nos consegues que se encenda o primeiro que pensas é "E agora, cómo me localizan? Non teño forma de contactar con ninguén!". Ó mesmo que nos ocorre cando non funciona a lavadora, a neveira, a cociña, cando se vai a luz...
Deste xeito, todos estamos suxeitos ás tecnoloxías, e os únicos que poden fuxir delas son os "Amish", pero porque ya están acostumados, por iso nós non podemos desprendernos delas de súpeto.
Comentario de Lucía 1º Bach A (09-11-2010 21:46)
22 Eu penso co desenvolveemento da tecnoloxía rematará por dominar o mundo no que nós vivimos, este desenvovemento cada día vai a máis e dependemos cada vez menos da nosa familia .A tecnoloxía fai co mundo estea moito máis conectado entre si. Agora a comunicacion co resto do mundo e posible con so chama#blgtk08#r por teléfono, na antigüedade iso era imposible .
O estilo de vida dos Amish e completamente diferente a do mundo occidental, teñen un estilo moi simple, o tradicional vestido modesto e a desgana de adoptar as cousas modernas. Os amish son un pobo descendente de inmigrantes suízos e alemáns.
Comentario de Aitor de 2º bac b (10-11-2010 11:01)
23 Eu vou plantear algunhas das consecuencias do abuso da tecnoloxía informática.
As que máis me sorprenderon foron as secuelas físicas e emocionais. O uso desmedido dos aparatos pode causar enfermidades como: tendinitis, fatiga, #blgtk08#cefaleas, mareos, trastornos circulatorios, cansancio visual ou a síndrome do túnel carpiano, que consiste na inflamación dos tendóns do pulso debido ao excesivo uso do ratón do ordenador.

Tende moito coidado con iso!!
Comentario de Laura Márquez- 2º Bach (10-11-2010 11:04)
24 Tamén hai que centrarse na tecnoloxía ao largo da historia e os seus efectos na actualidade:

Dende as orixes do ser humano, este sempre buscou ferramentas e inventivas para poder facer a súa vida máis fácil. O desenvolvemento da tecnoloxía sempre estivo presente na historia do ser huma#blgtk08#no, avanzando así a tecnoloxía ata os nosos días. No obstante, na actualidade este desenvolvemento trouxo diferentes vantaxes, pero tamén numerosos inconveñentes.

O desenvolvemento de tecnoloxías como os automóviles provocan alteracións no ambente como a destrucción da capa de ozono.
Comentario de Mario (15-11-2010 14:05)
25 Dende pequenos os nosos pais ou os nosos familiares sácannos fotos, póñennos a televisión,escoitamos música na radio,en resume,que dende que nacemos até que morremos estamos rodeados de tecnoloxía. Moitas veces, esto pode producir problemas como a marxinación,problemas visuais,dependencias ou adiccións,etc que cada vez son máis frecuentes.Pero o verdadeiro problema está en que cando nos castigan sen televisor,sen móbil ou ordenador, parécenos que non nos queda nada por facer e que nos quitaron a vida social.¿Qué hay que facer nada casa? Ler,limpar,estudar,ordenar a nosa habitación non res#blgtk08#ulta atractivo,sen darnos conta de que poderíamos saír a buscar a un compañeiro a súa casa,ir ao ximnasio,a unha piscina,a un polideportivo, poderíamos ir a un parque ou mesmo sentarnos nun banco a ver pasar a xente sen decatarnos de que a verdadeira vida, a vida social, está na rúa e non nun teléfono,nun ordenador ou nunha televisión. Eu,particularmente, teño na miña casa 4 móbiles activados(máis todos os que conservamos antigos),un televisor, un microondas,3 minicadeas,3 ordenadores e 2 mp3 máis 2 mp4,e iso que a miña familia intenta ter a menor cantiade posible de tecnoloxía na casa...
Comentario de Raquel 4ºA (16-11-2010 17:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons