O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Mito e Logos
O inicio da Filosofía está no paso do mito (μuθος) ó logos (λóγος), é dicir, no paso de explicacións tradicionais e arbitrarias a explicacións lóxicas e racionais. Os gregos, protagonistas deste cambio, fundaron o que chamamos Filosofía (φιλοσοφία).

Na Grecia do século VI a.C. uns homes emprendedores comezaron a cuestinar tanto as explicacións que daban os mitos como as pautas de comportamento que ofrecían, foron os primeiros filósofos . Eles desconfiaban das narracións imaxinativas, das explicacións populares e cunha nova mirada, observan e analizan a physis (φύσις) intentando descubrir nela as causas dos acontecementos.

Este paso deuse dunha vez para sempre,
ou temos de novo que repetilo?.


Os mitos non son cosa do pasado. Hoxe, en pleno século XXI tamén temos algúns. Unha das mitificacións mais frecuentes de nosa sociedade reside no poder outorgado á ciencia. Esta parece como un coñecemento obxectivo, rigoroso e definitivo capaz de liberar ós humanos dous seus sufrimentos. Tamén poderíamos falar do mito da opinión pública. Pero a que realidade faise referencia cando falamos de opinión pública?. E finalmente: o poder da tecnoloxía. Os avances na ciencia e na técnica concedenlle ós humanos un poder ilimitado sobre a natureza e a humanidade.



Escribe o teu comentario (18) - Categoría: Filosofía - Publicado o 05-10-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
18 Comentario(s)
1 Antes de aparecer a filosofía, os gregos intentaban dar resposta ás numerosas cuestións que tiñan sobre a Natureza e o Cosmos mediante os mitos.

Os mitos son narracións fantásticas de transmisión oral e fruto da imaxinación nas que frecuentemente aparecen deuses, heroes, relatos amorosos, etc.

Deste modo, ós sucesos que acontecían no ambente os griegos dábanlles resposta mediante estes relatos m#blgtk08#itolóxicos. Por exemplo, un terremoto podía ser un castigo enviado por Hades, o Deus dos infernos; ou un furacán unha manifestación da ira de Zeus, Deus dos ceos.

Pero pronto comezaron a cuestionarse preguntas que xa non tiñan cabida para os relatos mitolóxicos, cuestións que necesitaban unha resposta máis razoable e rigurosa. É aquí cando xorde a filosofía e se abandoa o mito para dar paso ó "Logos".
Comentario de Mario (06-10-2010 10:55)
2 O logos (en grego λóγος)é o pensamento racional, meditado e reflexivo. O termino podémolo traducir como concepto, palabra, argumentación, pero o significado maís fiel é o de "razón".
En moitas historias da filosofía utilizase unha expresión para resumir a aparición do razoamento da realidade:"A filosofía é o paso do mitos ó logos"
Basandose, nesta oración os primeiros filosofos deronnos estes principios:
1. O mundo é racional, é dicir, no mundo hai un logos(ley).#blgtk08#
2. As persoas dispoñemos de logos(razón), que empregamos para discorrer sobre a realidade.
Foron os filósofos presocráticos os primeiros en recorrer a este término.

Heráclito, un destes filósofos, refírese o logos coma a razón que domina o Universo e fai posible a existencia do orde,e tamén se atopa en nós, axúdanos como guía da nosa conducta e coñecemento. En resumo, o logos é a Intelixencia que dirixe e ordena a armonía do devir e dos cambios da propia natureza.
Comentario de Yago (06-10-2010 11:12)
3 Filosofía é unha palabra derivada do grego - φιλοσοφία - que significa "amor á sabedoría" (philos / sophia). Podese entón traducir o termo "filósofo" como "a#blgtk08#migo da sabedoría" . O filósofo é, polo tanto, concebido como aquel que procura o coñecimento puro e non se deixa corromper por prexuízos. A Filosofía busca o cuestionar a realidade e os seus problemas.
Comentario de Iago Castillo (08-10-2010 09:47)
4 Entre os presocráticos mencionadoss no artigo está a Escola de Mileto, integrada por Tales, Anaximandro e Anaxímenes.
Foi unha escola filosófica fundada no século VI a.C. Introduciu novos puntos de vista contrarios ás concepcións dominantes da época sobre como est#blgtk08#aba organizada a natureza .Mentres que a sabiduria popular falaba das responsabilidades dos deuses sobre os fenómenos naturais, os milesios presentaron unha visión da natureza en termos de entidades observables, o que pode ser considerado a primeira filosofía científica.
Comentario de David Freixes (08-10-2010 09:52)
5 Na actualidade existen moitos mitos da ciencia que cremos que son verdade. Seguro que moita xente cre que no espacio non hay gravidade pero en realidade os ast#blgtk08#ronautas non flotan no espazo senón que están en caída libre. Tamén é falso que o universo esta vacío, en realidade está cheo de átomos solo que moi distantes.
Comentario de Raquel (08-10-2010 09:54)
6 Dende a filosofía tamén podemos falar doutro mito actual: O mito da opinión pública. A opinión pública tende a presentarse como a voz do pobo, unha voz chea de#blgtk08# autoridade. O paso do mito ao logos pasa por descubrir que a opinión pública é a interesada opinión daqueles que teñen poder para facer pública a súa opinión.
Comentario de Laura (08-10-2010 09:58)
7 A tecnoloxía evolucionou moito, sobre todo no ámbito científico. Volveuse algo imprescindible para as nosas vidas. Os avances que se realizanon con esta tecnoloxía permitiunos coñecer e avanzar máis en asuntos que an#blgtk08#tes non podíamos mellorar debido a que non dispoñíamos da tecnoloxía da que agora gozamos. A telefonía móvil, os ordenadores, mp4, etc, é o exemplo máis claro, e témolo ao alcance das nosas mans case sen percatarnos.
Comentario de Patricia (08-10-2010 09:58)
8 Os primeiros filosófos eran chamados filósofos presocráticos. Son considerados hoxe en día coma os grandes pioneiros, coma os pais da filosofía, coma materia existencial e nai de todalas ciencias, ademáis tamén hai que recoñecer que non todos os filósofos son presocráticos...
Os grandes da filosofía son: Sócrates, Demócrito, Pitágoras, Aristóteles, Platón, e o gran pai#blgtk08# que é Tales de Mileto.

Todos eles foron escritores, pero dado os efectos do tempo todos perderonse, inda que hoxe en día ainda quedan alguns fragmentos de escritos de moito interese con gran enfase no mundo filosófico. Todos os temas iniciais da filosofía céntranse profundamente no que é o estudo da natureza, que era a cousa que máis admiración lles producía.
Comentario de Sarai (08-10-2010 10:01)
9 Os pitagóricos eran unha organización grega de astrónomos, músicos, matemáticos e filósofos, que cría que todas as cousas son "esencia"e "número".
O grupo mantivo o descubrimento do segredo dos números#blgtk08# irracionais, e dice a lenda que un membro foi ahogado por non manter o segredo.
O pentagrama (estrela de cinco puntas) foi un importante símbolo relixioso usado polos pitagóricos, que o chamou "saúde".
Comentario de Aitor Veloso (08-10-2010 10:04)
10 Hoxe, algúns pensan que se pode soster o capitalismo, iso tamén é un mito.

Ante a profunda crise económica, parece que o políticamente correcto é seguir salvando o actual sistema, dado que non é bo, pero é o "menos malo". Todo se resume en facer correccións provisionais para que se recupere, sen ver que éste é inviable, porque co actual desenvol#blgtk08#vemento dos factores de produción, só pode recuperarse volvendo ós niveis de consumismo sen límite, o cal levaría a un crecemento imparable dos residuos contaminantes, dos transportes e as súas consecuencias medioambientais, do incremento do asfalto e do cemento polas necesarias urbanizacións e novas vías de acceso que necesitan e do consumo da auga do planeta.
Comentario de Cintia Vázquez (08-10-2010 10:05)
11 A natureza ou a physis para os gregos ten dous usos principais ou significados. Normalmente, falamos da natureza como un conxunto de seres que, en si, poboan o universo, agás que todas as cousas ou obxectos prod#blgtk08#ucidos exclusivamente por homes.
A natureza tamén ten un segundo significado que sería todo o que ten que ver co universo . Neste caso específico, o termo "natureza" viría a dicir o que as cousas son.
Comentario de Marcos Sarmiento (08-10-2010 10:08)
12 O mito da eterna xuventude
A cuestión de manterse xoven e, sobre todo,cómo logralo, é algo que estivo na na mente do ser humano dende sempre. E é lóxico, xa que a xuventude normalmente asóciase a un bo estado de saúde e ó disfrute das capacidades físicas.
Un dos grandes prob#blgtk08#lemas consiste en que a maior parte das marcas de cosmética transmiten a idea de que o importante das personas é o seu aspecto físico, e por iso venden a imaxe da xuventude, da beleza e do aspecto externo, intentando facer crer que a xuventude pode ser un tesoro eternamente prolongable.
Comentario de Alexia García (11-10-2010 13:36)
13 Os filósofos vían cos seus propios ollos cómo constantemente ocurrían cambios na natureza.

Os primeiros filósofos tiñan en común a creenza de que existía unha materia primaria, que era a orixe de todos os cambios.

Non resulta fácil saber cómo chegaron a esa conclusión, só sabemos que ia nacendo a idea de que tiña que haber un#blgtk08#ha soa materia primaria que, mais ou menos, fose a orixen de todos os cambios sucedidos na natureza. Tiña que haber «algo» do que todo procedía e a o que todo volvía.

O máis interesante para nos non é saber cáles foron as respostas as que chegaron os primeros filósofos, senon qué preguntas facíanse e qué tipo de respostas buscaban.
Comentario de Nerea (11-10-2010 13:39)
14 O que fai que a sociedade outorgue á ciencia o seu poder é unha actitude frente ás cousas e a vida que esixe unha metodoloxía estricta. Ten que ver coa búsqueda da verdade e có que ela, con fidelidade absoluta, nos esixe.

A ciencia, en realidade, é por definición unha búsqueda desinteresada e afanosa da verdade e como tal é dende os seus oríxes,"e#blgtk08#cléctica"(Que no seu xeito de actuar ou xulgar adopta unha postura intermedia, afastada de solucións extremas).

Podemos sinalar sen temor a equívocos que a relación entre a filosofía e a ciencia debe existir, filosofía e ciencia deben relacionarse e reconocerse mutuamente. Teñen funcións distintas e as veces antagónicas,pero tamén complementarias.
Comentario de Laura Molinos (11-10-2010 13:50)
15 Un mito; do grego μῦθος, mythos, «relato», «conto»; é un relato tradicional e fantástico que é protagonizado por personaxes sobrenaturais e extraordinarios. Servían como explicación ós fenómenos naturais, forma para manter o orde establecido, é dicir, nesa época (aprox. S. VI a.C.) os humanos vivían sometidos ás leis da natureza, xa que non tiñan suficiente tecnoloxía .
Mentres Platón xustifica o seu uso indicando que é unha forma adecuada para facer unha exposición máis ilustrativa e didáctica de temas filosóficos que#blgtk08# a puramente racional e lóxica, mais a veces tamén o xustifica indicando que hai temas que parecen exceder as posibilidades do coñecemento humano e só se poden presentar dun modo aproximado, intuitivo, e metafórico.
Os dous mitos máis representativos da obra de Platón foron “O mito da carverna”, o cal ilustra metaforicamente a súa teoría dualista do mundo, exposto en su obra República; e “O mito do carro alado” é unha alegoría que usa Platón para descubrir as partes da alma e o afán humano polo coñecemento e o ser, no seu diálogo Fedro.
Comentario de Eloah (11-10-2010 13:53)
16 Antigamente os mitos ou as lendas usábanse principalmente para a educación cultural e social das persoas e tamén eran usados para explicar fenómenos que non tiñan resposta.

Hoxe en día, coñecemo#blgtk08#s como mitos os grandes soños e desexos que teñen as persoas na súa vida.

Os antigos mitos sempre van a permanecer ahí, aínda que sempre, nun futuro cercano, serán substituidos por outros novos.
Comentario de Sara Quintela (11-10-2010 13:53)
17 A mitoloxía, máis alá do valor literario, estético ou incluso lúdico, é unha ferramenta simbólica cuxa interpretación e sentido pode cobrar unha insospeitada vixencia.
A mitoloxía convoca á fantasía, explora emocións e conflictos arquetípicos que volven a nós, unha e outra vez; Por isto continuan sendo atractivo#blgtk08#s. Pese a isto na actualidade, o mito está escrito no seu mesmo formato.
En cambio a mentalidade grega, buscaba a harmonía e a orden do universo. Incluso nos tempos clásicos, nos días da cultura ilustrada, os poetas parecen inventar novos deuses con moita espontaneidade: la Esperanza o el Temor, etc.
Comentario de yiliani (13-10-2010 10:46)
18 Vou relatar un dos mitos máis coñecidos do mundo clásico: cando Prometeo robou o lume que portaba o deus Sol no seu carro, Zeus entrou en estado de cólera e ordeou ós distintos deuses crear unha muller capaz de seducir a calquera home. Hefesto frabricouna con arcilla e lle proporcionou unhas formas suxerentes, Atenea vestiuna elegantemente e Hermes concedeulle a facilidade para seducir e manipular.
Entón Zeus dotouna de vida e mandouna a casa de Prometeo.
Alí vivía o benefactor dos mortais xunto ao seu irmán Epimeteo, que a pesar de estar advertido de que Zeus se vengaría con calquera motivo, aceptou a chegada de Pandora; namorouse locamente de ela e tomouna por esposa.
Pero Pandora traía algo consigo: unha caixa qu#blgtk08#e contiña tódolos males capaces de contaminar o mundo de desgracias e tamén os bens. Un dos bens era a Esperanza, consolo do que sufre, que tamén estaba pechada naquela caixa. Contan que por aquel entón a vida humana non coñecía de enfermedades, desgracias, loucuras, vicios pero tamén nobres sentimentos.
Pandora, víctima da súa curiosidade, abriu un anaco da caixa e tódolos males se esparceron polo mundo. Contan cos bens subiron ao mesmo Olimpo e alí quedaron, xunto ós deuses. Asustada, Pandora, pechou a caixa rápidamente deixando dentro a Esperanza, tan necesaria para superar os males que acosaban aos homes.
Tentou consolar ós homes, falándolles da Esperanza, á que sempre podían recurrir; pois estaba ben agochada.
Comentario de Laura González (18-10-2010 13:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons