O clube das ideas  


Blog do DEPARTAMENTO de FILOSOFÍA do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Administrado por estudantes de 1º e 2º de Bacharelato.

O noso perfil
lladipa@gmail.com
  CATEGORÍAS
  SAÍDAS. ACONTECEMENTOS
 RECOMENDADOS
 ATOPAR
  ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha lei nova para un vello problema!

Escoita a Claudia, Lucía, Carlota
e Raquel




Fai poucos dias o Congreso dos Deputados aprobou con 183 votos o primer trámite parlamentario do novo proxecto da lei do aborto. Nas palabras da ministra Bibiana Aído este é un proxecto moi demandado na súa orixe, meditado na súa elaboración e equilibrado nos seus termos, alonxado de dogmatismos e imposicións morais.

O certo é que no ano 2007 realizaronse neste país 112.000 abortos , deles aredor de 6000 foron a mulleres menores de 18 anos e 500 a nenas que non chegaban ós 15 as cifras mostran que hai un grave problema.

A reforma da Lei do aborto, denominada agora Lei de Saúde Reproductiva e Interrupción Voluntaria do embarazo, xera na nosa sociedade unha gran polémica. Algúns sectores opinan que é axustada a dereito, que é acorde cas lexislacións europeas e que responde a carencias que ten a lei actual.

Varios grupos do parlamento mostraron o seu desacordo sobre todo no tocante á posibilidade de que rapazas menores de 16 anos poidan abortar sen consultar ós seus pais. A ministra de Igualdade deixou aberta a posibilidade de modificar con algunha enmienda ese aspecto, pero o Goberno califica de "irrenunciable" a potestade da menor a poñer fin o seu estado de xestación, sexa cal sexa a opinión dos seus pais.


Que está a pasar?

A que idade ocorre a madurez?

Ti que opinas?




Escribe o teu comentario (22) - Categoría: Actualidade - Publicado o 01-12-2009 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
22 Comentario(s)
1 O aborto é un tema que sempre trouxo polémica. É unha boa decisión din uns, é aliminar unha vida, responden outros. a miña resposta é: depende da situación.

Sé unha rapaza da túa ou da miña idade é violada,é xusto que teña que pasar polo sofremento de ter un bebé mentres está estudando e que ela non desexa ter? aí,, o emprego do aborto está xustificado.

Pero, poñamonos no caso que unha parella non ten os métodos anticoceptivos a man e deciden arriscarse; loxicamente o máis probable é que a muller quede embarazada. E que,na súa irresponsabilidade, deciden abo#blgtk08#rtar. Neste caso, non me parece normal que decidan abortar. O que non se pode facer é empregar o aborto coma un método anticonceptivo máis, despois de todo, estamos a falar dun ser vivo.

O aborto débese empregar dependendo da situación: está claro que cando se comete unha irresponsabilidade como a antes mencionada, non é ético empregalo.

Eu opino que a lei do aborto é necesaria e unha boa solución,pero unha das opcións que se poderían facer é,por exemplo,someter a situación a un proceso xudicial e decidir se no caso determinado o uso do aborto é xustificado.
Comentario de Mario (03-12-2009 10:51)
2 A FAVOR
Estou completamente dacordo de que as mozas coma nós de entre 16 e 17 anos podamos abortar sen llo dicir aos nosos pais, porque se pode dar o caso de que llelo digas e por as súas creanzas teñas que ter o bebé obligada.
Eu creo que para que n#blgtk08#on teñas que abortar o mello é usar a cabeza e pararte a pensar que debes que debes utilizar os métodos anticonceptivos.Pode haber a posibilidade de que teñas un percance con eses métodos.
No caso de que iso ocurrira aí si que deberías falar cos teus pais.
Comentario de Laura (03-12-2009 10:59)
3 A FAVOR
Estou de acordo co proxecto de lei, paraceme moi adecuado que deixen decidir as futuras nais se desexan ter o seu futuro fillo, xa que ningunha nai debe de estar obrigada a coidar dun fillo que non quere ter , xa que esta situación sería negativa para a#blgtk08#mbos. O que non me parece ben e que a poboación se despreocupe e tome o asunto do aborto coma un método anticonceptivo máis. Menos por este último punto, pareceme moi ben que deixen decidir as futuras nais de 16-17 anos se queren abortar sen o consentimento dos pais.
Comentario de Javi (03-12-2009 11:03)
4 A FAVOR
Eu opino que a estas idades unha moza ten a madurez suficiente para decidir o que quere facer co seu corpo. Aínda así, se eres suficientemente responsable como para manter relacións sexuais sen proteción, eu creo que tamén deberías selo para asumir as consecuencias dos teus actos.
Pero se todos fixesemos isto, esta lei non tería sentido. Polo tanto, eu creo que é bastante razoable.
Hai moitos pais que obrigarían á súa filla a malvivir co seu fillo con tan so dezaseis anos. Desta forma o neno tería unha mala educación, a nai e#blgtk08#staría frustrada e ambos terían unha existencia pouco máis que miserable.
En conclusión: a lei está ben así, aínda que lle doa a moita xente. Porqe un aborto non é un asasinato; igual que non o é desonectar a alguén dunha máquina que respira por el.
É probable que teñamos que cambiar a nosa mentalidade para aceptar esta nova lei, pero é que o mundo actual é moito máis agresivo e peligroso que antaño. o suficiente como para que mozas de dezaseis e dezasete anos queden embarazadas e soas no mundo.
O suficiente para que poidan abortar.
Comentario de Carmen Z. (03-12-2009 11:05)
5 Desde o principio, debemos saber e ter en conta que, por moi pequena que sexa estamos a falar dunha vida humana e a importancia que eso conleva. Eu estou dacordo en que traer unha vida o mundo, a quen non vas poder manter, é moi duro e tes que ter moitas cousas claras. Penso que os adolescentes xogan con cousas que non deberían e despoís veñen as consecue#blgtk08#ncias. Esta lei está ben pensada, pero mal esposta.
Sei que é necesario que algunhas persoas aborten pero tamén é verdade que alguén que queda embarazada "sen querer", non creo que poida tomar a decisión correcta.
A miña opinión é que sí está ben pensado, pero mal feito. Os pais teñen que axudar a alguén que está claro, que necesita axuda.
Comentario de Jaime Cabral Barcía 4º ESO (03-12-2009 11:09)
6 Xaime, grazas polo teu comen#blgtk08#tario, paréceme moi sensato.
Comentario de Carmen (03-12-2009 11:13)
7 A FAVOR
Para min a lei do aborto é xusta e acertada, pois se eu quedase embarazada por algún erro non me gustaría abortar nun garaxe. Tamén estou de acordo con que non se obrigue a consultar aos pais e que a decisión sexa completamente da moza, pois así como hai pais compresivos tamén hai outros que non o son. Así cando os pais de moza a apoien ela llelo contará, e cando non o sexan poderá abortar con liberdade.
Ademais sería inxusto obrigar a unha persoa a ter un bebé que non quere e que complicaría e cambiaría radicalmente a súa vida, porque ninguén sabe as circunstancias doutras persoas e deixarlle a decisión a un xuíz sería igual de inxusto, pois a moz#blgtk08#á é unha persoa con dereito a gobernar a súa vida como mellor lle pareza, e inclúe a do seu fillo mentres é un feto, pois aínda non é un ser humano senón un conxunto de células.
En canto ás mozas que usarían o aborto como método anticonceptivo, non o farían máis de unha ou dúas veces pois o aborto deixa unhas marcas psíquicas e psicolóxicas moi profundas en tódalas mulleres, por moi irresponsables que sexan.
Ademais esta situación dáse con lei ou sen ela, pero a diferenza é máis xustiza para ás que lles fallan os métodos anticonceptivos , e coidados axeitados nunha clínica para todas, mellor que abortar en calqueira outro lugar e morrer por unha infección.
Comentario de Cintia (03-12-2009 11:16)
8 DEPENDE
O aborto é unha decisión complexa e con moitos factores que ter en conta: morais ,culturais , relixiosos ,sociais , etc...Pero a única opinión que en realidade importa e tamén a única que non pode ser consultada é a do feto.
Na súa falta de conciencia a quen se lle ortogaria esa decisión? ás nais, ós xuices ou és pais?.
Posto que a nai é#blgtk08# a principal responsábel e afectada, nun principio correspóndelle a decisión a ela. Pero unha moza de 16 ou 17 anos non está(con algunhas exepcións)suficientemente madura para decidir sobre algo tan grande como a vida e a morte.
Así que dende o meu punto de vista é unha lei moi permisiva, que se podería resolver coa concienzación de TÓDOLOS rapazes e rapazas
Comentario de Eloah (03-12-2009 11:19)
9 Segundo a última votación, a nova resposta para reformala ley do aborto, seguirá adiante. Aínda que na noticia falan desta proposta, en realidade, en realidade ese escrito só serve de munición política. Nela falan de quen votou que sí, e quen que non. Desta forma a proposta queda esposta ante un grupo de xente que manda menos do que lle gustaría e máis do conveniente. O final a nós, os adolescentes de 16 e 17 anos, e nós e os nosos pais non temos opinión trascendente.#blgtk08# Non ten importancia o que pensemos. Importa o que pensen unha serie de persoas que non precisan desta lei, porque cando lles ocorra a s súas fillas, poden ir " de vacacións" a Inglaterra e arranxar alí antes de que se saiba nada.

Na miña opininión, esta proposta dará moito que falar, pero non por ela mesma, senon porque institucións influentes, tanto a favor coma encontra comezarán as folgas e manifestación, perdendo así o trasfondo e mantendo o ruído.
Comentario de Iris (03-12-2009 11:20)
10 A FAVOR
Son un mozo de 16 anos, case 17 e non é a primeira vez que me planteo a idea: ``que pasa se miña parella quedase embarazada´´. Como eu milleiros de persoas pensaran o mesmo que coa nova lei proposta, non me sinto tan agoniado.
Unha parella de estas idades, ter un fill#blgtk08#o sería unha responsabilidade que todavía non temos, a moza a igual que o mozo terían que coidar do neno o nena e os seus estudos veríanse afectados.
Eu non penso que o aborto sea un metodo anticonceptivo máis pero si unha apertura ás novas tecnolóxias e modos de vida do século XXI.
Comentario de Yatir Díaz Cruz (03-12-2009 12:54)
11 EN CONTRA
Esta reforma da lei está inspirada nuns postulados ideológicos de feministas moi radicais, e ten como obxectivo inculcar a idea de que abortar é un tema de saude, alleo á vida do fillo.
Se moitas das mulle#blgtk08#res que se someten a un aborto teñen que recibir un adecuado soporte psicolóxico para superar o impacto do suceso será porque algo na conciencia humana ou na súa sensibilidade queda afectado. Por favor, menos frivolidade!
Comentario de Manuel (03-12-2009 17:34)
12 A FAVOR
O proxeto de lei do aborto, digo eu que as embarazadas teñen o seu propio dereito a decidir se queren ou non ter ao seu fillo. Supostamente, dise que un feto empeza a ter vida cando o seu corazón empeza a latir, iso é mais ou menos ás 13 semanas de ser concebido; antes dese límite de tempo o feto non ten vida, é dicir, que desfacerse del non é matar a un ser vivo.
Aparte se unha rapaza de 17 queda embarazada e é o suficientemente madura para facerse cargo do neno, e di que quere telo, imaxinemos que da a casualidde de os pais desta rapaza pensan que o n#blgtk08#eno vaille a desfacela vida e deciden por ela non telo, a rapaza podería entrar nunha grande depresión; ou ao contrario, imaxinemos outra vez, que ela non quere telo pero os seus pais son moi relixiosos, os pais decidiran ter ao neno aínda que lle desfagan a vida á súa filla; a min paréceme ben que a rapaza poda ser aconsellada polos seus pais pero paréceme mal que estes decidan por ela, non son eles os pais do neno senón é a rapaza a nai, do neno.
Pode er que moita xente non esté de acordo comigo, pero esta é amiña decisión e hai que respetala como todas as demais.
Comentario de Dani (04-12-2009 10:54)
13 Eu creo que se unha adolescemte quere abortar que o faga, sempre e cando os seus pais o saiban estando, ou non de acordo, e a situación sexa apropiada, como por exemplo unha violación ou incoscien#blgtk08#temente, porque se quedou embarazada sendo consciente de que o facía sen protección e coñecendo as consecuencias, eu opino que non debería abortar porque sempre soubo o que podía ocorrer.
Comentario de Sofía (04-12-2009 10:55)
14 A nova lei que se está a debatir é nomeada LEI DE SAUDE SEXUAL E REPRODUCTIVA E IVE (interrupción voluntaria do embarazo).

Este título está dado porque nos últimos anos aumentou o número de e#blgtk08#mbarazos non deseados e de transmisión de enfermidades sexuais. O que esta nova lei pretende é diminuir os riscos e os embarazos non deseados, así como aumentar a autonomía e o reconocimiento das mulleres.
Comentario de Carmen Z (10-12-2009 11:19)
15 EN CONTRA
Bueno, a miña opinión sobre o tema do aborto é que non estou de acordo. Eu personalmente creo en certos valores,e é asasinar a unha criatura humana, aínda que moitos digan que non o é ata que nace, vai en contra do que eu creo. Claramente non estou de ac#blgtk08#ordo coa lei que queren sacar. Para min o único caso no que se pode abortar, porque no queda outra saída posible, é cando corre perigo tanto a vida da nai coma a do neno. Neste caso débese salvar á nai, xa que é a que máis posibilidades ten de vivir e volver a procrear.
Comentario de Natán (10-12-2009 17:29)
16 Algún consideran o aborto un método ilexítimo e compáranlo ca euxenesia.
Eu quero facer aqui unha diferenciación entre estas duas cousas:
O terceiro suposto da lei do aborto di que pode#blgtk08#se abortar se o feto sofre graves problemas físicos ou psicoloxícos, en cambio a euxenesia consiste na aplicación das leis biolóxicas da herdanza ao perfeccionamiento das especies vexetais e animais.
Comentario de Anonimo (11-12-2009 10:48)
17 De onde recollen os rapaces e rapazas a información sexual? Dependendo de a quen se lle pregunte, a resposta será diferente.
Os políticos pensan que son eles, que tentando mellorar o país, aportan todo tipo de información as novas xeracións. Credes, de verdade, que as clases de educación sexual serven para algo? Pois non. Non serve de nada ... soltala charla, facer uns exercicios e dálo traballo por feito. O que precisamos é unhas clases máis continuas; para poder coller confianza e atrevernos a preguntar.

Preguntádenos a nós! O má#blgtk08#is interesante para nós, son os perigos e as consecuencias, que conleva a práctica do sexo; coma os embarazos ou as enfermidadaes venéreas. Así que, por que non se fan seminarios con certa periodicidade? Permanecerían abertos todolos días, e deixarían de estar "de moda".
Non sei que pensaredes vós, pero para mín, que ata que non se pense realmente nos rapaces e rapazas, isto seguirá a pasar; aínda que se aproben cincuenta leis novas. A solución ao problema non é permitila vía facil, senón informar; aínda que de momento, non se poida facer máis.
Comentario de Iris (11-12-2009 11:11)
18 A HISTORIA DO ABORTO EN ESPAÑA

O aborto foi un tema que sempre estubo presente en España. O noso país quedouse o marxe dos cambios doutros paises no século XX, como mostrao os Codigos Penais (de 1928 e 1930) que condeaban o aborto con duras peas.
Pero no noso oscuro paronama histórico existiron, sin embargo, intentos de cambio: Cataluña durante 1936 promulgou a ``lei de Reforma Eugenésica do Aborto´´ recoñecendo o dereito exclusivo da muller a decidir. Paralelamente esa reforma condeaba duramente as persoas que privadamente realizaran maniobras abortistas.
O reximee f#blgtk08#ranquista, despois da Gerra Civil suprimiu calquer esperanza liberalizadora e no 1941 modificou o Código Penal aumentando a dureza.
Ata 1978, seguiron vixentes dous artigos que prohibían a anticoncepción e a realización de abortos. Naquel momento despenalizaronse os anticonceptivos.
As mulleres durante anos, e ainda agora, buscaron fora de España a forma de terminar un embarazo no desexado. Os países destinatarios son sobre todo Inglaterra, Holanda e Francia, e en menor proporción Portugal e Marrocos. En total temos 33.000 mulleres que todolos anos viaxan fora de España para abortar.
Comentario de Yatir Díaz Cruz (11-12-2009 11:15)
19 Quenes son os que están a favor?
O PSOE está comprometido coa a cidadanía,defende os avances en dereitos cidadáns.O Goberno ten a obrigación de lexislar para o conxunto dos cidadáns e cidadás e garantizar o exercicio dos dereitos esenciais.O #blgtk08#fai por xustiza e non por ideoloxía.
Quenes son os que están en contra?
O PP a pesar das suas protestas actuales de considerar anticonstitucional a lexislación anterior,non fixo nada por derogarla nos seus oito anos no Goberno.
Comentario de Laura (17-12-2009 10:44)
20 Los feministas defienden el aborto porque es una opinión que debe tomar la propia mujer, porque es mejor abortar que dejar tirado al niño en un contenedor de basura o en un portal como el último que encontraron. Pero los machitas no apoyan el aborto porque para ellos la mujer tiene #blgtk08#que tener hijos y es ama de casa. Para los que no apoyan ni a los feministas ni a los machistas yo creo que les da igual pero no puedes obligar a alguien a tener un hijo que no quiere tener. Pero el aborto no se puede tomar como método anticonceptivo para eso existen otros metodos.
Comentario de carlota (03-01-2010 16:02)
21 Existen moitas opinións sobre o aborto, unhas a favor, outras en contra mais, iso, é cousa de cada un. Uns, por unha parte, pensan que os pais non se deberían meter no que os seus fillos fan ao res#blgtk08#pecto deste tema, mais tampouco queren que tomen unha decisión eles sós, xa que se poderían arrepentir.
Outros ao contrario, ven necesario aconsellalos e dicirlles o que han facer.
Comentario de Diego 1ºBach (11-01-2010 16:33)
22 vou esnaquizar a todo aquel#blgtk08# que se me opoña entendido?
Comentario de Luís (12-01-2010 15:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
E-mail: (Non aparecerá publicado)
URL:: Debe comezar por http://
Comentario:
© by Abertal
Licencia Creative Commons


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0