O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

O GALEGO A DEBATE
O modelo lingüístico no ensino non universitario vixente na actualidade está rexido polo Decreto 124/2007, que será derrogado cando entre en vigor a nova normativa proposta pola actual Xunta de Galicia. Aquel fixaba o 50% de materias impartidas en galego e a mesma porcentaxe en castelá.



As bases para o novo decreto do galego que se quere aplicar no curso 2010-11 xa están publicadas, no documento aparecen dúas novidades:

A.-Os pais decidirán a lingua na que queren que estuden os seus fillos.

Na etapa de infantil (0-5 anos) os pais decidirán cal será a lingua vehicular nas aulas. Na etapa de educación infantil, o profesorado utilizará na aula a lingua predominante entre o alumnado . Ésta determinarase preguntándolle a cada familia pola lingua materna do seu fillo ou filla. Esta consulta farase anualmente e mediante unha pregunta que as familias contestarán durante o proceso de preinscrición.

Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato: as familias escollerán o idioma das materias na proporción dos terzos . No caso de Primaria, Matemáticas e Sociais non poderán ser as dúas impartidas no mesmo idioma (unha terá que ser obrigatoriamente en galego a e outra en castelán).

FP: Cada centro garantirá ?a igualdade de competencia nas dúas linguas oficiais?.

B.- Outra das novidades é a introdución do chamado trilingüismo na educación, impartindo un terzo das materias en castelán, outro en galego e outro en inglés.

O texto aínda ten que entrar nunha fase de consultas nas que se recolleran a opinión de distintos colectivos e asociacións, tamén do Consello da Cultura e da Real Academia Galega, pero polo momento está a producir inquietude no conxunto da poboación.

Máis información:

O galego real, ausente.
Agora non hai ningún problema nas aulas.
Galicia bilingüe.

En cantas linguas es capaz de expresarte?.
Cal delas utilizas habitualmente?
Que opinas sobre o novo decreto do galego?



Escribe o teu comentario (20) - Categoría: Actualidade - Publicado o 16-01-2010 15:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
20 Comentario(s)
1 En cantas linguas es capaz de expresarte?
Son capaz de expresarme en tres linguas diferentes. Galego, Castelán e Francés.
Cal delas utilizas habitualmente?
Castelán.
Que opinas sobre o novo decreto do galego? Que ten moitos fallos#blgtk08#, sobre todo no da educación trilingüe, porque o que non se pode pretender é que un alumno que non sabe falar en inglés fluidamente ou simplemente non sabe escribilo non poderá estudar por exemplo historia en inglés, sería aumenta-lo fracaso escolar.
Comentario de Carlos Asensio 2ºBach. B (19-01-2010 08:44)
2 Actualmente son capaz de expresarme en tres lingüas: galego, castelán e inglés.

Habitualmente falo en castelán.

Referente a nova normativa teño certas discrepancias. No que respecta o primeiro punto creo que xa dende os comezos da e#blgtk08#nsinanza debería falarse tanto galego coma castelán para crear un abito que sen dúbida creo que será beneficioso no futuro.
No caso do segundo punto non me pareceria do todo mal se esta norma comezase dende primaria e fose implantándose progresivamente.
Comentario de Marco Antonio Iñarrea Santomé (19-01-2010 08:50)
3 En cantas linguas es capaz de expresarte?. 3, castelán, galego e francés
Cal delas utilizas habitualmente? castelán e francés.
Que opinas sobre o novo decreto d#blgtk08#o galego? Eu penso que o novo decreto é un erro porque a xente que non sabe falar nin escribir o inglés non poderá estudar a maioría das asignaturas.Biquiños e grazas a todos
Comentario de sui&casti 4ever (19-01-2010 08:53)
4 Nos expresámonos en castelán porque e o que abunda na pobación,non e moi doado atopar pola calle un falante galego.O castel#blgtk08#án imponse ante o galego con moita forza,e fai que as xeracións xóvenes non o aprendan xa que non o escoitan por ningures.
Comentario de Maria y Paula (19-01-2010 08:53)
5 O novo decreto garante que os estudantes finalicemos nosa etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en inglés, pero non o garante co galego

Moitos informes sinalan que é dificil conseguir que boa parte dos estudantes, s#blgtk08#obre todo nas zonas urbanas, consigan falar de forma fluída en inglés. Aumentar a presenza da lingua inglesa mellorará as nosas opcións de atopar un bo posto de traballo aquí ou no estranxeiro pero pon en perigo a pervivencia da nosa cultura.
Comentario de David y Sergio (19-01-2010 08:53)
6 En cantas linguas es capaz de expresarte?.
1ªCastellano
2ªGalego
3ªInglés
4ªAlejän
5ªItaliano
6ªPortugues

Cal delas utilizas habitualmente?
A número 2
Que opinas sobre o novo decreto do galego?
Pensamos que é innecesario e os medios galegos non teñen esa infraestructura, a non ser por dous profesores coñecidos por nolos dous que comparten o mesmo nome "Lu*s" que se manexaban cun amplo abani#blgtk08#co de linguas con total fluidez e riqueza léxica, pero non todos os profesores estan tan sumamente coalificados como estes dous, e non todolos alumnos teñen a mesma capacidades ca nos.
Por iso e como conclusión de mutuo acordo entre o meu compañeiro e eu opinamos que este novo decreto esta aínda moi verde para sair a luz e non so se deberían dar clases nesos idiomas senon en cantos sexan posibles, xa que limita amplamente a nosa creatividade.

Comentario de Martín e Alejandro (19-01-2010 08:55)
7 En cantas linguas es capaz de expresarte?
Son capaz de expresarme en tres linguas,castelán,inglés e galego.
Cal delas utilizas habitualmente?
Normalmente o castelán, non por gusto nin nada parecido, so porque a xente me fala en castelán e eu contesto na lingua na que se dirixen cara a min, se me falan en castelán contesto en castelán, se e en galego en galego...non me gusta facer diferencias, tódalas linguas son iguais para no meu entendemento
Que opinas sobre o novo decre#blgtk08#to do galego?
O novo decreto e unha auténtica chapuza, feito de ideas soltas duns políticos que o único que buscan é quedar ben e cambiar o que o anterior goberno fixo, aínda que iso nos perxudique aínda máis. A eles dalles exactamente igual, xa que non teñen que a plicarse esa norma, eles non están estudiando, e os que a sufrimos somos os estudantes. Do único que se trata esta norma e de política, simple política. A idea non e realmente mala, pero...as cousas deben facerse ben ou non facerse
Comentario de Adrián Villar 2º Bach B (19-01-2010 08:58)
8 Que opinas do novo decreto?

Eu creo que o que se vai conseguir con ese novo decreto é que os alumnos perdan as súas competencias nun dos dous idiomas e que polo feito de estar escolarizado en Galicia un neno/a debe coñecer e impartir polo menos a metade #blgtk08#das asignaturas en galego.

Con respecto a impartir parte das asignaturas en inglés creo que aínda é demasiado pronto xa que non se pode pretender que alguén con un nivel básico deste idioma sexa capaz de sacar adiante unha asignatura impartida en inglés.
Comentario de Lucía (19-01-2010 09:01)
9 En cantas linguas sodes capaces de expresarvos?
En tres. Castelán, Galego e Inglés, ainda que esta última con serias dificultades.

Cal deles utilizades habitualmente?
O Castelán.

Que opinas do novo decreto?

Dende o noso punto de vista, este decreto non é unha boa idea, dado que como expresamos na primeira pregunta nos é complic#blgtk08#ado expresarnos en inglés e moito mais dar asignaturas completamente neste idioma.
Pensamos que este decreto podería ser acertado dentro de uns anos, se xa se empezara dende agora a formación dos profesores e dos rapaces de infantil.
Ainda asi este decreto está mal organizado porque xa está bastante mal agora a educación como para complicala mais con solucións absurdas.
Comentario de Laura y Andrea :) (19-01-2010 09:07)
10 O galego hai que mantelo porque este idioma é o que nos caracteriza e nos fai especiales dalgunha maneira e por iso mesmo non debe desapaecer nin #blgtk08#ser dominado polo castelán porque senon pasariamos a ser una simple comunidade máis, asique eu estou a favor da revelación contra o novo decreto.
Comentario de Saúl Cruz Pérez (19-01-2010 11:18)
11 A mi me da igual, que me da igual dar las clases en gallego que en castellanosalvo porque estoy un poco mas a favor del cas#blgtk08#tellasno por eso de que si despues te vas a estudiar fuera podria complicarte los estudios. En definitiva A MI ME DA IGUAL
Comentario de Franciso Riquelme Vazquez (19-01-2010 11:21)
12 Eu creo que é unha tontería o de que temos que aprender un trinta por cento en inglés, xa que nos coma estudantes deberíamos ter o dereito para elixir a lingua coa que queremos estudar. Tamén é certo que según #blgtk08#a miña opinión a maioría dos alumnos querrían falar en castelán nos temos o dereito de aprender a lingua que queiramos pero non poden obrigarnos a falar unha lingua e menos unha que non é oficial da nosa terra.
Comentario de Lorena González Paz (19-01-2010 11:24)
13 Eu creo que antes de aprender galego debemos correxir as diferenzas entre os galegos de diferentes lugares: como o galego dos pobos ou o galego castrapo que #blgtk08#se da na zona da provincia de Pontevedra tirando mais cara Vigo.
Porque hai moitas variantes dunha palabra e os estudantes poden darse a equivocación.
Comentario de Daniel Otero Gonzalez (19-01-2010 13:42)
14 Afortunadamente hoxe o galego xa está normativizado, Daniel, e costoulle moito tempo conseguilo. Hai diferenzas locais nos termos que empregamos porque as linguas son algo vivo.

O importante #blgtk08#para unha comunidade, no meu parecer, é que os seus membros coñezan e aprendan a lingua, o idioma, porque a través da fala cada persoa reflicte a súa personalidade e a cultura da comunidade á que pertence.
Comentario de Carmen (21-01-2010 16:01)
15 Personalmente, opinamos que o novo decreto é un erro; por que?

Hai que pensar que os profesores que nunca estudaron en inglés se verán na situación de ter que explicar as súas materias nun idioma que non coñecen.

E,sendo sinceros, a posibilidade de impartir tan poucas asinaturas en galego é un erro, xa que o máis seguro é que eses nenos falaran en galego só dentro das aulas. Porque no ámbito fóra#blgtk08# dos centros educativos, a nosa sociedade está inconscientemente obriada a falar en casteán, polo menos nas grandes cidades; non obstante, hai que considerar que, afortunadamente, aínda quedan lugares nos que se fala galego: Lugo, Santiago, etc. Pero cada vez son menos os adolescentes que o falan. E isto é un gran problema,pois os adolescentes son o futuro, e se o galego segue na súa constante perda rematará por desaparecer.
Comentario de Mario e Iris (22-01-2010 11:03)
16 Certamente, o principal obxectivo para manter unha lingua é conseguir que se transmita ás novas xeracións de falantes. Pero, a lingua ten que estar presente na nosa vida. Estudar, traballar, namo#blgtk08#rarse, comunicarse, crear, rir ou xogar son todas accións que evocan momentos e emocións que forman parte da vida de cada individuo e nas que a lingua galega pólo momento non está moi presente.
Comentario de Sonia (24-01-2010 00:10)
17 viva FRANCO y su idioma, EL CASTELLANO
#blgtk08#/> Y NO LA MIERDA ESA DEL GALLEGO
Comentario de ANONIMO (26-01-2010 13:16)
18 Actitudes intolerantes como a que reflicte o comentario anterior, son as que dificultan a convivenci#blgtk08#a e enfrontan ás persoas. Afortunadamente o castelán non é propiedade de ningún dirixente político.
Comentario de Xavier (26-01-2010 21:25)
19 Pois eu creo que cada un debería poder expr#blgtk08#esarse en la lengua que quiera, jopetas!.
Comentario de DESCONOCIDO ! (25-03-2010 12:45)
20 Considero á persoa que escribiu o comentario de " a merda esa do galego" de#blgtk08#be considerar o que di e meterse esa ofensa por donde lle resulte adecuado.
Comentario de Anónimo (25-03-2010 12:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0