O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Ética e Filosofía do dereito
Moitos mozos pensan que non poden facer nada por mellorar a sociedade e as condicións de vida do mundo en que vivimos. Que podo facer eu para acabar coa fame, as guerras, o cambio climático...? Vemos os problemas con distancia e as veces con impotencia. Pasamos da política.

É certo, as sociedades contemporáneas son complexas. A diversidade cultural e ideolóxica que as conforma precisa dunha formación de súa cidadanía que lle permita afrontar os retos dese pluralismo en contínua transformación.

No barrio, no instituto, nas cidades en que vivimos hai decenas de problemas. Aínda moitos non podemos votar nin presentarnos a unhas eleccións, pero podemos debater con outros sobre posibles solucións, idear proxectos que melloren a vida de todos. É preciso desenvolver a nosa dimensión cidadá cara o compromiso social.

Iso é o que este ano intentaremos facer dende esta materia chamada ÉTICA E FILOSOFIA DO DEREITO


Escribe o teu comentario (11) - Categoría: Filosofía - Publicado o 22-09-2010 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
11 Comentario(s)
1 Comezando un novo curso, agardamos que esta materia resulte interesante e de proveito.
Pola nosa parte, nós inte#blgtk08#ntaremos aportar o maior número de ideas para mellorar este blog e as opinións e dúbidas que se presenten nel.
Comentario de Yago e Mario (27-09-2010 13:37)
2 Este ano imos ser os alumnos de Ética e filosofía do Dereito os encargados de levar adiante o blog. Nos en particular esperamos que colabo#blgtk08#redes connosco e debatades as vosas opinións e as escribades no blog. Queremos que nos suxerades ideas para os artigos que publiquemos.
Comentario de Sara e Laura (27-09-2010 13:39)
3 O principal propósito que temos para esta nova asignatura será aportar a maior parte da información posible para intentar dar #blgtk08#solución aos problemas que se nos presenten ao largo do curso e, así, formarnos tamén na vertente social, cultural e política.
Comentario de Carla Iglesias e Patricia Veiga (27-09-2010 13:40)
4 Somos Nerea e Sarai e este ano traballaremos no blog do Clube Das Ideas.O noso propósito será aumentar o voso interese pola ética acerca do respecto, tolerancia, solierarid#blgtk08#ade e a convivencia cos nosos semellantes dentro dun estado democrático de dereito, cousas que a todos nos fomentan interese sexa polo ben de todos o polo noso ben propio.
Comentario de Sarai Prol y Nerea Castro (27-09-2010 13:41)
5 Somos Laura e Iris e traemos como proposta innovadora una nova forma de pensar, nova e actual.
Somos do grupo do 2ºBacharelato B da opcion de filosofía do dereito.
Tratar#blgtk08#emos de enfocar os temas actuais dunha forma distinta e radical que tratará de buscar una nova forma de pensar, máis aberta cara a nosa convivencia e enfocada cara a todos os públicos.
Comentario de Laura González e Iris Piedrahita (27-09-2010 13:41)
6 Somos David Freixes e Aitor Veloso de 2º de bacharelato B. Temos ganas de comezar este novo curso . Colab#blgtk08#oraremos co blog para que os compañeiros do instituto poidan comentar os temas que trata a nosa materia.
Comentario de David Freixes , Aitor Veloso (27-09-2010 13:43)
7 Hola, somos os alumnos de Ética e Filosofía do dereito de este ano e chamámonos Raquel e Xabier. Comentaremos#blgtk08# diferentes noticias de actualidade que esperamos que os interesen e interactuedes connosco. Moitas gracias.
Comentario de Rakel y Xabi (27-09-2010 13:43)
8 Bos días,somos Iago e Marcos moziños de Segundo de bacharelato.Temos moitas ganas de comezar este gr#blgtk08#an ano que temos por diante e especialmente esta maravillosa materia: Ética e Filosofía do dereito.
Comentario de Iago Castillo e Marcos Sarmiento (27-09-2010 13:43)
9 Hola, chámome Laura e son alumna de Ética e Filosofía do Dereito.Este ano vou participar na redacción do Clube das id#blgtk08#eas,tentarei facelo o mellor que poida a fin de continuar co traballo realizado anteriormente polos meus compañeiros.
Comentario de Laura Molinos Estévez (27-09-2010 13:44)
10 Hola,
somos as alumnas do 2º de bacharelato da asignatura ÉTICA E FILOSOFÍA DO DEREITO, e vamos acompañarvos durante todo este curso le#blgtk08#ctivo para asi compartir nosas ideas e pensamentos acerca dos mas diversos temas actuales e filosóficos.

Att: Yiliani e Eloah
Comentario de Yiliani y Eloah (27-09-2010 13:44)
11 Boas, somos Alexia e Cintia, e durante o curso imos escribir neste blog. A nosa pretensión é debater cos demais sobre diferente temas dentro#blgtk08# da asignatura de Ética e Filosofía do Dereito, para achegar posibles solucións que melloren a realidade na que vivimos e que compartimos.
Comentario de Alexia e Cintia (27-09-2010 13:49)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0