O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Brancos, negros, amarelos, azuis?
A Antropoloxía clásica distribuía os seres humanos en razas. Estas eran o resultado dun proceso evolutivo sometido a leis de adaptación e selección específicas.


Razas ou étnias?
Ten algunha importancia a cor da pel?
Que é o etnocentrismo?
E o racismo?



No longo proceso evolutivo da especie humana, o medio converteuse nun factor determinante. Houbo grupos da nosa especie que pasaron por un desenvolvemento diferente como resultado de adaptacións específicas que non terían importancia se os grupos que as asumiron non permaneceran varias xeracións no mesmo ambiente. Así é como comezou a formación das razas.

A orixe desta diversidade remóntase hai 15000 anos aproximadamente, entón as poboacións humanas estaban repartidas polos continentes de forma homoxénea. A diferenciación racial foi o resultado da endogamia destas poboacións humanas restrinxidas nun único territorio. Os rasgos máis significativos que serviron para clasificar á humanidade en razas foron: a cor da pel, cor e textura do cabelo, pilosidade corporal, proporción das extremidades e o tronco, a forma da cara e a cabeza, os caracteres dermatipolóxicos, os grupos sanguíneos, a gustación relativa a certas sustancias, a ceguera para as cores e certos tipos de actividades. Así, Joseph Gabineau (s. XIX) propón a seguinte clasificación: branca, negra, amarela e australoide.

Dende 1960, a Antropoloxía moderna sustitue o termo raza polo de étnia ou poboación. Só existe unha raza: a raza humana. Apoiada en profundos estudos xenéticos conclúe que toda a humanidade descende só dunha muller: A Eva mitocondrial, muller africana que habería vivido fai uns 150.000 a 190.000 anos. As etnias son poboacións humanas cuxos membros identifícanse entre eles por ter unha ascendencia común e compartir, unhas prácticas culturais, de comportamento, lingüísticas e relixiosas comúns.


Suxíreche todo isto algún comentario?



(Artigo de Carmen Zalvide e Cintia Vázquez)

Escribe o teu comentario (9) - Categoría: Antropoloxía - Publicado o 09-01-2010 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
9 Comentario(s)
1 Bos días, hoxe para o esclarecemento do tema vou falar de dúas teorías o monocentrismo e o policentrismo:
Monocentrismo: afirma que só #blgtk08#hai unha liña evolutiva a partir do ?Homo sapiens?.
Policentrismo: afirma que hai unha liña evolutiva diferente para cada raza humana.
Comentario de dani (18-12-2009 00:08)
2 O concepto RAZA é sobre todo cultural pois , ainda que historicamente os antropologos ultilizacen este termo para diferenciar os diferentes pobos distribuídos pola x#blgtk08#eografia , a xenética moderna demostra que hai unha única especie biolóxica : o Homo Sapiens.
Así que la antropoloxia moderna sustituiu este termo polo : ETNIA
Comentario de Eloah (14-01-2010 11:09)
3 Según as ciencias siciais unha tribu sería unha poboación relativamente limitada cuxos membros remontaríanse a antepasados comúns, cun sistema de organización primitivo. Unha comunidade, unha etnia ou unha nación serían outra cousa a nivel social, #blgtk08#linguístico, cultural e político. O concepto de RAZA propiciado por algúns biólogos apoiase nos cambios morfolóxicos que presentan os individuos, pero estes son algo superficial; os antropólogos prefiren utilizar o concepto de ÉTNIA ou poboación.
Comentario de Sofía (14-01-2010 11:18)
4 Los científicos creen que los rasgos científicos externos corresponden solo el 0,01% de los genes.
Calibrar la inteligencia, las aptitudes o el carácter por el color de la piel es algo que para#blgtk08# amplios grupos de expertos se aleja de la realidad científica. Los investigadores que han completado la secuencia del genoma humano sostienen que el de raza es un concepto social pero no científico.
Comentario de Natán (15-01-2010 10:39)
5 A ciencia di que as razas non son diferentes nos xenes pero sen embargo a política non pensa o mesmo.
Nelson Mandela fundador e presidente do Congreso Nacional Africano foi un símbolo da loita antiapartheid.O apartheid é un sistema de seg#blgtk08#regación das poboacións non brancas instituído de forma oficial na República de Sudáfrica entre 1948 e 1991.Unhas revoltas marcaron o inicio dun movemento de desintegración do apartheid que rematou coas primeiras eleccións multirraciais do país.
Comentario de Laura (15-01-2010 11:05)
6 Os afáns clasificatorios dos naturalistas do século XVIII conduxeron ós conceptos de especie e de raza, que coa aplicación o xénero humano ten considerables consecuencias.
Se ben non existen fundamentos centíficos que permitan soster a superioridade ou inferioridade física ou intelectual dunha raza humana con respecto a outra, diversos acontecementos rexistrados na actualidade demostran que tal doutrina ou actitud política estaba adormacida, pero non olvidada ni, moito menos, superada.
#blgtk08#/> A paternidade histórica das ideas racistas atribúense o conde Joseph Arthur de Gobineau, que viviu entre 1816 e 1882, pero as fontes ``científicas´´ do racismo datan do século XVIII, cando as grandes transformacións culturais desembocaron nunha nova ciencia, a antropoloxía, produto do interés por estudar o home no marco da historia natural.
Neste século tiveron lugar os primeiros intentos de clasificar o ser humano según sus diferenzas físicas, seguindo o principio linneano de especie.
Comentario de Yatir Díaz Cruz (15-01-2010 11:19)
7 "I have a dream" é o título do famoso discurso pronunciado por Martin Luther King o 28 de Agosto de 1963. Nel,critica aspectos da sociedade en relación co trato ós cidadáns afroamericanos coma a inxustiza de non poder votar. Este discurso está considerado como a clave que expresa claramente os deseos de rematar coa constante distinción entre persoas de diferente cor.

Nel,King fala de tratados nos cales os requisitos que se firmaron non for#blgtk08#on cumpridos.Tamén fai alusións bíblicas coma "todos somos fillos de Deus".

Considero que a pesar de que digan outras persoas,aínda segue vixente esa discriminación.
Non obstante,podemos observar bastantes cambios na actualidade. Numerosas parellas adoptan actualmente nenos, procedentes de África e que agora mesmo están a convivir con nenos brancos. Polo tanto, pódese dicir que esa discriminación está, en certa medida, disminuíndo.
Comentario de Mario (15-01-2010 11:19)
8 A diferenza entre os término radica en que mentras o termo etnia comprende os factores culturais (nacionalidade, afiliacion tribal , relixiosa, fe, lingua ou tradicións )e biolóxicos dun grupo humano, a raza específicamente alude aos factores morfolóxicos distintivos de esos grupos humanos (cor da pel, contextura corporal, estatura, rasgos faciais, etc.) desarrollados no seu proceso de adaptación a determinado espacio xeográfico e ecosistema (clima, altitude, flora, fauna, etc.) e o longo de varias xeracións. Así, a palabra "raza" é só un concepto que agora mesmo está asociado ao da etnia.

Apartandome#blgtk08# un pouco do tema principal quero dicir que hoxe en dia , quizais, grazas as novas tecnoloxias (transporte,internet, telefonia mobil, etc) que fan que as persoas de todo o mundo esteamos máis unidos, conseguiu que en certa medida a discriminacion estea disminuindo, xa que agora a cor das persoas ou a sua relixion énchenos de cultura os uns aos outros.
Agora mesmo un dos mellores exemplos que podo dicir é que Africa polo momento de hoxe, non é un continente só de homes e mulleres de cor negra, e China no é un pais só de chineses. Á humanidade está avanzando cara un futuro mellor e a discriminacion disminuindo.
Comentario de Ágata (29-03-2010 18:44)
9 Esta claro que non ten importancia a cor da pel. A cor da pel cambia segundo onde as nacido. Discriminar a un "negro", por exemplo, é iloxico, cantas persoas en verán intentan coller o maximo de cor na pel? Por que exactamente discriminamos a xente de cor? Envidia?

Creo que por outra parte a discriminación hoxe en día non é tanta como a de tempos atras. Aínda que hai xente que o siga facendo, mais ben por medo a perder os seus traballos,#blgtk08# creo eu, a metade da xente os aceptan na sociedade. Creo que agora a xente esta mais unida.
Que diferencias hai entre os termos raza e etnias ? O termo etnia comprende os factores culturales, o termo raza empleouse históricamente na diferenciación dos seres humanos polas suas características físicas. Sen embargo, a partir dos años 1950 e 1960 o termo foi caendo en desuso có advenimiento da xenética humana e das novas correntes antropolóxicas.
Comentario de Tania (13-04-2010 20:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0