|
|
Vicus romano. |
|
A ría de Vigo foi nas épocas romanas unha costa chea de vilas. Moitas delas eran residenciais e outras adicabanse ás industrias de salazón e de pesca.
Ó lado esquerdo do areal do Vao e fronte á Illa de Toralla se atopa un deses xacementos. Tratase dunha vila romana, unha casa de campo con funcións residenciais e produtivas (explotación dos recursos primarios do campo e o mar).
A finca pertencía á familia Mirambel cuxos propietarios descubriron o xacemento. Esta vila tardorromana en sí mesma non é rica en mosaicos, pero sí en instalacións lúdicas como as termas que ocupan un vinte por cento do complexo.
Onte fixémoslle unha visita.
Que nos quedou desta viaxe ó pasado?
Lee con atención e contesta:
1. En que parroquia viguesa están situados os restos da vila romana que visitamos?.
2. A que século pertencen os restos atopados?.
3. Cales puideron ser as causas naturais do enterramento das ruínas ate o século XX?.
4. En que ano se comezaron os traballos arqueolóxicos de desenterramento da vila romana?.
5. Atopáronse no xacemento pezas ornamentais?. Cal era a súa procedencia?. Onde se atopan actualmente?.
6. Que uso tiñan as construcións que se observan na vila romana?.
7. Que é unha necrópole?. Hai algunha en Toralla.
8. Describe as distintas estancias dunha vivenda romana.
9. Vocabulario: termas, hipocausto.
10. Que outros pobos habitaron Galicia antes dos romanos?.
|
|
|
|
11 Comentario(s) |
|
1 |
RESPOSTA 8:
As termas: Era o equivalente a un baño actual, pero tiña 3 piscinas, unha moi grande de auga fría e outras máis pequenas de auga quente e temperada. Quentábanse no hipocausto, o subsolo, que se quentaba cun forno na habitación contigua. Ocupaban o 20% da casa.
A habitación: Lugar onde d#blgtk08#urmían.
O pasillo: O do lado da hagitación utilizábase como vestidor.
O almacén: Onde se gardaba a comida.
A cociña: Onde cociñaban os servos.
A sala de reunións: Onde o dominus facía os seus negocios con outros empresarios, tamén o facían nas termas.
O salón: Lugar destinado ao ocio. |
|
|
Comentario de Sofía (04-02-2010 11:09) |
|
|
2 |
RESPOSTA 9
-Termas
Baños destinados ós cidadáns nunha vila.As termas podían ser púbricas ou privadas.As privadas eran construidas por os donos ricos da vila que non desexaban aturar o concurrido ambient
e das termas púbricas.
Segundo a súa temperatura, podían ser quentes (caldarium), tempradas (tempi#blgtk08#darium) e fría /frigidarium).
O calor da terma quent4e entraba a través da sala situada debaixo da terma, o hipocausto.
-Hipocausto
É a sala a través da cal entra a calor procedente do forno para quentar o caldarium. Esta calor aproveitábaase para quentar,aparte do solo da terma, o solo do resto da vivenda. |
|
|
Comentario de Mario (04-02-2010 11:19) |
|
|
3 |
RESPOSTA 10:
Outros pobos que habitaron Galicia antes dos romanos foron os celtas,que eran un pobo de orixe indoeuropea. A súa orixe resolta da evolución autónoma da cultura de túmulos do Bronce Centroeuropeo.
Os celtas continentais desapareceron romanizad#blgtk08#os ou absorvidos por outros pobos. A arte celta limítase a pequenos obxetos como pezas de louza, moedas ou armas. A arquitectura foi funcional e non tivo un interese artístico ou estético.
Tamén os galaicos habitaron esta rexión e eran pertencentes ós pobos preromanos. |
|
|
Comentario de Laura (05-02-2010 10:45) |
|
|
4 |
RESPOSTA 7
Que é unha necrópole?. Hai algunha en Toralla.
Unha necrópole é un cemiterio ou lugar destinado a enterramentos. Etimolóxicamente significa cidade dos mortos, pois provén do idioma grego: necro (morte), e polis, (cidade). O termo emprégase normalmente para designar cemiterios pertencentes a grandes urbes, así como para as zonas de enterramento que se encontraron cerca de cidades de antigas civilizacións.
Na illa de Toralla localízanse dous xace#blgtk08#mentos arqueolóxicos de diferente matiz: un poboado prerromano fortificado e unha necrópole tardorromana.
Escasos e moi fragmentados son os datos que desta necrópole poseemos que se encontra na zona media da illa, en dirección - Norte. As primeiras referencias que temos dela son as de finais de 1913, con motivo do haxazgo fortuito de varias sepulturas ao procederse a levantar unhas murallas preto do chalet estival, que a familia Echegaray poseía na illa, denominado villa Gioja. |
|
|
Comentario de Carmen Z. (05-02-2010 10:59) |
|
|
5 |
RESPOSTA 4
Os primeiros vestixios desta vila romana foron detectados pola familia Mirambell, familia catalana que se dedicaba a extraer sal das sal#blgtk08#inas, daquela propietaria da finca dende 1920. No 1992 o Concello de Vigo recuperou a titularidade da finca e promoveu a realización de importantes excavacións. |
|
|
Comentario de Cintia V. (05-02-2010 11:11) |
|
|
6 |
RESPOSTA 1
Os restos da vila que visitamos están na parroquia de San Miguel de Oia, esta está situada ó suroeste d#blgtk08#a cidade de Vigo, ó igual cá cidade de Vigo está situada na ria do mesmo nome e posee unhas vistas privilexiadas das Illas Cies. |
|
|
Comentario de Eloy Riobó Sánchez (05-02-2010 11:16) |
|
|
7 |
Pasámolo ben, ainda que foi unha visita un pouco curta pois a monitora tiña moita presa e non puidemos encher os nosos pulmóns ca brisa fresca do mar.
#blgtk08#E dificil imaxinar que nalgún tempo a Illa de Toralla estivera unida á península. Sen dúbida os nosos antergos tiñan bo gusto ó alixir os seus lugares de residencia! |
|
|
Comentario de Diego (07-02-2010 21:51) |
|
|
8 |
RESPOSTA 5:
En resposta á pregunta si, se encontraron pezas antigas nas escavacións como 17 moedas pertencentes aos romanos do século IV d.C., e tamén das épocas de Constantino I, Constantino II, Constante e Valente. Tamén encontraron vidros procedentes de cuncos, pratos, vasos#blgtk08#, frascos, copas, xarras, botellas...
Pénsase que esta vila podería estar relacionada coa produción de vidro, no século II e IV d.C.
Parte dos restos están expostos no museo ?Quiñones de León? en Vigo, e a maioría están na universidade de Ourense para ser estudados e catalogados. |
|
|
Comentario de Dani Galiño (11-02-2010 11:03) |
|
|
9 |
REPOSTA 6:
-As termas:pusoia tres piscinas con distintas temperaturas:caliente , templada , fría.
era equivalente a un baño actual coas mesmas funcions.
-cociña:utilizabase para preparar os alimentos.
-almacen:onde se gardaban os productos
-salinas:onde conseguian o sal mediante sistemas de evaporación de auga procedente do mar , o auga pasaba por un tubo cando as mareas eran fortes e obedecendo a gravidade ia polo tu#blgtk08#bo ata chegar as salinas onde mediante un limo e o sal quedaba pegado e a auga evaporavase deixando o sal e o limo eliminabase doadamente .
-sala de reunions:como indica o nome, o dominus preparaba as reunions.
-habitacions :onde durmian
-hipocausto: é a sala a través da cal entra a calor procedente do forno para quentar o caldarium. Esta calor aproveitábaase para quentar,aparte do solo da terma, o solo do resto da vivenda.
|
|
|
Comentario de Javier (11-02-2010 11:19) |
|
|
10 |
RESPOSTA 2:
Os restos atopados perten#blgtk08#cen aos séculos III - IV despois de Cristo. |
|
|
Comentario de Natán (18-02-2010 11:16) |
|
|
11 |
RESPOSTA 3:
Posiblemente a villa foi abandonada por mor dos normandos que arrasaban a costa cando chegaban a estes lugares. Despois o avance das dunas na praia fixo que as ruínas da villa quedaran afundidas por completo.
A partir de 1990 o Concello de Vigo recuper#blgtk08#a a titularidade da leira e coménzanse os traballos de reconstrucción.
En Vigo o proceso romanizador foi moi intenso. Evidencias asqueolóxicas mostran unha importante actividade portuaria e comercial dende o século II a C. ata o século I d.C., unha vez establecida a paz romana. |
|
|
Comentario de Carmen (18-02-2010 15:49) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|