O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Coñecendo outros costumes
Reproducimos de seguido
un texto de Marvin Harris,
antropólogo estadounidense
que desenvolveu o materialismo cultural e autor da obra titulada
Vacas, cerdos, guerras e bruxas.





"O centro mundial do amor aos porcos localízase en Nova Guinea e nas illas Melanesias do sur do Pacífico. Para as tribos horticultoras desta rexión que residen en aldeas, os porcos son animais sagrados que se sacrifican para os antepasados e cómense en ocasións importantes, como vodas e funerais. En moitas tribos débense sacrificar porcos para declarar a guerra e facer a paz. A xente da tribo cre que os seus antepasados defuntos ansían a carne de porco. A fame de carne de porco é tan irresistible entre os vivos e os mortos que de cando en vez organizanse festíns grandiosos e cómense case todos os porcos da tribo dunha soa vez. Durante varios días seguidos, os aldeáns e os seus convidados comen grandes cantidades de carne de porco, vomitando o que non poden dixerir para volver inxerir máis. Cando todo remata, o rabaño de porcos quedou tan mermado que se precisan anos de rigorosa frugalidade para recompoñelo. Así que se conseguiu iso, realizanse os preparativos para unha nova e pantagruelica orxía. E así volve comezar o estraño ciclo causado pola aparente mala administración".


A diversidade de pobos
que habitan o noso planeta
fai que os costumes entre nós
sexan tamén plurais.


E estas son outras.
Podemos facer unha comparanza....
¿Algún comentario ó respecto?





Escribe o teu comentario (12) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 18-05-2010 20:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
12 Comentario(s)
1 Marvin Harris nunha dos seus estudos antropolóxicos centrouse no territorio de Melanesia, esta rexión xeográfica consta de decenas de miles de kilometros cadrados, dende as Illas Fiji polo Este ata as illas cercanas á costa Iran Jaya polo Oeste.
En estas illas podemos encontrar entre 700 e 1000 variantes culturais diferentes e o número de linguas e dialectos supera as 2000. Esto fai que un estudo de calquer tipo sobre os seus poboador#blgtk08#es sexa unha tarefa complicada. Nembargantes, ó longo do s.XIX e sobretodo XX, Melanesia foi un foco poi importante de interés antropolóxico.
Un tema de interese para os antropólogos é a sexualidade. Entre os homes a sexualidade é parte dunha tradición cun elevado significado cultural. Admitense as relacións sexuais entre individuos do mesmo sexo. Asimismo efectúan ceremonias que están dedicadas os festexos, sempre de sexo masculino
Comentario de Yatir Díaz (21-05-2010 11:22)
2 De M. Harris hai que decir que contribuiu a crear unha visión máis moderna da ciencia da Antropoloxía. Influido polo marxismo desenvolveu unha perspectiva coñecida como "materialismo cultural". Harris ve na cultura tres niveis:
1.- Infraestructura: conxunto de técnicas destinadas á obtención dos medios de subsistencia básica e o control do tamaño da pob#blgtk08#oación.
2.- Estructura: forma na que a sociedade distribue e intercambia os bens, inclue a economía doméstica e a economía política.
3.- Superestructura: fai referencia a contidos culturais como arte, música, creencias, rituais, etc.

A súa tese é que a infraestructura é o factor que ten máis peso no desenvolvemento sociocultural.
Comentario de Carmen (23-05-2010 23:03)
3 Neste libro Marvin Harris fai un estudo antropolóxico da porcofobia (temor aos porcos):
Os casos máis comúns son os dos musulmáns e os xudíos, porque a súa relixión lles prohibe comela. Intentouse explicar porque a Biblia e mais o Corán prohibía inxerir carne de porco, e houbo algunhas hipóteses:
1ª- Para min a máis coherente é a de Maimónides no S.XIII, dixo que comer carne de porco producía enfermidades; máis tarde no S.XIX descubriuse que comer carne de porco pouco feita podía producir triquinosis.
2ª- Dise que #blgtk08#o porco é un animal "sucio" porque se revolca nos seus propios excrementos. Demostrouse que os porcos defecan, normalmente, lonxe do lugar de onde durmen e comen; pero cando hai altas temperaturas, seu corpo non as aguanta, para refrescarse (xa que a súa capacidades de sudoración é limitada) revócanse no fango e en casos extremos, nos seus propios excrementos para baixar a súa temperatura corporal.
Os porcos morren a unha temperatura duns 36'66º centígrados, e no Oriente Medio hai unha temperatura media duns 43'33º centígrados.
Comentario de Galiño (24-05-2010 22:49)
4 Noutras partes do mundo tamén está prohibida a inxesta de carne. Así a relixión católica tiña por norma (segundo o Código do Dereito Canóni#blgtk08#co de 1917) que os Venres de Coaresma, o Venres Santo e o Mércores de Cinza é preceptivo gardar abstinencia por tódolos maiores de idade.
Comentario de Xavier (27-05-2010 10:21)
5 Existen moitos alimentos tabú. Os alimentos tabú son aqueles que por razóns culturais ou relixiosas non se consideran aceptales para o seu consumo e son, por tanto, tabú para a sociedade en xeral ou para un grupo dentro dela.
A comida tabú asóciase coa repugnancia, aínda que as causas pola que se rechazan son sociais (exemplo: a carne de can). A maior parte dos alimentos tabú aliment#blgtk08#arios son: a prohibición do Hinduismo de sacrificar vacas; a carne de porco no xudaísmo e no Islam; a carne de cabalo nalgunhas culturas; a carne de can en case todos os países; a entomofaxia (ou consumo de insectos) en Europa e EEUU principalmente, pero tamén en outros países; ou o canibalismo, que solo se excusa en casos de necesidade extrema. Na actualidade esta práctica está erradicada.
Comentario de Carmen Z. (27-05-2010 10:46)
6 O "post" fai referencia ás tribos pobladoras de Nova Guinea.

Nova Guinea é a segunda maior illa do mundo e está ubicada ao norte de Australia, entre os océanos Pacífico e Índico.
Probablemente foi descuberta por navegantes portugueses e españoles a principios do século XVI.
Está dividida políticamente en dúas metades iguais:
A metade occidental está incorporada a Indonesia.
A metade oriental é Papúa Nova Guinea.
Papúa ten unha numerosa cantidade de illas ao redo#blgtk08#r, e un clima tropical con monzóns e pequenas variacións de tª.

Dende o punto de vista político é unha monarquía constitucional cunha democracia parlamentaria. É o país coa esperanza de vida ao nacer mñais baixa do mundo. Ten unha agricultura de subsistencia que serve únicamente para consumo local. A poboación nativa está constituída por centos de grupos étnicos que habitan o país dende hay decenas de anos. O segundo grupo está constituido por habitantes de linguas austronesias oceánicas.
Comentario de Cintia V (27-05-2010 10:58)
7 Son diversas as culturas que están presentes no noso planeta, e con elas os símbolos que as representan e a través dos cales as podemos identificar.

Ditos símbolos poden ser de calquer tipo: árbores, deuses, trazados xeométricos, animais. Hoxe nos centraremos neste especto.

Temos coñemento da prohibición na relixión musulmá de comer cerdo, a importancia sagrada na vaca na India...Pero hai outros animais e as culturas que representan que descoñecemos.
#blgtk08#
Por exemplo, sabías que na cultura chinesa hai varios animais sagrados? Algúns deles son:

-O dragón: representa a chegada da fortuna, prosperidade e a boa fortuna. Tamén simboliza aspectos coma a valentía, a nobreza, a dignidade, etc.

-O ave fénix: a historia do fénix conta que este resurxe sempre das súas cenizas. En China, representa a sabiduría, a paz e a armonía.

-A tartaruga: representa a lonxevidade e pode predicir o futuro.
Comentario de Mario (27-05-2010 11:02)
8 E falando de diversas culturas poderíamos incluir os nosos costumes:

A mata do porco, tamén denominada "matanza",é o conxunto de operacións que se realizan para o sacrificio do porco,o afaenado do canal e a posterior elaboración dos embutidos e outras pezas para conserva-la carne obtida. Non se aplica ó sacrifici#blgtk08#o industrial nin a actividade de industria cárnica, senón só a mata realizada no domicilio do propietario e exclusivamente para o consumo familiar. Representa a principal fonte de abastecemento de carne da familia para todo o ano, ademais de constituir co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega.
Comentario de Javier (27-05-2010 11:14)
9 Di un refrán que "vaca e carneiro, comida de cabaleiro". En efecto, os fidalgos galegos distinguíanse polo notable consumo de carne de vaca; os labregos, por contra, consumían carne de porco. As de vit#blgtk08#ela, ovella e cabra están reservadas para os días de festa. E iso por que?. A razón é clara: o porco produce máis carne a menor custo, adem´´ais xera máis crías en menos tempo que os seus competidores.
Comentario de Sonia (31-05-2010 19:45)
10 Hoxe a matanza do porco ten un gran compoñente folflórico. Existen referencias desta actividade desde o tempo dos romanos. En España conforme foi avanzando a reconq#blgtk08#uista na Idade Media a realización da matanza do porco era considerada como signo externo da condición de "cristián", pois os árabes non comían carne deste animal.
Comentario de Ana (31-05-2010 20:05)
11 A vaca no hinduismo
O hinduismo promove a adoración dos animais, sobre todo o da vaca, xa que é concebida como a madre da humanidade polo nutriente que suministra: o leite.
Na India as vacas teñen a liberdade de facer o que queren. Son adornadas con guirnaldas e borlas, rézase por elas cando enferman e f#blgtk08#an unha festa cando nace un terneiro.
As vacas tamén son grandes aliadas dos barrendeiros nas transitadas cidades, onde comen calquer desperdicio que non pode ser directamente consumido polo home. Os barrendeiros monopolizan a boñiga da vaca e a venden as amas de casa que a utilizan como principal combustible.
Comentario de Laura (03-06-2010 10:56)
12 Existe unha tribu en Nova Guinea, os maring, que cada 12 ou 20 anos celebra un festival de cerdos llamado "kaiko". O festival dura ao redor dun ano, inclúe preparativos e pequenos sacrificios. Nos douus primeiros meses o clan combate con clans enemigos. Durante os combates se sacrifican todos os cerdos, e vencedores e vencidos quédanse sen cerdos #blgtk08#os que gañarse os favores dos antepasados. O combate remata bruscamente, e os homes adultos dos clanes plantan pequenos árbores para rematar a pelea. desde ese momento dedícanse a cría de cerdos, e cando xa consiguen unha gran piara vólvese celebrar o kaiko e dar así grazas aos seus antepasados. Este ritual axuda a ter periodos de paz e de guerra.
Comentario de Sofía (03-06-2010 17:22)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0